Trezenzonio foi un monxe galego ao que a tradición atribúe a proeza de poder divisar e ata visitar unha das illas do Paraíso. As súas aventuras foron recollidas no Trezenzonii de Solistitionis Insula Magna, un códice medieval redactado en latín no século XI.

Infotaula de personaTrezenzonio
Actividade
Ocupaciónmonxe Editar o valor em Wikidata
Imaxe da Torre de Hércules, desde onde Trezenzonio divisou a Illa Magna do Solstiticio.

Historia editar

Tras ser saqueada Galicia por unha das múltiples razzias coa que os musulmáns atribularon a rexión no século VIII, Trezenzonio dirixiuse á Torre de Hércules da Coruña. Alí dirixiu a súa mirada cara ao mar, onde con axuda dos primeiros raios do amencer puido divisar a chamada Grande Illa do Solsticio (Magna Insula Solistitionis), que estaba consagrada a Santa Tegra. Decidiu navegar cara a aquel lugar e tras desembarcar na illa arribou á cidade de Cesárea, onde destacaba unha gran basílica adornada con xoias e pedras preciosas. O clima naquela illa era delicioso, e había comida en abundancia. A dor, a fame, o medo e as desgrazas eran inexistentes. Permaneceu nela durante sete anos e, unha vez transcorrido este tempo, un anxo aparecéuselle e encomendoulle navegar de regreso a Galicia.

Por resistirse ás ordes divinas foi castigado coa lepra, e tivo que contemplar impotente como se podrecían durante o traxecto de regreso as probas que sobre a existencia da Grande Illa do Solsticio acumulara na nave. Trezenzonio, arrepentido, dirixiuse tralo seu desembarco á cidade de Tui, onde se atopou con Adelfio, bispo da cidade.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Díaz y Díaz, M. C. (1985). Visiones del Más Allá en Galicia durante la Alta Edad Media, Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos.
  • Azevedo, Pedro de (1918). "Viagem á ilha de Solistitionis (Ms. do século XIV)". Boletim da Classe de Letras. 12, 622-629. Academia das Ciências de Lisboa.

Ligazóns externas editar