Ugia Pedreira

cantante e compositora galega

Maria Eugénia Pedreira Sanches, máis coñecida como Ugia Pedreira e A Pedreira,[1] nada en Vilaronte, Foz, o 10 de febreiro de 1970[2][3] é unha cantante galega. O seu repertorio abarca folk, ska, música electrónica, música latina e boleros.

Ugia Pedreira
Nacemento10 de febreiro de 1970
Lugar de nacementoVilaronte
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritora e compositora
Na rede
Facebook: barruzo Instagram: a_pedreira_ugia Youtube: UCDPRbjYgEb-M-b7df0UwTzw Spotify: 5pI0q1q2mg7DUPFPAKbNYk Musicbrainz: f17ab9a9-3e08-4201-8882-9002a6fe5308 Discogs: 2536404 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

 
Na sala Nasa en 2007

Naceu no Hospital da Milagrosa (Lugo) e criouse en Vilaronte (Foz) ata os 18 anos en que marchou a Santiago a estudar Psicoloxía na Universidade de Santiago de Compostela.

Recibiu clases de canto con Ramón Bermejo, de pandeireta con Felisa Segade, achegouse á danza contemporánea da man de Mercé de Rande, e ao teatro con Cristina Domínguez e Alfredo Rodriguez.[4] Impartiu aulas de pandeireta, canto tradicional e pedagoxía musical.[5]

Comezou sendo coñecida na música galega polos tres discos editados co seu grupo de folk, Chouteira (voz solista desde 1993) co que conseguiu varios premios,[5] e polas súas constantes colaboracións e heteroxéneas creacións.

Desde os anos 90 tivo presenza constante na música rock galega da man de tres grandes bandas: Xenreira, Nen@s da Revolta, a Matraca Perversa, e despois volveu aparecer co novo proxecto de Marcos Payno, Galegoz.[6]

Creou no ano 2000 o Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín (CMTF) e, desde aquela dirixiu este centro referencia do folk en Galiza xunto á asociación paralela do CMTF que realizou encontros internacionais entre creadores, intercambios, intensivos, e monográficos. Tamén deseñou innovadores proxectos curriculares de centro e aula para a música feita en Galiza, escritos pedagóxicos e filosóficos en relación co ensino para nenos e adultos. No ano 2008, o CMTF de Lalín transformouse en aCentral Folque, no Centro Galego de Música Popular e instaláronse en Santiago de Compostela. Posteriormente, aCentral Folque tanto como asociación e empresa chegou a estar formada por 22 traballadores da cultura musical galega.[7] Neste centro naceron proxectos como Nordestinas, Marful, Ecléctica Ensemble e despois un dúo musical con Óscar Fernández (os Cempés, Bonovo). Traballos: zanfona electroacústica e voz, romances tradicionais e composicións actuais.

No verán de 2010 saíu a súa primeira obra asinada en solitario: un libro-cd de poemas e cancións Noente Paradise (Através Editora, 2010).

En 2014 deixou temporalmente os escenarios.[8]

O tema Tris tras, composto en 2000 e gravado en 2006 por Ugia Pedreira con Marful, foi elixido pola cantante Sabela para interpretar no concurso Operación triunfo de TVE en 2018.

No 2019 publicou con Pierrot Rougier o libro-disco, en A comuna do barruzo. O traballo con textos en galego de Asturias, foi editado por aCentral Folque.[9]

En abril de 2022 publicou o seu primeiro disco en solitario: Segmento Cantábrico. Un traballo que trata de sinalar a relación histórica entre os pobos e tribos da beira do mar Cantábrico.[10]

Proxectos editar

  • Creou un programa na Radio Galega chamado Tres peixes voando sobre música de autor de todo o mundo en calquera xénero, xunto con Xabier Díaz e Guillermo Fernández (de Berrogüetto). Eles tres tocaron en xuño do 2007 por vez primeira no Gran Teatro da Habana na Sala Lecuona e presentaron a música galega aos medios de comunicación da illa como parte do Departamento de Internacionalización da Música que tiña o goberno bipartito. Abandonou o programa e a sección musical chamada "Folla de Ruta" na Radio galega no 2009 ao mesmo tempo que Xurxo Souto.
  • O Musical Dillei co actor Carlos Blanco e a agrupación Ecléctica Ensemble.[11][12]
  • Colaborou con Eliseo Parra.[cando?]
  • Autora dos coros do espectáculo de Antón Reixa Galicia Babie, colaborando con xente como Fermin Muguruza, Julián Hernández, Mercedes Peón, Amparanoia, Rui Reirinho ou Karen Matheson (cantante de Capercaille).[13] Acadou ese papel mercede a Kaki Arkarazo, director da banda Suevia que musicaba o espectáculo.
  • Fixo a versión de Gracias a la vida de Violeta Parra para o grupo de ska italiano Banda Bassotti, colaborando na presentación deste disco en Roma.[14]
  • Participou no espectáculo feminino galego Son delas con Mercedes Peón, Uxía Senlle e Rosa Cedrón.
  • Participou no segundo disco de Susana Seivane e no de Os Cempés Circo Montecuruto.
  • Compuxo a música para a exposición Narracións do escultor galego Caxigueiro.
  • Compxo a música para a curtametraxe de Alex Sampayo Bobo Furcia.
  • En 1995 fixo a canción orixinal e espazo sonoro para a primeira obra de danza contemporánea galega Laradas da Compañía Doble Xiro.
  • Compuxo o espazo sonoro das obras teatrais o Canto do Dime-dime, O Tío Vania da Compañía Factoría Teatro (coa que foi nomeada para o Premio María Casares á mellor música orixinal no 2006).
  • Creou a música para a exposición Xógaras do xoieiro lugués Miguel Caamaño.
  • Con Marcos Paino ten construído cancións para Galegoz e a Matraca Perversa.
  • Xunto a P. Pascual compuxo a música para a obra Os homes só contan até tres de Antón Lopo, Premio Álvaro Cunqueiro de teatro, e nomeada para o María Casares.
  • Cristina Domínguez (que foi directora do Centro Dramático Galego) ten dirixido actoralmente a Ugia no musical O Señor BOm-bom coa música do seu proxecto máis persoal: Marful.
  • En abril de 2005 estreou a música do trío Nordestin@s, sobre cancións mariñeiras do Norte da Galiza con Guadi Galego (Berrogüetto) e o pianista de jazz Abe Rábade e as súas propias composicións. Este disco recibiu o 1º premio La Opinión de música folk galega no 2007, sendo gravado en directo no Teatro Principal de Compostela en setembro do 2006.
  • En 2005 coordinou o espectáculo colectivo Ao pé da letra (producido por Nordesia), composto por sete grupos da vangarda musical galega (entre eles o seu, Marful) que teñen como eixo central a palabra chea de contidos, un escaparate dos artistas actuais que abandeiran a canción galega de máxima actualidade apoiado en escena por Jorge Drexler na actuación de Vigo.
  • No Nadal do 2006 compartiu escenario no Pazo da Cultura de Pontevedra na produción Cantos da Maré sobre linguas lusófonas cantando con Dulce Pontes, Uxía, Amelia Muge e Eneida Marcos.
  • O 16 de xuño do 2006 presentou o seu primeiro disco con Marful (grupo do que é voz e fundadora) no ciclo Sons da Diversidade de Compostela diante de 1000 persoas. Marful (nome do seu avó emigrado a Cuba) converteuse nun dos discos de culto da música galega, e cunha discográfica pequena e independente venderon nun ano 5000 copias. O selo é Producciones Efímeras do músico Germán Díaz, co que Marful comparte grande amizade persoal e musical. O disco de Marful foi considerado por votación popular o mellor Disco do Ano 2006 segundo a Radio Galega. Marful tocou en tódolos teatros importantes e festivais de world music galego con boa acollida por parte do público e da crítica.
  • En setembro de 2007 comezou a compor o espazo sonoro para a obra Regreso ó deserto de Koltès co Centro Dramático Galego.
  • En outubro do 2007 representou a Galiza no Festival Womex en Sevilla.
  • No ano 2007 saíu o disco de Ecléctica Ensemble (Dillei) onde cantou e compuxo xunto con Nacho Muñoz (produtor de Mercedes Peón, algún disco de Xosé Manuel Budiño, compositor da Ópera Off) e Ramom Piñeiro (director de Ouvirmos S.L.) e o técnico de son Xurxo Piñeiro (técnico da Sala Nasa de Compostela).
  • Tamén gravou un disco vinilo de música electrónica e tradicional con Nacho Muñoz que tivo inumerábeis descargas durante un ano na China.
  • Editou un disco co brasileirro Fred Martins de cancións galegas e brasileiras compostas polos dous e presentado en S. Paulo e en varias cidades europeas.
  • Compartiu un proxecto de recital poetico-musical con Marina Oural Villapol. Con ela abriu a Oficina Galega doutros Asuntos do Movimento para traballar sobre arte e saude tamén desde a diversidade funcional e artística. Elas deseñaron a programación da MariñaMov en Ribadeo anuando Feldendrais (ABM), improvisación, diversidade artística e funcional.[15]
  • En outubro do 2015 xunto a Pierrot Rougier iniciaron O Coro da Mariña con 40 pesoas da comarca dedicado fundamentalmente a cantos do mar do mundo e en febreiro do 2016 comezou a dar as súas primeiras aulas de improvisación arredor da pandeireta na antiga escola indiana de Rinlo onde tamén ensaiou o coro.[16]
  • En 2018 impulsou o libro-disco A Comuna del Barruzo, primeiro cantado na Fala,en galego-asturiano, que reivindica a cultura do Eo-Navia. Para iso, ela e o seu compañeiro bretón Pierrot Rougier compuxeron dez cancións, algunhas con letras de poetas do lugar como Héctor Acebo, Quique Roxíos, Belén Rico e Arturo Álvarez.[17]
  • De 2018 é tamén o proxecto Enredadas. Coplas e alalás: "o jazz flamenco de Martirio, a voz atlántica de Uxía, a forza aragonesa de Carmen París e a orixinalidade poética de Ugia Pedreira reúnense para celebraren a madurez artística de catro mulleres que reinventaron e revolucionaron estes xéneros".[18]

Obra literaria editar

Poesía editar

Obras colectivas editar

Premios editar

Notas editar

  1. "Ugia Pedreira, artista mariñá: «Impliquei o meu mapa emocional na creación de 'Segmento Cantábrico'»". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-03-22. Consultado o 2023-08-14. 
  2. ""Dejo los escenarios, pero no puedo salir de la música porque la llevo dentro"". Faro de Vigo (en castelán). 2014-08-15. Consultado o 2023-08-06. 
  3. "Ugía Pedreira". cultura.deputacionlugo.gal. Consultado o 2023-08-06. 
  4. "Aula Maxistral con Ugia Pedreira". Folque. 2016-06-07. Consultado o 2019-02-24. 
  5. 5,0 5,1 "Conservatorio de músic atradicional e folque de Lalín. Ugia Pedreira". folque.com. Consultado o 2019-02-24. 
  6. "Conhece o teu mundo" (PDF). agal-gz.org. Consultado o 24/02/2019. 
  7. "somos". Folque. 2014-02-19. Consultado o 2019-02-24. 
  8. Santos, Ágatha de. ""Dejo los escenarios, pero no puedo salir de la música porque la llevo dentro"". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2019-02-24. 
  9. "'A comuna do barruzo', libro-disco de Ugia Pedreira". www.crtvg.es. Consultado o 2022-04-12. 
  10. "A Pedreira - Segmento Cantábrico (2022)". culturagalega.gal. Consultado o 2022-04-12. 
  11. "Ugia Pedreira". www.cancioneros.com (en castelán). Consultado o 24/02/2019. 
  12. "Biografía de Ecléctica Ensemble - La Fonoteca". lafonoteca.net (en castelán). Consultado o 2019-02-24. 
  13. "Lugares de Cultura". www.inscripcionweb.net. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-02-24. 
  14. "LULA: UGIA PEDREIRA". LULA. 2009-04-28. Consultado o 2019-02-24. 
  15. Lourido, Vanesa Gómez (2019-01-04). "Un novidoso obradoiro afondará na creatividade escénica en Vegadeo". Xornal da Mariña. Consultado o 2019-02-24. 
  16. "Queres cantar no coro da Mariña?". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-09-23. Consultado o 2019-02-24. 
  17. Redacción (2018-11-29). "O libro-disco 'A Comuna del Barruzo', primeiro en galego-asturiano, reivindica a cultura do Eo-Navia". Xornal da Mariña. Consultado o 2019-02-24. 
  18. "Martirio, Uxía, Carmen París y Ugia Pedreira se unen en «Enredadas»". cancioneros.com (en castelán). Consultado o 2019-02-24. 
  19. "Noente Paradise". Através Editora área editorial da AGAL. Consultado o 2019-02-24. 
  20. Nicolás, Ramón (2012-02-14). "A cidade na poesía galega do século XXI, edición de Gonzalo Vázquez". Caderno da crítica. Consultado o 2019-02-24. 
  21. "Manuel Rivas, Ugía Pedreira, Chévere ou a Cova Eirós entre os galardóns da crítica da Galiza". Nós Diario. 2022-11-19. Consultado o 2022-11-19. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar