O Tratado de Delft (en neerlandés: Zoen van Delft), coñecido tamén como Reconciliación de Delft, foi un tratado asinado o 3 de xullo de 1428 na cidade de Delft, na Holanda Meridional, entre Jacqueline de BabieraFilipe o Bo na súa condición de Conde de FlandresDuque de Borgoña.[1][2]

Retrato de Jacqueline de Baviera, Condesa de Holanda e Hainaut, unha das asinantes do tratado
Retrato de Filipe o Bo, terceiro Conde de Borgoña.

O acordo puxo fin ás hostilidades coñecidas como "guerra do anzol e o bacallau" (en neerlandésHoekse en Kabeljauwse twisten), que tiveron lugar desde 1350 na Frisia occidental e no Condado de Holanda, entre os "anzois" (a nobreza conservadora), apoiados por Inglaterra, e os "bacallaus" (burgueses das vilas progresistas de Holanda), apoiados polo Condado de Flandres.

Consonte os termos do acordo, Jacqueline mantivo nominalmente o título de Condesa de Holanda, Zelandia e Hainaut, aínda que sería Filipe o Bo quen administraría o goberno dos tres condados. Ademais, se Jacqueline chegase a morrer sen descendencia, Filipe o Bo sería declarado herdeiro do trono dos tres condados. Estableceuse tamén a prohibición de que Jacqueline casase novamente sen o consentimento expreso de Filipe.

Cando Jacqueline casou con Frank van Borssele, en 1432, sen o acordo de Filipe o Bo, o tratado considerouse quebrantado e Filipe pasou a tomar o control total dos tres condados.

Notas editar

  1. Tratado de Delft. En Historiek.net. (En neerlandés)
  2. "Jacoba van Beieren en de Zoen van Delft". En Entoen.nu. (En neerlandés)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • Dorit-Maria Krenn, Joachim Wild. ,,fürste in der ferne", Das Herzogtum Niederbayern-Straubing-Holland 1353-1425 (=Hefte zur bayerischen und Kultur. Vol.28). Haus der Bayerischen Geschichte. Augsburg. 2003. [ISBN 3-927233-86-2].
  • Joachim Wild. Holland. Die Wittelsbacher an der Nordsee (1346-1436). En Alois Schmidt; Katharina Weigand. Bayern mitten in Europa. Vom Frühmittelalter bis ins 20. Jahrhundert. C. H. Beck. Múnic. 2005. [ISBN 3-406-52898-8] Páxinas 92–106.

Ligazóns externas editar