Un cuarto de seu é un amplo ensaio da escritora Virginia Woolf, publicado o 24 de outubro de 1929 co título orixinal en inglés de A Room of One's Own. O ensaio baséase nunha serie de conferencias que a autora impartiría no Newnham College e no Girton College, dúas escolas para mulleres da Universidade de Cambridge no outubro de 1928.

Un cuarto de seu
Título orixinalA Room of One's Own
Autor/aVirginia Woolf
OrixeInglaterra
LinguaInglés
Xénero(s)Ensaio
Editorial
Galicia Sotelo Blanco Edicións
Data de pub. 24 de outubro de 1929
Galicia 2005
TraduciónIria Sobrino
editar datos en Wikidata ]

Sinopse editar

O ensaio analiza se as mulleres son capaces de realizar unha obra de calidade como a de William Shakespeare, entre outros temas. Nunha parte da mesma, Woolf inventarase un personaxe ficticio, Judith, "irmá de Shakespeare", para así demostrar que unha muller coa mesma capacidade e talento que Shakespeare non tería as mesmas oportunidades que el para desenvolvelo, pois se lle pechaban moitas portas ás mulleres. Woolf tamén analiza as carreiras dalgunhas escritoras femininas, como Aphra Behn, Jane Austen, as irmás Charlotte, Emily e Anne Brontë, e George Eliot. A autora fai unha referencia moi sutil aos intelectuais máis prestixiosos da época.

Como dicía Virginia Woolf, "unha muller ha de ter cartos e un cuarto de seu se quere escribir ficción". Desta afirmación provén o título da obra. Tamén fala da necesidade de todo autor para ter licenza poética e a liberdade persoal para crear arte.

Adaptacións editar

Foi traducido ao galego por Iria Sobrino, publicado en 2005 por Sotelo Blanco Edicións e o Servizo Galego de Igualdade, con prólogo de Manuela Palacios.