Un peixe chamado Wanda

filme de 1988 dirixido por John Cleese e Charles Crichton

Un peixe chamado Wanda (en inglés: A Fish Called Wanda) é un filme de comedia e atracos de 1988 dirixido por Charles Crichton e escrito por John Cleese. Os protagonistas son Jamie Lee Curtis, Kevin Kline e Michael Palin como unha banda de ladróns de diamantes que se traizoan uns aos outros para atopar os diamantes agachados polo xefe da banda. Un avogado (Cleese) convértese na figura central cando a femme fatale Wanda (Curtis) o emprega para localizar o botín. Foi o último filme de Crichton.

Un peixe chamado Wanda
Ficha técnica
Título orixinalA Fish Called Wanda
DirectorCharles Crichton
ProdutorMichael Shamberg
GuiónJohn Cleese
Charles Crichton
IntérpretesJohn Cleese
Jamie Lee Curtis
Kevin Kline
Michael Palin
MúsicaJohn Du Prez
FotografíaAlan Hume
MontaxeJohn Jympson
EstudioMetro-Goldwyn-Mayer
Prominent Features
DistribuidoraMetro-Goldwyn-Mayer
United International Pictures
Estrea15 de xullo de 1988 (Estados Unidos)
14 de outubro de 1988 (Reino Unido)
Duración108 minutos[1]
OrixeReino Unido Reino Unido
Estados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento8 millóns de dólares[2]
Recadación62,5 millóns de dólares[3]
Na rede
IMDB: tt0095159 Filmaffinity: 874990 Allocine: 4413 Rottentomatoes: m/a_fish_called_wanda Mojo: fishcalledwanda Allmovie: v17540 TCM: 18086 Metacritic: movie/a-fish-called-wanda TV.com: movies/a-fish-called-wanda Netlix: 506538Editar o valor em Wikidata

A coprodución británico-estadounidense foi estreada con boas críticas e foi candidata a tres premios Óscar, incluído o de mellor dirección. Ademais, Kline gañou o Óscar ao mellor actor secundario. Cleese e Palin gañaron os premios da BAFTA ao mellor actor e mellor actor secundario, e Curtis foi tamén candidata.[4] O British Film Institute nomeou o filme como o 39.º mellor filme británico do século XX.[5]

Foi estreado en galego pola Televisión de Galicia o 4 de decembro de 2000.[6]

Argumento editar

O gánster George Thomason e a súa man dereita, Ken Pile, tatexo e amante dos animais, planean roubar unha xoiaría. Para iso levan a Londres a dous estadounidenses, a estafadora Wanda Gershwitz e o experto en armas Otto West, estúpido e malvado anglófobo. Wanda e Otto son amantes, mais ocultan isto a George e Ken, facéndose pasar por irmáns para que Wanda poida empregar os seus encantos neles. O roubo ten éxito e a banda escapa cunha gran cantidade en diamantes. Esconden o botín nun vello almacén, mais ao pouco, Wanda e Otto traizoan a George e este é arrestado. Volven ao almacén e Wanda pensa en traizoar tamén a Otto, mais descobren que George sacou os diamantes.

Personaxes editar

Secuela editar

O elenco principal reuniuse en 1997 para Fierce Creatures (considerada por Kline unha "igual", máis que unha secuela ou precuela) interpretando papeis diferentese. Porén, Fierce Creatures non foi tan ben recibida polo público nin pola crítica como Un peixe chamado Wanda.[7]

Notas editar

  1. "A FISH Called Wanda (15)". British Board of Film Classification. 15 de xuño de 1988. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2020. Consultado o 2 de novembro de 2016. 
  2. "'A Fish Called Wanda' turns 30: an oral history of a comedy classic". SBS. 2 de abril de 2018. Consultado o 2 de febreiro de 2019. 
  3. "A Fish Called Wanda (1988)". Box Office Mojo. 
  4. McCall, Douglas. "Monty Python: A Chronology, 1969-2012, 2d ed." Google Books. 21 de xullo de 2014.
  5. British Film Institute - Top 100 British Films (1999). Consultado o 27 de agosto de 2016
  6. Programación de televisión
  7. "Fierce Creatures". Rotten Tomatoes. Consultado o 21 de xullo de 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar