Truman (filme)

filme de 2015 dirixido por Cesc Gay

Truman é un filme hispano-arxentino de 2015 dirixido por Cesc Gay. No 2015, no 63 Festival Internacional de Cine de Donostia, recibe a Cuncha de Prata ao mellor actor, os protagonistas: Ricardo Darín e Javier Cámara.[1] En febreiro de 2016 recibe cinco premios Goya, entre eles o de Mellor filme, mellor dirección (Cesc Gay), mellor interpretación masculina protagonista (Ricardo Darín) e secundaria (Javier Cámara), mellor guión orixinal (Cesc Gay e Tomás Aragay) e mellor montaxe (Pablo Barbieri).

Truman
Javier Cámara, un dos protagonistas do filme
Ficha técnica
Título orixinalTruman
DirectorCesc Gay
GuiónTomàs Aragay, Cesc Gay
IntérpretesRicardo Darín
Javier Cámara
Dolores Fonzi
Àlex Brendemühl,
Javier Gutiérrez
Eduard Fernández
Elvira Mínguez
Silvia Abascal
Nathalie Poza
José Luis Gómez Gómez
Pedro Casablanc
Francesc Orella
Oriol Pla
Ana Gracia
Susi Sánchez
Àgata Roca
MúsicaNico Cota
Toti Soler
FotografíaAndreu Rebés
MontaxePablo Barbieri Carrera
Estrea30 de outubro de 2015
Duración108 min.
OrixeEspaña España; Arxentina Arxentina
XéneroComedia dramática
Filme anteriorLa isla mínima
(2014)
Na rede
IMDB: tt3754940 Filmaffinity: 193232 Allocine: 228818 Rottentomatoes: m/truman_2017 Allmovie: v638162 Metacritic: movie/truman Editar o valor em Wikidata

Enredo editar

O filme trata sobre as vivencias que comparten dous amigos que se atopan cando un deles (Tomás) visita inesperadamente ao outro (Julián). Ambos os dous, mediante o fío condutor do can de Julián ("Truman"), compartirán momentos emotivos e sorprendentes relacionados coa situación complicada que vive este último.

Elenco editar

Recepción editar

O filme foi recibido con grandes eloxios. Carlos Boyero, na súa crítica de El País, resalta que «aínda que o que narra é tráxico, o director non renuncia a provocarnos o sorriso, ao ton agridoce, a momentos de comedia, ao humor cáustico. O xeito de contar a historia é precisa, suxerente, elegante, sutil e complexa» [2]. En Fotogramas, califícana como «unha película amábel, que encantará ao público por evitar intelixentemente o dramón, e apostar pola emoción e a tenrura» [3]. LLuis Bonet, de La Vanguardia, afirma que «Truman parecía ter aberta a porta ao drama lacrimóxeno, mais os seus intelixentes toques de comedia converten o riso nun detonante de sentimentos ocultos» [4].

No estranxeiro tamén recibiu críticas positivas. Gran parte da crítica loa tamén as interpretacións de ambos os dous protagonistas. Boyero describiu a interpretación de Darín como «un recital inesquecíbel». Beatriz Martínez, de El Periódico, constata que «Ricardo Darín e Javier Cámara bordan o seu traballo nunha película sutil e afastada do sentimentalismo doado» [5].

Palmarés editar

O filme ten recibido numerosos premios e nomeamentos, nos que salientan:

30.ª edición dos Premios Goya
Categoría Nomeados Resultado
Mellor filme Truman Gañador
Mellor dirección Cesc Gay Gañador
Mellor interpretación masculina protagonista Ricardo Darín Gañador
Mellor interpretación masculina secundaria Javier Cámara Gañador
Mellor guión orixinal Cesc Gay
Tomás Aragay
Gañadores
Mellor montaxe Pablo Barbieri Nomeado

Notas editar

  1. El País (26 de setembro de 2015). "Darín y Cámara ganan la Concha de Plata a mejor actor". España. Consultado o 27 de setembro de 2015. 
  2. Carlos Boyero, El País (20 de setimbro de 2015). "Definitiva y memorable despedida". España. 
  3. Carlos Loureda, Fotogramas (19 de setembro de 2015). "Truman, un festival interpretativo de Javier Cámara y Ricerdo Darín". España. 
  4. Lluis Bonet, La Vanguardia (30 de outubro de 2015). "'Truman': Mi perro, yo y el vacío". España. 
  5. Beatriz Martínez, El Periódico (20 de setembro de 2015). "'Truman' conmueve". España.