Troy Murphy

baloncestista estadounidense

Troy Brandon Murphy, nado o 2 de maio de 1980 en Morristown, Nova Jersey, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional que xogou durante 12 tempadas na National Basketball Association (NBA).

Troy Murphy
Posición Ala-pivote / Pivote
Información persoal
Nacemento 2 de maio de 1980 (43 anos)
Morristown, Nova Jersey
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,11 m (6 ft 11 in)
Peso oficial 111 kg (245 lb)
Información da carreira
Instituto Delbarton School
(Morristown, New Jersey)
Universidade Notre Dame (1998–2001)
NBA Draft 2001 / Rolda: 1 / Elección: 14
Por Golden State Warriors
Carreira 2001–2012
Historial de equipos
Golden State Warriors (2001–2007)
Indiana Pacers (2007–2010)
New Jersey Nets (2010–2011)
Boston Celtics (2011)
Los Angeles Lakers (2011–2012)
Dallas Mavericks (2012)

Traxectoria profesional editar

Murphy foi seleccionado na 14ª posición do Draft da NBA de 2001 polos Golden State Warriors. Na súa segunda tempada nos Warriors, foi titular cos Sophomores no partido de Rookies do All-Star Weekend da NBA. Pasou catro tempadas completas nos Warriors.

O 17 de xaneiro de 2007, Murphy foi traspasado aos Indiana Pacers xunto aos seus compañeiros Mike Dunleavy, Jr., Ike Diogu e Keith McLeod a cambio de Stephen Jackson, Al Harrington, Šarūnas Jasikevičius e Josh Powell.[1] Na súa etapa nos Pacers, mellorou o seu tiro dende longa distancia.

O 11 de agosto de 2010, os Pacers traspasaron a Murphy aos New Jersey Nets, nun traspaso de cinco xogadores entre catro equipos.[2]

O 23 de febreiro de 2011, os Warriors ficharon de novo a Murphy xunto a unha elección de segunda rolda do Draft, a cambio de Brandan Wright e Dan Gadzuric.[3] O 27 de febreiro, catro días máis tarde, Murphy e os Warriors acordaron a rescisión do seu contrato, a tempo para poder asinar por outro equipo para disputar os Playoffs.[4]

O 2 de marzo de 2011, Murphy asinou cos Boston Celtics para o resto da tempada 2010-11.[5] O 22 de abril de 2011, xogou o primeiro partido de Playoffs da súa carreira, un partido de primeira rolda contra os New York Knicks.

Notas editar

  1. "Pacers, Warriors announce 8-player deal". Associated Press. 2007-01-17. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2008. Consultado o 2007-12-23. 
  2. "Pacers get Collison from Hornets in 4-team trade". NBA.com. 11 de agosto de 2010. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2011. Consultado o 11 de agosto de 2010. 
  3. "Warriors Acquire Troy Murphy And 2012 Second Round Draft Pick From New Jersey". NBA.com. 2011-02-23. Consultado o 2011-02-24. 
  4. "Warriors, Murphy reach buyout agreement". NBA.com. Associated Press. 28 de febreiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2011. Consultado o 28 de febreiro de 2011. 
  5. http://www.nba.com/celtics/news/press_release/030211-celtics-sign-murphy.html

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar