Travestismo

práctica de vestirse de forma tradicionalmente asociada ao sexo oposto

O travestismo é unha conduta que consiste en utilizar a roupa e os complementos que socialmente son aceptados para as persoas do xénero oposto.[1] Dáse principalmente nestes casos:

  • Naquelas persoas que o practican por motivos artísticos para crear unha personaxe na que se transforman (transformismo).
  • Naquelas persoas que experimentan unha discordancia entre o sexo mental e o biolóxico (transexualidade)
  • Naquelas persoas que experimentan excitación sexual ao travestirse. Neste caso pode constituír unha parafilia.

O desexo de adoptar por breves períodos o modo de vestir do outro xénero é común á humanidade. Durante o entroido é tradicional a inversión nos roles de xénero. As representacións teatrais válense tamén do travestismo na interpretación de papeis femininos por actores homes. Na China e no Xapón esta tradición dase tamén nos palcos.[2]

Parafilia editar

O travestismo como parafilia foi descrito por primeira vez por Magnus Hirschfeld en 1925, no Instituto de Ciencias Sexolóxicas de Berlín. Aquelas formas de travestismo nas que este é o único modo de acadar a excitación sexual considéranse unha parafilia. O travestismo pode darse tanto entre homes homosexuais como entre heterosexuais, e é máis frecuente entre estes últimos. Dende o punto de vista psicodinámico este feito considérase manifestación de impulsos homosexuais latentes.[3]

No travestismo non hai rexeitamento da propia identidade sexual, da propia sexualidade nin dos caracteres sexuais secundarios, o individuo segue sentíndose pertencente ao seu propio xénero, e só en determinadas ocasións prefire adoptar o aspecto de xénero contrario.

Notas editar

  1. BARRIOS MARTÍNEZ, D. (2006). En las alas del placer: Como aumentar nuestro goce sexual. Editorial Pax México. ISBN 9688607517.  (en castelán)
  2. NAVARRO LINS, R.; BRAGA, F. O livro de ouro do sexo. Ediouro Publicações. ISBN 8500016337.  (en portugués)
  3. MONTEJO GONZÁLEZ, A.L. (2005). Sexualidad, psiquiatría y cultura . Editorial Glosa, S.L. ISBN 8474292611.  (en castelán)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar