Tribunal de Orde Pública

institución xudicial de España

O Tribunal de Orde Pública, tamén coñecido como TOP, foi unha instancia xudicial especial existente nos últimos anos do franquismo. A súa misión foi a represión das condutas que baixo ese réxime eran consideradas delitos políticos. Este Tribunal existiu desde 1963 até 1977. Con anterioridade, a gran maioría dos procesos de tipo político do franquismo recaían na xurisdición militar.

Tribunal de Orde Pública
Tipotribunal
Data de fundación2 de decembro de 1963
Data de disolución4 de xaneiro de 1977
Sedeconvento das Salesas Reais
EnMadrid
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

A súa creación data do 2 de decembro de 1963 e asume as funcións da entidade chamada Tribunal Especial de Represión da Masonería e o Comunismo. Nos seus case catorce anos de existencia foron condenados miles de cidadáns. Procesos como o famoso Proceso 1001, contra dirixentes do sindicato Comisións Obreiras, corresponderon ao TOP.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar