Tribunal Supremo de Israel

O Tribunal Supremo de Israel é a máxima institución xudicial do Estado de Israel. A Lei Básica: o poder xudicial (1984) regula as súas competencias, composición e funcionamento. A súa sede está en Xerusalén.

Tribunal Supremo de Israel
TipoTribunal supremo
Data de fundación1948
Presidente/aEsther Hayut (pt) Traducir (2017-) Editar o valor em Wikidata
SedeSupreme Court of Israel building
PaísIsrael
31°46′51″N 35°12′13″L / 31.780833, 35.203611
Na rede
https://supreme.court.gov.il/
editar datos en Wikidata ]

Características editar

O Tribunal Supremo está á cabeza do sistema xudicial do Estado de Israel e ten unha dupla función. Dunha parte é a máxima instancia de apelación en material civil e penal e doutra encárgase da revisión xudicial das medidas do goberno.[1][2]

Os fallos do Tribunal Supremo son de obrigado cumprimento no país agás para ela mesma, seguindo o principio de stare decisis.[3] As súas decisións gañan notoriedade internacional cando se pronuncian sobre cuestións derivadas do conflito árabe-israelí, os dereitos dos árabes de Israel ou a corrupción no goberno.

O número de xuíces determínao a Knesset, actualmente está fixado en 15. Os seus membros son designados polo Presidente do Estado de Israel seguindo o consello dunha comisión especial composta por xuíces do Tribunal Supremo, do Colexio de Avogados e personalidades públicas.[4] Os xuíces son cargos vitalicios pero cesan ao cumprir os 70 anos de idade, aquel que leve máis tempo servindo no Tribunal é o presidente.[5]

Notas editar

  1. "The Judiciary: The Court System" (en inglés). Ministerio de Asuntos Exteriores de Israel]. Consultado o 5 de xaneiro de 2016. 
  2. "Israel’s high court unique in region". The Boston Herald (en inglés). 9 de setembro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 1 de maio de 2011. Consultado o 5 de xaneiro de 2016. 
  3. "Legal Research Guide: Israel". Library of Congress. Consultado o 31-1-2021. 
  4. "Estado: poder xudicial". Embaixada de Israel en Madrid. Consultado o 31-1-2021. 
  5. "Basic Law: judiciary (1984)". Knesset. Consultado o 31-1-2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar