Txetxu Rojo

futbolista e adestrador vasco

José Francisco "Txetxu" Rojo Arroitia, nado en Bilbao o 28 de xaneiro de 1947 e finado en Leioa o 23 de decembro de 2022,[1] foi un futbolista e adestrador de fútbol vasco.[2] Xogaba de extremo esquerdo e foi internacional coa selección española. Era o irmán to tamén furbolista, José Ángel Rojo.

Txetxu Rojo
Información persoal
Nome José Francisco Rojo Arroitia
Nacemento 28 de xaneiro de 1947 (77 anos)
Lugar de nacemento Bilbao
Falecemento 23 de decembro de 2022
Lugar de falecemento Leioa
Altura 1,77 m.
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
Athletic Club
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1965 Bilbao Athletic 3 (5)
1965–1982 Athletic Club 413 (48)
Total 416 (53)
Selección nacional
1965 España sub-18 1 (1)
1969–1970 España sub-23 3 (0)
1969–1978 España 18 (3)
Adestrador
1986–1989 Bilbao Athletic
1989–1990 Athletic Club
1990–1994 Celta de Vigo
1994 Osasuna
1995–1997 Lleida
1997–1998 Salamanca
1998–2000 Zaragoza
2000–2001 Athletic Club
2001–2002 Zaragoza
2003–2004 Rayo Vallecano
Na rede
FIFA: 57075 UEFA: 38120 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Como futbolista editar

Formouse nas categorías inferiores do Athletic Club ata o ano 1965, cando pasa a formar parte do primeiro equipo, debutando na primeira división española o 26 de setembro de 1965 no partido Córdoba CF 1 - Athletic Club 0.[3] Xogaba na demarcación de dianteiro.

Co club bilbaíno disputou un total de 413 encontros en Primeira División converténdose no segundo xogador con máis partidos disputados da historia do Athletic. Nestas dezasete tempadas anotaría un total de 48 goles e gañaría dúas Copas do Rei.

Foi internacional coa Selección española de fútbol en 18 ocasións anotando tres goles.

Con motivo da súa retirada en 1982 o Athletic celebrou un partido de homenaxe contra a Selección de fútbol de Inglaterra.[4]

Como adestrador editar

Comezou, en 1982, a súa carreira como adestrador nas categorías inferiores do Athletic Club. No ano 1986, volve ao Athletic para adestrar ao equipo filial, Bilbao Athletic, na Segunda División, pasando na tempada 1989-1990 ao primeiro equipo.[5]

Na tempada 1990–91 chega a Vigo en medio da tempada a un Celta de Vigo en Segunda División que ía a deriva con Maguregui como técnico. A tempada seguinte con Rojo na bancada e Vlado Gudelj no campo o Celta consegue o ascenso gañando o campionato de Segunda División. Xa na máxima categoría pasou de loitar pola permanencia a disputar a final da Copa do Rei en Madrid que perdeu nos penaltis ante o Real Zaragoza.[6][7][8]

Antes de concluír a tempada Rojo decidiu abandonar o Celta para fichar polo Osasuna ante a venda por parte do club céltico de xogadores importantes.

Tras adestrar a Osasuna e Lleida, na tempada 1997–98 ficha polo UD Salamanca e un ano máis tarde polo Real Zaragoza. No club aragonés consegue o mellor posto en Liga como adestrador, cuarto, na tempada 1999–00 e onde destacou como xogador Savo Milošević que conseguiu unha gran revalorización por ser o goleador do equipo durante as dúas tempadas.[9] A raíz deste éxito volveu á bancada do Athletic Club, onde permaneceu un ano na tempada 2000-2001, para volver outra vez ao Zaragoza na 2001-2002.

Remataría a súa carreira de adestrador na tempada 2003–04 no Rayo Vallecano.

Notas editar

  1. RTVE.es (2022-12-23). "Muere Txetxu Rojo, el segundo con más partidos en el Athletic". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2022-12-24. 
  2. Rivas, Jon (23 de decembro de 2022). "Muere Txetxu Rojo, un futbolista fiel al Athletic". elpais.com (en castelán). Consultado o 13 de xaneiro de 2023. 
  3. Briones, Macu (4 de outubro de 2015). "San Mamés celebró los 50 años del debut de Txetxu Rojo". marca.com (en castelán). Consultado o 13 de setembro de 2023. 
  4. Unzueta, Patxo (21 de marzo de 1982). "Homenaje a Rojo, un histórico de San Mamés". elpais.com (en castelán). Consultado o 13 de xaneiro de 2023. 
  5. Rodrigálvarez, Eduardo (5 de xuño de 1990). "'Txetxu' rojo abandona el Athletic tras 26 años". elpais.com (en castelán). Consultado o 13 de xaneiro de 2023. 
  6. Bacariza, Marcos L. (2010-11-24). "Todos los entrenadores del Real Club Celta de Vigo: TXETXU ROJO". Todos los entrenadores del Real Club Celta de Vigo. Consultado o 2022-12-24. 
  7. "El Celta de Rojo". marca.com (en castelán). 5 de outubro de 2015. Consultado o 13 de xaneiro de 2023. 
  8. Ereaga, Txema (22 de marzo de 2013). "Txetxu Rojo: solo le faltó el título de Copa.". fameceleste.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2023. Consultado o 13 de xaneiro de 2023. 
  9. Martín, Ignacio (4 de febreiro de 2013). "Txetxu Rojo : "Conmigo el Zaragoza no habría bajado, segurísimo"". elperiodicodearagon.com (en castelán). Consultado o 13 de xaneiro de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar