O Trenhotel é a marca comercial dos servizos de trens nocturnos de longa distancia e de gama media-alta operados por Renfe Operadora en España. O servizo realízase con trens Talgo e conecta gran parte de España e algunhas cidades de Portugal. No pasado tamén conectaba con cidades de Francia, Italia e Suíza.

Trenhotel Salvador Dalí na estación de Milano Centrale

Ten asentos en turista e preferente, cabinas de 4 camas en turista e de 1 ou 2 en preferente ou gran clase. O acceso está adaptado a discapacitados e posúe cafetería.

Dende o punto de vista físico, é un tren Talgo das series IV, V, VI ou VII con posible rodadura desprazable que foi reformado por dentro contendo moitos dos coches camas para viaxar de noite.

Frota editar

Os Trenhotel están compostos por Locomotora e composicións Talgo, sendo empregadas as seguintes composicións nas seguintes relacións:

  • Trenhotel rutas internacionais con cambio de ancho de vía:
    • Locomotora 252 o 269 ata a fronteira e locomotoras propias do país a partir de ela + rama Talgo-VI camas de rodadura desprazable. As prazas sentadas son clase única con características de preferente. A empresa que xestiona estas rutas é Elipsos.
  • Trenhotel rutas nacionais:
    • Locomotora 269/252 nos tramos electrificados ou diésel nos non electrificados + rama Talgo-IV camas ou Talgo-VI camas. O 26 de xaneiro de 2009 comezaron a circular os novos Trenhotel serie VII substituíndo ao Estrella Galicia nos percorridos Barcelona-Vigo/A Coruña.
  • Trenhotel Lusitania:
    • Locomotora diésel ata a fronteira e locomotora portuguesa en adiante + rama Talgo-IV

Galería de imaxes editar

Percorridos editar

Rutas actuais editar

Rutas nacionais
Trenhotel Alhambra Barcelona-Sants · Tarragona · Salou · Castelló de la Plana · València-Nord · Almansa · Albacete · Alcázar de San Juan · Linares-Baeza · Granada
Trenhotel Atlántico Madrid-Chamartín · Ávila · Medina del Campo · Valladolid-Campo Grande · Venta de Baños · Palencia · León · Veguellina · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Curtis · Guitiriz · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Pontedeume · Ferrol
Trenhotel
Galicia
Barcelona-Sants · Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos
>
ruta A Coruña: Sarria · Lugo · Curtis · Guitiriz · Betanzos-Infesta · A Coruña
ruta Vigo: Ourense-Empalme · Guillarei · O Porriño · Redondela · Vigo-Guixar
Trenhotel
Rías Galegas
Madrid-Chamartín · Ávila · Medina del Campo · Zamora · Puebla de Sanabria · A Gudiña · Ourense-Empalme
>
ruta A Coruña: O Carballiño · Santiago de Compostela · A Coruña
ruta Vigo: Ribadavia · Guillarei · O Porriño · Redondela · Vigo-Guixar · Pontevedra
Trenhotel
Rosalía de Castro
Barcelona-Sants · Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Logroño · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Santiago de Compostela · A Coruña
Rutas internacionais
Trenhotel Lusitania Madrid-Chamartín · Ávila · Medina del Campo · Salamanca · Ciudad Rodrigo · Fuentes de Oñoro · Villar-Formoso · Guarda · Celorico da Beira · Mangualde · Santa Comba-Dao · Coímbra · Pombal · Caxarias · Entroncamento · Lisboa-Oriente · Lisboa-Santa Apolónia
Trenhotel Surexpreso Hendaia · Irún · Donostia · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Valladolid-Campo Grande · Medina del Campo · Salamanca · Fuente de San Esteban-Boadilla · Ciudad Rodrigo · Fuentes de Oñoro · Villar-Formoso · Guarda · Vila Franca das Naves · Celorico da Beira · Mangualde · Nelas · Santa Comba-Dao · Pampilhosa · Coímbra · Pombal · Fátima · Entroncamento · Lisboa-Oriente · Lisboa-Santa Apolónia

Antigas rutas editar

Nacionais:

Internacionais:

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar