Tyler Zeller

baloncestista estadounidense

Tyler Paul Zeller, nado o 17 de xaneiro de 1990 en Visalia, California, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional.

Tyler Zeller
Axente libre
Posición Pivote / Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 17 de xaneiro de 1990 (34 anos)
Visalia, California
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,11 m (6 ft 11 in)
Peso oficial 116 kg (255 lb)
Información da carreira
Instituto Washington (Washington, Indiana)
Universidade North Carolina (2008–2012)
NBA Draft 2012 / Rolda: 1 / Elección: 17
Por Dallas Mavericks
Carreira dende 2012
Historial de equipos
Cleveland Cavaliers (2012–2014)
Boston Celtics (2014–2017)
Brooklyn Nets (2017–2018)
Milwaukee Bucks (2018)
Atlanta Hawks (2019)
Memphis Grizzlies (2019)
San Antonio Spurs (2020)

Traxectoria profesional editar

O 28 de xuño de 2012, Zeller foi elixido na 17ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Dallas Mavericks,[1] e foi o cuarto Tar Heel en ser seleccionado na primeira rolda do Draft. Posteriormente foi traspasado ós Cleveland Cavaliers.

O 10 de xullo de 2014, Zeller foi traspasado ós Boston Celtics nun traspaso entre tres equipos que tamén incluía ós Cavaliers e ós Brooklyn Nets.[2]

O 12 de setembro de 2017, Zeller asinou un contrato cos Brooklyn Nets.[3]

O 5 de febreiro de 2018, Zeller foi traspasado ós Milwaukee Bucks a cambio de Rashad Vaughn e os dereitos dunha futura elección da segunda rolda do Draft.[4] O 13 de outubro de 2018, foi cortado polos Bucks.[5]

Notas editar

  1. "Hornets select Anthony Davis". ESPN. 2012-06-29. Consultado o 2012-06-30. 
  2. Celtics Complete Three-Team Trade
  3. "Nets sign Tyler Zeller". NBA.com. 12 de setembro de 2017. Consultado o 12 de setembro de 2017. 
  4. "Bucks acquire Tyler Zeller from Brooklyn Nets". NBA.com. 5 de febreiro de 2018. Consultado o 5 de febreiro de 2018. 
  5. "Bucks request waivers on center Tyler Zeller". FoxSports.com. 13 de outubro de 2018. Consultado o 14 de outubro de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar