Tratado de Edimburgo-Northampton

O Tratado de Edimburgo-Northampton foi un tratado de paz, asinado en 1328 polos reinos de Inglaterra e Escocia. Supuxo fin á Primeira Guerra de Independencia de Escocia que comezara coa invasión inglesa de Escocia en 1296. O tratado foi asinado en Edimburgo por Roberto I, Rei de Escocia, o 17 de marzo de 1328, e foi ratificado polo Parlamento inglés en Northampton o 1 de maio. O documento foi escrito en francés e está en poder do "National Archives of Scotland" en Edimburgo.

Os termos do tratado establecían que, en troques de £20,000 libras, a Coroa Inglesa recoñecería:

  • O Reino de Escocia como unha nación totalmente independente;
  • A Robert the Bruce, e os seus herdeiros e sucesores, como os gobernantes lexítimos;
  • A fronteira entre Escocia e Inglaterra como fora durante o reinado de Alexandre III (1249-1286).

A guerra editar

A causa das Guerras de independencia de Escocia foi motivada pola incerteza da sucesión na Coroa Escocesa despois da morte de Alexandre III en 1286. Eduardo I de Inglaterra apoiou inicialmente a candidatura de John Balliol, quen foi coroado como Rei dos Escoceses en 1292, pero finalmente expresou o seu propio reclamo de soberanía sobre Escocia. Despois do exilio de Balliol, Robert the Bruce reclamou tamén o seu dereito á coroa, ofrecendo unha resistencia a Eduardo. Roberto I declarouse a si mesmo Rei, e coroouse en 1306. Logo diso inflixiu unha derrota decisiva ós ingleses, que estaban baixo o mando de Eduardo II, na Batalla de Bannockburn en 1314.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar