Coordenadas: 41°25′06″N 2°09′12″L / 41.418435, 2.153352

O Turó del Carmel, tamén coñecido como Turó d'en Móra, é unha montaña de 266 metros de altitude, pertencente aos contrafortes da serra de Collserola, situada na cidade de Barcelona, no distrito de Horta-Guinardó.

Turó del Carmel

Antigamente coñecíase como turó d'en Móra (turó en catalán significa "outeiro"), referíndose a Can Móra, casa situada no actual barrio do Coll. O nome actual do outeiro provén do nome do santuario situado na vertente oriental, construído a mediados do século XIX. En 1875 comezaron a construírse as primeiras torres no outeiro, que co paso do tempo darían lugar ao barrio do Carmel. Actualmente só a zona máis alta do outeiro non está urbanizada, e é onde se atopan o Parc Güell, o Parc del Carmel e os Xardíns de Juan Ponce.