Tsuga

xénero de plantas

Tsuga

Tsuga heterophylla
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pinophyta
Clase: Pinopsida
Orde: Pinales
Familia: Pinaceae
Xénero: Tsuga
Carrière
Especies
  • Subxénero Tsuga

Tsuga canadensis  Tsuga do Canadá
Tsuga caroliniana  Tsuga de Carolina
Tsuga chinensis  Tsuga da China
Tsuga diversifolia
Tsuga dumosa  Tsuga do Himalaia
Tsuga forrestii
Tsuga heterophylla  Tsuga do Pacífico
Tsuga sieboldii  Tsuga do sur do Xapón

  • Subxénero Hesperopeuce (Engelm.) Ueno

Tsuga mertensiana

Tsuga (do xaponés ツガ, ); é un xénero de coníferas pertencente á familia Pinaceae que engloba as especies arbóreas coñecidas como falsos abetos. Todas a especies son árbores perennes acadando os 20 - 60 metros de altura e atopándose exclusivamente en rexións húmidas.

Hai de 8 a 10 especies dentro do xénero, dependendo da autoridade que o clasifique, con catro especies en América do Norte e de catro a seis no leste de Asia.[1][2][3][4][5]

A madeira que se obtén é importante na industria, úsase especialmente como polpa para facer papel.

Descrición editar

Tsuga é unha árbore perenne de tamaño medio que acada os 20 a 65 m de altura cunha coroa cónica a irregular. A casca é de cor cinsenta a marrón.[6]

As follas son estreitas en forma de agulla de 8 a 40 mm de lonxitude e 1.5 a 3 mm de largo.[7]

 
Follaxe e conos de Tsuga mertensiana.

Os conos de pole crecen en solitario a partir de xemas laterais. Teñen 3–5(–10) mm de longo, ovoides, globosas, ou elipsoides, e de cor branca amarelenta a púrpura clara, e nacen sobre un curto pedúnculo. Os estróbilos nacen en franzas dun ano de idade e teñen son pequenos, globoso-ovoide ou cilíndrico-oblongo, que roldan os 15–40 mm de longo, agás en T. mertensiana, onde son cilíndricos e máis longos, 35–80 mm de lonxitude; son solitarios, terminais ou raramente laterais, pénsiles, e son sésiles ou sobre un curto pedúnculo até 4 mm de longo. A madurez ocorre en 5–8 meses, e as sementes espállanse pouco despois; os conos caen pouco despois de ceibaren a semente ou até un ano ou dous despois. As escamas de sementes son delgadas, coriáceas e persistentes. Varían na forma e carecen dunha apófise e un umbo. As brácteas son incluídas e pequenas. As sementes son pequenas, de 2 a 4 mm de longo, e con ás, coas ás de 8 a 12 mm de longo. Tamén conteñen pequenas vesículas de resina adaxiais. A derminación de sementes é epixeal; as plántulas teñen de catro a seis cotiledóns.[1][2][3][4][5]

Taxonomía editar

T. mertensiana é infrecuente neste xénero en varios aspectos. As follas están menos aplanadas e dispostas todas arredor do gomo, e teñen estoma por riba e por baixo, dando á follaxe unha cor glauca; e os conos son os máis longos do xénero, 35–80 mm de longo e cilíndrico máis ca ovoide. Algúns botanistas trátana nun xénero distinto como Hesperopeuce mertensiana (Bong.) Rydb.,[8] aínda que é máis xeralmente considerada só distinta no rango dun subxénero.[1]

Outra especie, descrita primeiro como Tsuga longibracteata, agora se trata como un xénero distinto Nothotsuga; difire de Tsuga nos conos erectos (non pendurados), e conos masculinos en acios de umbelas, nestes riscos máis estreitamente relacionadas co xénero Keteleeria.[1][3]

Ecoloxía editar

Todas as especies están adaptadas a (e están limitadas a) zonas temperadas relativamente frescas e húmidas con alta pluviosidade, veráns frescos, e pouco ou ningunha escaseza de auga; tamén está adaptada aos invernos intensos con grandes nevaradas e toleran as xeadas mellor que a maioría do das árbores.[1][3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Farjon, A. (1990). Pinaceae. Drawings and Descriptions of the Genera. Koeltz Scientific Books ISBN 3-87429-298-3.
  2. 2,0 2,1 Rushforth, K. (1987). Conifers. Helm ISBN 0-7470-2801-X.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Earle, C. J. (2006). "Tsuga". Gymnosperm Database. Consultado o 16-05-2007. 
  4. 4,0 4,1 Wu, Z.-Y., & Raven, P. H. (1999). "Tsuga". Flora of China. Beijing: Science Press. Consultado o 16-05-2007. 
  5. 5,0 5,1 Taylor, R. J. (1993). "Tsuga". Flora of North America North of Mexico, Vol. 2. Oxford University Press. Consultado o 16-05-2007. 
  6. Earle, Christopher J. (2006). "Tsuga". The Gymnosperm Database. Consultado o 16-05-2007. 
  7. Wu, Zheng-yi; Raven, Peter H. (1999). "Tsuga". Flora of China. Beijing: Science Press. Consultado o 16-05-2007. 
  8. Page, C. N. (1990). Pinaceae. Pp. 319-331 en: Kubitzki, K., ed. The Families and Genera of Vascular Plants. Springer-Verlag, Berlin.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar