Ueno Chizuko (上野 千鶴子), nada en Kanazawa (Ishikawa) o 12 de xullo de 1948, é unha socióloga, profesora e feminista xaponesa.[1][2][3]

Infotaula de personaUeno Chizuko

(2014) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ja) 上野 千鶴子 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de xullo de 1948 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Kamiichi (Xapón) Editar o valor em Wikidata
Profesora
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeXapón Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Toquio
Q11586016 Traducir
Universidade de Quioto
University of Toyama Faculty of Human Development Attached Junior High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEstudos de xénero e Feminismo marxista Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónsocióloga , feminista , profesora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Toquio
Heian Jogakuin University (en) Traducir
Universidade Seika (pt) Traducir
Universidade Ritsumeikan Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua xaponesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeDaikichi Irokawa (en) Traducir (2021–2021), death of a close person (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Twitter: ueno_wan Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Ueno foi criada nun ambiente cristián, algo infrecuente no Xapón, xa que só o 1% da poboación xaponesa é cristiá. O seu pai, "un completo sexista" segundo declarou nunha entrevista con The Japan Times, tiña expectativas baixas para Ueno, e grazas a iso deulle "permiso" para "facer o que quixese". Ela decidiu estudar socioloxía na Universidade de Kioto, onde participou nas protestas estudantís de 1960 da Federación Xaponesa de Asociacións Estudantís (Zengakuren).[4]

De 1979 a 1989 foi profesora asociada na Universidade Heian Jogakuin, de 1989 a 1994, profesora no Departamento de Humanidades na Universidade de Kyoto Seika, de 1982 a 1984 foi bolseira nos Estados Unidos, e de 1996 a 1997 invitada no Barnard College da Universidade de Columbia[2] En 1993 recibiu unha invitación da Universidade de Toquio.[4]

Foi profesora invitada na Universidade de Ritsumeikan e profesora emérita na Universidade de Toquio.[5]

É directora da Rede de Acción das Mulleres (WAN) no Xapón.[6]

A súa liña de investigación inclúe a teoría feminista, a socioloxía familiar e a historia das mulleres. Contribuíu en gran medida aos estudos de xénero no Xapón, xa que tivo unha función central na creación do campo de estudos de xénero na academia xaponesa.[4]

Ueno é unha crítica incisiva do revisionismo da posguerra e critica o branqueamento da historia xaponesa, os intentos de xustificación do seu colonialismo, das atrocidades en tempos de guerra e do racismo antes e despois da segunda guerra mundial. En particular, loitou pola compensación das mulleres coreanas que foron forzadas a prostituírse polo Imperio Xaponés.[2][4]

Influíu en posmodernistas como Karatani Kojin, Akira Asada e Noriko Mizutani.[2][7]

Ueno Chizuko visitou tamén El Colegio de México en 1993, e o resultado da visita foi a súa participación con profesoras do Centro de Estudos de Asia e África, como Michiko Tanaka e Yoshie Awaihara, entre outras académicas, e a publicación dun libro titulado Voces de las mujeres japonesas.[8] A importancia desta compilación, deuse a propósito de que se tratou o tema do feminismo no Xapón en lingua castelá. Cristina Palomar, que comentou o seminario que se abriu nese ano, di de Ueno:

Chizuko Ueno, principal motor desta antoloxía, ditou unha conferencia en que expuxo o contexto, os criterios e a estrutura desta obra sobre o pensamento feminista no Xapón.[9]

Pertence ao consello editorial de Journal of Women, Politics & Policy.[10]

Publicacións editar

  • The Modern Family in Japan: Its Rise and Fall. Victoria, Australia: Trans Pacific Press. 2009. ISBN 978-1876843625. Publicado en xaponés en 1994.
  • The Politics of Memory: Nation, Individual and Self. History & Memory. Traducido do xaponés por Jordan Sand.
  • Nationalism and Gender. Victoria, Australia: Trans Pacific Press. 2004. ISBN 978-1876843595.

Notas editar

  1. "Feminismo en Japón - Parte 1". Conoce Japón (en inglés). 4 de setembro de 2013. Consultado o 28 de novembro de 2016. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Ohmoto, Ayumi. "Chizuko Ueno". Pennsylvania State University. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2014. Consultado o 29 de marzo de 2014. 
  3. "Holding back half the nation". 29 de marzo de 2014. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "Speaking up for her sex". 5 de marzo de 2006. 
  5. "Ueno, Chizuko". Ritsumeikan University. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2015. Consultado o 29 de marzo de 2014. 
  6. W-WAN (30 de decembro de 2013). "Worldwide-Women's Action Network: Current Concept of Worldwide Women’s Action Network (W-WAN)". Worldwide-Women's Action Network. Consultado o 27 de maio de 2018. 
  7. Broken Silence: Voices of Japanese Feminism (en inglés). University of California Press. 27 de febreiro de 1997. ISBN 9780520914681. 
  8. Yoshie, Awaihara,; Seminario Voces de las Mujeres Japonesas 1997 El Colegio de México. Voces de las mujeres japonesas (Primeira ed.). ISBN 9681209281. OCLC 760688362. 
  9. "Feministas Japonesas". Scribd (en inglés). Consultado o 8 de marzo de 2018. 
  10. "Journal of Women, Politics & Policy - Editorial board". Taylor and Francis. Consultado o 3 de xuño de 2014.