Tulsa (grupo musical)

Tulsa é un grupo musical español formado e liderado pola cantautora Miren Iza (Hondarribia, 1979). Toma o seu nome da cidade estadounidense de Tulsa.

Ataque Escampe
OrixeMadrid, España España
Xénero(s)indie rock
Selo(s) discográfico(s)Subterfuge Records
MembrosMiren Iza (guitarra acústica e voz)
Alfredo Niharra (guitarra e coros)
Gabriel Marijuan (batería)
Miguel Guzmán (baixo e guitarras)
Alberto Rodrigo (baixo e coros)
Charlie Bautista (teclados e coros)

Traxectoria editar

Antes da formación de Tulsa, Miren Iza formara parte da banda riot grrrl de punk rock e surf rock Electrobikinis, que cantaban en inglés. A banda separouse en 2002, emprendendo Miren a súa carreira en solitario uníndose ao guitarrista Alfredo Niharra e así, xa como cantante e compositora en castelán dá algúns concertos.

Miren foi a vivir a Madrid, onde Tulsa desde entón ten a súa base de operacións. En 2006 publicaron con Lucinda Records o seu primeiro disco, un EP de 4 temas gravados por Niharra no local de ensaio, e que empezan a dar forma ao son de Tulsa con temas como "Seguramente me lo merezco" ou "La Goulue".[1]

En 2007 publicaron coa discográfica Subterfuge Records, Solo me has rozado. Definidos por El País como «algo así como Cecilia cantando con The Jayhawks como banda de acompañamento» e seleccionados por Rockdelux entre os mellores sinxelos do ano, as referencias musicais de Tulsa alcanzan desde o rock estadounidense ou de raíces (Gram Parsons, Bob Dylan) até personaxes máis próximos como Nacho Veigas ou Christina Rosenvinge. En 2007 o grupo foi nomeado ao Grammy Latino na categoría de Novos Artistas.[2]

En 2010 publicaron Espera a pálida, producido por Karlos Osinaga (Lisabö) e coa colaboración de Anari.[3]

En 2011 Miren Iza anunciou nun comunicado que a banda ía toma un descanso indefinido por motivos persoais, sen especificar unha data de regreso aos escenarios.[4][5][6] Esta fuxida foi provocada porque a Miren lle ofreceron traballo en Nova York para exercer a súa outra gran paixón, a psiquiatría. Durante este ano e medio, mantivo en certo xeito a súa actividade musical en Estados Unidos, ofrecendo pequenas xiras e producindo novas cancións.[7][8]

En 2013 presentouse a curtametraxe Ignonauta, dirixido polo realizador Raúl Santos, protagonizado por Miren Iza, e construída arredor de tres cancións inéditas de Tulsa: "Bórrame del mapa", "Verano averno" e "El baile", producidas por Subterfuge Records.[9][10]

En xaneiro de 2015 presentaron o seu novo traballo "La calma chicha" (Gran Derby Records), cun son innovador e as letras desoladoras dos discos anteriores. O disco foi gravado en Madrid e producido por Carasueño, Charlie Bautista e a propia Miren. Créanse impoñentes atmosferas infestadas de sintetizadores e caixas de ritmos que adornan a voz doce e á vez desgarrada e melancólica de Miren. A espera valeu a pena, e nel destacan temas como "Oda al amor efímero", "Gente común" (posible homenaxe a Pulp e declarado Melocotonazo apadrinado nacional do ano no programa Hoy empieza todo de Radio 3), ou a brutal "En tu corazón sólo hay sitio en los suburbios".

En abril de 2015 o grupo acadou o premio Biznaga de Prata á mellor música no 18º Festival de cine español de Málaga pola súa participación a banda sonora de Los exiliados románticos, dirixida por Jonás Trueba. A música de Tulsa percorre toda a película desde o inicio, mesmo chega a formar parte dela aparecendo a propia Miren en concerto en varios bares durante a trama, tomando máis adiante un singular e simbólico papel nela.

Discografía editar

  • Tulsa (Lucinda Records, 2006)
  • Solo me has rozado (Subterfuge Records, 2007)
  • Espera la pálida (Subterfuge Records, 2010)
  • La calma chicha (Gran Derby Records,2015)
  • Centauros (I*M Records, 2017)

Outros

  • B.S.O. Ignonauta (Subterfuge Records, 2013)

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar