O Universitäts-Sport-Club Heidelberg, abreviado USC Heidelberg e coñecido por motivos de patrocinio como MLP Academics Heidelberg, é un equipo profesional de baloncesto alemán con sede na cidade de Heidelberg, Baden-Württemberg. Fundado en 1951, desde 2021 compite na Basketball Bundesliga, máxima categoría do baloncesto xermano. O club posúe nas súas vitrinas nove títulos de liga e dúas copas de Alemaña. O equipo xoga os seus partidos como local no SNP Dome, pavillón con capacidade para 5 000 espectadores.[1]

MLP Academics Heidelberg
Información xeral
Liga BBL
Fundación 1952
Historia TB Heidelberg (1947–1953)
Cores                Azul, branco, ouro
Adestrador Branislav Ignjatovic
Localización
Cidade Alemaña Heidelberg, Alemaña
Pavillón SNP Dome
Capacidade 5 000
Inauguración 25 de marzo de 2021
Campionatos
Liga 9 (1957, 1958, 1959, 1960, 1961, 1962, 1966, 1973, 1977)
Copa 2 (1977, 1978)
mlp-academics-heidelberg.de

Historia editar

O Heidelberg foi fundado como club en 1899 pola Universidade de Heidelberg, aínda que a sección de baloncesto non se creou até o ano 1952. O club foi un dos equipos dominantes do baloncesto alemán nas décadas de 1950 e 1960, gañando un total de nove títulos de liga, seis deles consecutivos entre 1956 e 1962, así como dous títulos de copa. A nivel europeo, o club competiu na máxima competición continental, actual Euroliga, nas temporadas 1960, 1961, 1962, 1967 e 1974. Porén, nunca superaron os oitavos de final. Após desapareceren da elite, o Heidelberg regresou á Basketball Bundesliga, máxima categoría do baloncesto xermano, na temporada 2021−22 tras gañar en 2021 a ProA.[2]

Títulos editar

Liga

  • Campións (9): 1956–57, 1957–58, 1958–59, 1959–60, 1960–61, 1961–62, 1965–66, 1972–73, 1976–77

Copa

  • Campións (2): 1977, 1978

Xogadores editar

Destacados editar

Notas editar

  1. "SNP Dome Heidelberg". rhein-neckar-loewen.de (en alemán). Consultado o 9 de agosto de 2021. 
  2. "Heidelberg – MLP Academics sind ProA-Meister der Saison 2020/21!". MRN-News (en alemán). 10 de maio de 2021. Consultado o 9 de agoasto de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar