Trofeo Juan Acuña

O Trofeo Juan Acuña foi un torneo futbolístico de verán, de carácter amigábel que tivo lugar na cidade da Coruña, desde 1989 ata 2007. O equipo anfitrión é o Deportivo da Coruña. A última edición disputada foi a 2007.

Trofeo Juan Acuña 2004.

Historia editar

Juan Acuña é considerado o mellor porteiro do Deportivo da Coruña. Debutou no primeiro equipo con tan só 16 anos e gañou catro Trofeos Zamora. Tamén xogou coa Selección de fútbol de España.

Durante o verán de 1961, o club fíxolle unha homenaxe. Foi un partido entre as seleccións de Galicia e País Vasco de veteráns, seguido doutro entre o Deportivo da Coruña e o CD Ourense. En 1989, o Deportivo creou o trofeo Juan Acuña, competencia disputada ó principio de cada tempada ata 2007, cando foi suspendido. Consta dun partido entre o Deportivo e un club invitado.

Acuña asistiu ás primeiras edicións do torneo, ata a súa morte o 30 de agosto de 2001. O torneo xogouse ata agora en 18 ocasións sendo o Deportivo o gañador en 11 ocasións, entre elas unha gañada polos veteráns do Dépor ó Superdépor.

Lista de campións editar

Ano Campión Subcampión Resultado
1989   Real Oviedo   Deportivo da Coruña 1–1 (5–3 p)
1990   Deportivo da Coruña   Real Burgos 1–1 (4–3 p)
1991   Deportivo da Coruña   Athletic Club 1–1 (p)
1992   Deportivo da Coruña   CR Flamengo 2–0
1993   Deportivo da Coruña   Universidad Católica 6–1
1994   Sevilla FC   Deportivo da Coruña 1–0
1995 Non se disputou
1996   FC Porto   Deportivo da Coruña 1–1 (5–4 p)
1997   Deportivo da Coruña   SE Palmeiras 3–1
1998   AC Milan   Deportivo da Coruña 1–0
1999   Deportivo da Coruña   Fluminense FC 4–0
2000   Deportivo da Coruña   Girondins de Bordeos 2–0
2001   Deportivo da Coruña   Udinese Calcio 1–0
2002   Deportivo da Coruña   Hannover 96 4–1
2003   FC Porto   Deportivo da Coruña 2–0
2004   FC Tokyo   Deportivo da Coruña 2–1
2005   Deportivo da Coruña   Birmingham City Torneo triangular
2006   Deportivo da Coruña (veteráns)   Superdépor (veteráns) 4–2
2007   Vitória de Guimarães   Deportivo da Coruña 1–1 (4–3 p)

Palmarés editar

Equipo Títulos Anos
  Deportivo da Coruña 11 1990, 1991, 1992, 1993, 1997, 1999, 2000, 2001, 2002, 2005, 2006
  Porto 2 1996, 2003
  Oviedo 1 1989
  Sevilla 1 1994
  Milan 1 1998
  Tokyo 1 2004
  Vitória de Guimarães 1 2007

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar