Tummanna foi unha extensa rexión da costa do mar Negro entre a rexión de Pala e o corazón do país dos kaskas, correspondente ao clásico Ponto, mencionada nas inscricións hititas. Dominada polos kaskas no século XIV a.C., foi conquistada polo rei Suppiluliumas I durante as súas expedicións contra os kaskas, na primeira parte do seu reinado antes de 1340 a.C., e a rexión foi fortificada. Na parte final do seu reinado, sobre 1330 a.C., tivo que volver, polo menos á zona da comarca do monte Kasu (Kaššu), e de alí contra unha cidade cuxo nome conservamos incompleto (...naggara), onde xa estivera na súa primeira campaña, o que quere dicir que os kaskas volveran ocupala, polo menos parcialmente.

O territorio de Tummanna ao norte de Anatolia.

Sobre o 1300 a.C. foi integrada no Reino vasalo de Hakpis, creado por Muwatallis II para o seu irmán Hattusilis, e do que formou a parte centro-occidental (tiña aínda ao oeste a rexión de Pala). Mursilis III separouna deste reino e incorporouna aos seus dominios, o que foi un dos antecedentes que provocou a guerra civil na que foi derrubado por Hattusilis, rei de Hakpis.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar