Tribunal internacional

Un Tribunal ou Corte Internacional é toda aquela institución xurisdicional creado por tratados multilaterais entre Estados, ou mediante acordos ou resolucións de organizacións internacionais ou rexionais, que ten competencia para resolver conflitos xurídicos entre partes.

Tribunais do sistema das Nacións Unidas editar

 
Corte Internacional de Xustiza

A Corte Internacional de Xustiza (CIJ) é un órgano das Nacións Unidas (ONU), cuxo estatuto forma parte da súa carta constitutiva. A súa competencia ratinae personae é universal (todos os Estados membros da ONU son automaticamente parte da CIJ, e un Estado non membro pode ser tamén parte da mesma). A súa competencia ratione materiae é xeral (todas as controversias de Dereito internacional que lle sometan). Está composto por 15 membros elixidos por 9 anos (renovábeis e por terzos cada 3) elixidos en dobre votación pola Asemblea Xeral e o Consello de Seguridade sen posibilidade de veto. Ten competencia contenciosa cando os Estados sométense por medio dun compromiso, tratado vixente, cláusula facultativa e forum prorrogatur (dedúcese dunha actitude do demandado). Exerce competencia consultiva por medio de ditames que pode solicitar tamén a OIT.

O Tribunal Internacional do Dereito do Mar é un órgano xudicial creado na Convención das Nacións Unidas sobre o Dereito do Mar de 1982.

Tribunais rexionais ou de organizacións rexionais editar

O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, creado en 1950, coñece os asuntos relativos á interpretación e aplicación da Convención Europea de Dereitos Humanos. Están lexitimados a Comisión e os Estados parte.

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea, creada en 1957, a súa competencia ratione materiae é obrigatoria na maioría dos casos e máis diversificada que outro tribunal internacional. A lexitimación non corresponde só aos Estados, senón a órganos comunitarios e a particulares. A solución de controversias é só unha das súas funcións.

A Corte Interamericana de Dereitos Humanos, creada pola Convención Americana sobre Dereitos Humanos de 1969. A súa competencia material é especializada e só é aplicábel aos Estados que son parte da Convención e da Comisión Interamericana de Dereitos Humanos.

O Tribunal de Xustiza Andino, creado en 1979, é o órgano xudicial na Comunidade Andina (CAN) e exerce funcións como o control de legalidade.

Tribunais de Dereito penal internacional editar

Existen cortes ou tribunais que non resolven controversias entre Estados senón conflitos individuais, aplicando penas individuais (por delitos internacionais), que foron creados polas Nacións Unidas en casos puntuais (tribunais ad-hoc), como os de Nüremberg, Tokio, Ruanda e o Tribunal Penal Internacional para a ex Iugoslavia; ou previstos pola Convención de Xenocidio de 1948 e a Convención contra o Apartheid de 1973.

A Corte Penal Internacional, cuxo estatuto foi asinado en Roma en 1998 e entrou vigor o 2002, significou o establecemento dun sistema permanente internacional de persecución penal internacional.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar