A Unión Baloncesto La Palma foi un club de baloncesto profesional español con sede na cidade de Santa Cruz de la Palma, Canarias que xogou a súa última tempada, a 2011−12, na Liga LEB Ouro. Actualmente conta con equipos de formación.

UB La Palma
Información xeral
Fundación 1978
Desaparición 2012
Cores           Azul, branco
Presidente Antonio Acosta (último)
Localización
Cidade España La Palma, España
Pavillón Roberto Rodríguez Estrello
Capacidade 2 150
ublapalma.blogspot.com.es

Historia editar

A Unión Baloncesto La Palma foi fundada en 1979 após a desaparición do C.B. La Palma coa denominación de "Asociación de Amigos del Baloncesto de La Palma", sendo o seu primeiro presidente Andrés Pérez Ortega. Na temporada 1996−97 conseguiu o ascenso á EBA durante a Fase disputada no Pavillón Insular de Miraflores de La Palma. Na temporada 1998−99 proclamouse campión da EBA, mentres que na tempada seguinte fíxose co subcampionato.

Na temporada 2000−01 converteuse nun dos fundadores da LEB-2. Ao finalizar a temporada 2002−03 ascendeu á LEB tras adquirir os dereitos federativos do Universidade Complutense, categoría na que permaneceu até a súa desaparición. Na campaña 2003−04 disputou por primeira vez os play-offs de ascenso á Liga ACB, ademais de tomar parte na Copa do Príncipe disputada en Zaragoza. Ao finalizar a temporada 2007−08 ocupou a penúltima posición (17ª), o que supuña a perda de categoría, aínda que finalmente mantívose na LEB Ouro debido aos problemas económicos de Cantabria e Huelva. Consumou a desaparición do seu equipo sénior o 6 de xullo de 2012 tras arrastrar unha seria crise económica, que se acentuou coa falta de apoios das institucións.[1] O club continúa existindo con equipos de formación.

Xogadores editar

Destacados editar

Historial editar

Ano Nivel Liga Pos. V–D Copa
1994–95 3 2ª División
1995–96 3 2ª División
1996–97 4 2ª División
1997–98 3 EBA 14–14
1998–99 3 EBA 28–8
1999–00 3 EBA 24–5 Copa EBA SF
2000–01 3 LEB 2 25–13 Copa LEB 2 SF
2001–02 3 LEB 2 22–17
2002–03 3 LEB 2 21–12
2003–04 2 LEB 19–19 Copa Príncipe SF
2004–05 2 LEB 16º 15–23
2005–06 2 LEB 10º 16–18
2006–07 2 LEB 11º 16–18
2007–08 2 LEB Ouro 17º 12–22
2008–09 2 LEB Ouro 14º 14–20
2009–10 2 LEB Ouro 10º 16–18
2010–11 2 LEB Ouro 10º 16–18
2011–12 2 LEB Ouro 20–18

Notas editar

  1. Francisco, Pedro J. (18 de abril de 2019). "Ocho años de la desaparición del UB La Palma". eldia.es. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar