Trompeta de varas

instrumento de vento-metal da familia da trompeta

A trompeta de varas, tamén coñecida como trompeta slide, trombón soprano ou trompeta bastarda é un instrumento de vento-metal da familia da trompeta. Ao longo da historia existiron dous instrumentos diferentes pero chamados de igual forma: a trompeta de varas do século XV, cunha parte escorregadiza que era un tubo que saía desde o tudel e se introducía no corpo do instrumento, e a trompeta de varas moderna, que posúe unha vara escorregadiza similar á do trombón.

Trompeta de varas
Reconstrución moderna dunha trompeta de varas similar ás usadas no século XV.
Información
ClasificaciónVento metal
Tesitura
Instrumentos relacionadosTrompeta, trombón, Trompeta pocket, trompeta piccolo, trompeta baixa, fliscorno, corneta, trompa
Músicos notables

Historia editar

A trompeta de varas comezou a utilizarse no Renacemento. Estaba formada por unha prolongación da boquilla que se unía ao primeiro tubo que se deslizaba uns 40 centímetros, introducíndose no corpo do instrumento. O movemento cara a dentro e fóra realizábao o instrumento. Co sistema da vara pretendíase ampliar o rexistro do instrumento máis alá da serie harmónica. A Igrexa Católica aceptou o uso da trompeta de varas, cousa que até entón non fixera, e escribíronse algunhas composicións nas que se empregaba este instrumento, como son: a Missa trompetta, Ave Virgo ou Missa Tubae. Esta era a trompeta utilizada por Johann Sebastian Bach nas súas cantatas e tivo unha grande aceptación en Inglaterra.

Trompeta de varas moderna editar

 
Un trompetista cunha trompeta de varas moderna.

Na actualidade existe un instrumento diferente da trompeta de varas utilizada desde o Renacemento. Dita trompeta posúe unha vara similar á do trombón, que é a que se desliza, ao contrario do que sucedía coa trompeta antiga na que a parte escorregadiza era o tubo do tudel que se introducía no corpo do instrumento. A vara da trompeta moderna é proporcional ao tamaño do instrumento e ten as sete posicións dun trombón convencional para as notas musicais. A trompeta de varas moderna ten un rexistro exactamente igual á trompeta tradicional de pistóns, pero a súa execución é moito máis lenta comparada coa de pistóns. Normalmente a tonalidade da trompeta de varas é si bemol.

Xeralmente, este instrumento está logrado para que nenos de curta idade poidan estudar o mecanismo da vara, de cara a tocar o trombón de varas nun futuro.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Millán Esteban, Ángel (1985). Expomúsica Pacheco, ed. Programa de estudios sobre los orígenes de la trompeta y su evolución en la historia musical. p. 54. ISBN 9788439856498. 
  • Andrés, Ramón (1995). Bibliograf, ed. Diccionario de instrumentos musicales: de Píndaro a J.S. Bach. p. 540. ISBN 9788471538192. 
  • Michels, Ulrich (2003). Alianza, ed. Atlas de la música 1. 
  • Merino de la Fuente, J. Mariano (2006). Editorial Club Universitario, ed. Las vibraciones de la música . p. 421. ISBN 9788484545361.