Trastorno de personalidade esquizoide

trastorno de personalidade severo

O trastorno de personalidade esquizoide é un trastorno de personalidade primariamente caracterizado por falta de interese en relacións sociais, tendencia ao illamento e á introspección, e friaxe emocional, e simultaneamente por unha rica e elaborada actividade imaxinaria interior[1]. Aínda que os termos sexan parecidos, o trastorno de personalidade esquizoide non é o mesmo que esquizofrenia (aínda que haxa unha prevalencia maior de persoas con este trastorno en familias con esquizofrenia e ambos compartan características como distanciamento ou embotamento afectivo).[2][3][4]

Trastorno de personalidade esquizoide
Clasificación e recursos externos
ICD-10F60.1
ICD-9301.20
MedlinePlus000920
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Historia editar

O termo "esquizoide" foi creado en 1908 por Eugen Bleuler para designar unha tendencia de dirixir a atención para a vida interior en vez de para o mundo exterior, un concepto próximo da "introversión" de Carl Jung. Bleuler tamén designou o esaxeración mórbida mais non-psicótica desa tendencia como a "personalidade esquizoide".

Desde entón, os estudos sobre a personalidade esquizoide teñen seguido dous camiños distintos: por un lado, a tradición da psiquiatría descritiva, que se foca no comportamento observable e nos síntomas descritibles, que é exposta nas descrición presentadas no DSM e na CID; e por outro lado, a tradición da psiquiatría dinámica, que inclúe o estudo das causas ocultas e/ou inconscientes da personalidade.

A tradición descritiva comeza coa descrición que Ernst Kretschmer (1925)[5] fai do comportamento esquizoide, que el catalogou en tres tipos de características: (1) insociabilidade, tranquilidade, reserva, seriedade e excentricidade; (2) timidez, segredo sentimental, sensibilidade, nervosismo, excitabilidade e gosto pola natureza e polos libros; e (3) docilidade, amabilidade, honestidade, indiferenza, silencio e actitudes emocionais frías. Nesas características podemos ver as raíces da división (no DSM-IV) do carácter esquizoide en tres diferentes trastornos de personalidade, aínda que o propio Kretschmer non concibise a separación deses comportamentos até ao punto do illamento radical entre eles, considerando, en vez diso, que eles se encontran simultaneamente presentes nos individuos esquizoides. Para Kretschmer a maioría dos esquizoides non son ou hipersensibles ou fríos, senón hipersensibles e fríos "ao mesmo tempo" en diferentes proporcións relativas, con tendencia para moverse entre estas dimensións dun comportamento para o outro.

O segundo camiño, da psiquiatría dinámica, comezou coa observación por Eugen Bleuler (1924)[6] de que a persoa esquizoide e a patoloxía esquizoide non son entidades que poidan ser separadas. En 1940, W.R.D.Fairbairn presentou o seu traballo sobre a personalidade esquizoide,[7] onde a maior parte do que é hoxe coñecido sobre o fenómeno esquizoide pode ser encontrado. Aí Fairbairn referiu catro temas esquizoides centrais: primeiro, a necesidade de regular a distancia interpersoal como un foco central de preocupación; segundo, a habilidade para mobilizar as defensas de auto-preservación e autoconfianza; terceira, unha difusa tensión entre a necesidade cargada de ansiedade de unión e a necesidade defensiva de distancia, que se manifesta exteriormente como indiferenza; e, en cuarto, unha super-valorización do mundo interior sobre o mundo exterior. Tras de Fairbairn, continuaron a ser feitos ricos estudos sobre o carácter esquizoide, concretamente por autores como Nannarello (1953)[8], Laing (1960)[9], Winnicott (1965)[10], Guntrip (1969)[11], Khan (1974)[12], Akhtar (1987)[13], Seinfeld (1991)[14], Manfield (1992)[15] e Klein (1995)[16].

Criterios de diagnóstico editar

O diagnóstico está baseado nas experiencias reportadas polo paciente, como tamén marcadores do trastorno observados por un profesional da saúde mental. A lista de criterios, que precisan ser alcanzados para o diagnóstico, está descrita no DSM-IV.

Criterios do DSM-IV

A última versión do Diagnostic and Statistical Manual of Mental Disorders (DSM) - a guía estadounidense amplamente usada por médicos na procura dun diagnóstico de enfermidades mentais – define o TPE[17] como: "un patrón invasivo de distanciamento das relacións sociais e un alcance restricto de expresión de emocións, que comeza no inicio da idade adulta e está presente nunha variedade de contextos".

Os criterios son (polo menos catro):[18]

  1. Non desexa nin aprecia as relacións íntimas, incluíndo ser parte dunha familia.
  2. Case sempre escolle actividades solitarias.
  3. Ten pouca, se algunha, vontade de ter relacións sexuais con outra persoa.
  4. Ten pracer en poucas actividades, se algunha.
  5. Falta de amigos íntimos ou confidentes que non sexan parentes de primeiro grao.
  6. É indiferente ás críticas ou eloxios.
  7. Mostra friaxe emocional, distancia ou afectividade limitada.

Para o DSM-V, está proposto que o trastorno de personalidade esquizoide deixe de ser considerado como un tipo específico, mais si como unha combinación de trazos de personalidade patolóxicos (retraemento social, illamento social, fuga á intimidade, afectividade restrcita, anedonía)[19]

Criterios da CID-10

A CID-10 da Organización Mundial da Saúde define o TPE[20] de forma moi semellante ao DSM-IV. Segundo a CID-10, son necesarios polo menos catro destes síntomas:

  1. Ten pracer en poucas actividades, se algunha.
  2. Mostra friaxe emocional, distancia ou afectividade limitada.
  3. Capacidade limitada para expresar tanto sentimentos de calor e tenrura como de ira para con outras persoas
  4. Aparente indiferenza ás críticas ou eloxios.
  5. Pouca vontade de ter relacións sexuais con outra persoa (atendendo á idade)
  6. Case sempre escolle actividades solitarias.
  7. Preocupación excesiva con fantasía e introspección.
  8. Falta de amigos íntimos ou confidentes (ou apenas un) e de desexo de os ter
  9. Marcada insensibilidade ás normas e convencións sociais estabelecidas

Exclúe: síndrome de Asperger, trastorno delirante, trastorno esquizoide da infancia, esquizofrenia e trastorno de personalidade esquizotípica

Perfil fenomenolóxico de Akhtar editar

Nun artigo publicado no American Journal of Psychotherapy, Salman Akhtar, M.D.,[13] fornece unha descrición alargada do trastorno de personalidade esquizoide, sintetizando as descricións clásicas e contemporáneas con obervacións psicanalíticas.

Este perfil é sumarizado na táboa reproducida abaixo, listando manifestacións clínicas en seis áreas de comportamento psicosocial e designadas como "abertas" e "encubertas".

Nótese que tal non pretende significar que haxa dous tipos de esquizoides ("abertos" e "encubertos"), senón que cada individuo esquizoide tende a ter unha faceta "aberta" que mostra ao mundo e unha faceta "encuberta" que raramente revela.

Características clínicas do trastorno de personalidade esquizoide[13][21]
Área Características
Aberto Encuberto
Auto-concepto
  • compracente
  • estoico
  • non competitivo
  • autosuficiente
  • pouco asertivo
  • sentíndose inferior e un "estraño" na vida
  • cínico
  • inauténtico
  • despersonalizado
  • alternativamente sentíndose baleiro ("como un robot") ou cheo de fantasías omnipotentes e vingativas
  • grandiosidade oculta
Relacións interpersoais
  • afastado
  • indiferente
  • poucos amigos chegados
  • impermeable ás emocións dos outros
  • medo de intimidade
  • extremadamente sensible
  • profundamente curioso
  • sedento de amor
  • envexoso da espontaneidade allea
  • necesitando intensamente de envolvemento cos outros
  • capaz de excitación con amigos íntimos coidadosamente escollidos
Adaptación social
  • prefire actividades recreativas e ocupacionais solitarias
  • marxinal ou eclecticamente sociable en grupos
  • vulnerable a movementos esotéricos debido a unha forte necesidade de pertenza
  • tendencia á preguiza e indolencia
  • falta de clareza nos obxectivos
  • fraca afiliación étnica
  • usualmente capaz de regularidade no traballo
  • por veces bastante creativo, podendo facer contribución únicas e orixinais
  • capaz de persistencia apaixonada en certas esferas de interese
Amor e sexualidade
  • asexual, por veces célibe
  • sen intereses románticos
  • aversión a boatos e insinuacións sexuais
ética, patróns e ideais
  • conviccións morais e políticas idiosincráticas
  • tendencia para intereses espirituais, místicos e para-psicolóxicos
  • inestabilidade moral
  • ocasionalmente contundentemente amoral e vulnerable a crimes bizarros, outras veces auto-sacrificándose altruisticamente
Estilo cognitivo
  • distraído
  • absorto en fantasía
  • discurso vago e empolado
  • alternando entre a elocuencia e o discurso pouco articulado
  • pensamento autista
  • flutuacións entre agudo contacto coa realidade exterior e a hiper-reflexión acerca de si
  • uso autocéntrico da linguaxe

Relacións con outros editar

As persoas que teñen trastorno de personalidade esquizoide son máis felices cando están nun relación na que o compañeiro coloca poucas esixencias emocionais ou íntimas nela, xa que non son as persoas por si só que elas queren evitar, mais ambas as emoción negativas e positivas, intimidade emocional, e auto-revelación.[22]

Iso significa que é posible para individuos esquizoides formar relacións con outros baseados en actividades intelectuais, físicas, familiares, ocupacionais e recreativas, se eses xeitos de relacionarse non esixen ou forzan a necesidade de intimidade emocional, o que o individuo irá rexeitar.

Donald Winnicott resume a necesidade do esquizoide de modular interaccións emocionais con outros co seu comentario de que estes individuos "prefiren formar relacionamentos nos seus propios termos e non nos termos dos impulsos doutras persoas"[23], e se non puideran facelo, prefiren o illamento.

As persoas con trastorno de personalidade esquizoide son vistas como distantes, frías e indiferentes, o que causa algúns problemas sociais. A maioría dos individuos diagnosticados con trastorno de personalidade esquizoide teñen dificultade en estabelecer relacións sociais ou expresar os seus sentimentos dunha maneira significativa, e poden permanecer pasivos cara a situacións desfavorables. A maneira destes de comunicarse con outras persoas ás veces pode ser indiferente e concisa. Por causa da carencia de comunicación con outras persoas, aquelas que son diagnosticadas con trastorno de personalidade esquizoide non son capaces de ter unha reflexión de si mesmas. A reflexión é importante para estes tornárense máis conscientes de si mesmos e das súas propias accións en ambientes sociais. R. D. Laing suxire que sen a existencia de inxeccións interpersoais de realidade, ocorre un empobrecemento da propia imaxe persoal, tornándose máis e máis baleira e volátil, facendo ao propio individuo sentirse irreal.[24]

Sexualidade esquizoide editar

As persoas con trastorno de personalidade esquizoide son ás veces sexualmente apáticas, aínda que non sofren normalmente de anorgasmia. Moitos esquizoides teñen unha vontade sexual normal mais algúns prefiren a masturbación en vez de lidar cos aspectos sociais de buscar un compañeiro sexual. Por iso, as necesidades sexuais destes poden parecer menores que aqueles que non teñen trastorno de personalidade esquizoide, xa que prefiren permanecer sós e disociados. Cando practican sexo, individuos con trastorno de personalidade esquizoide frecuentemente senten que o seu espazo persoal está sendo violado, e normalmente cren que a masturbación ou abstinencia sexual é preferible á proximidade emocional que eles precisan tolerar cando teñen sexo.[8][11] Expandindo significativamente ese retrato, hai notables excepcións de individuos con trastorno de personalidade esquizoide que si teñen ocasionalmente, ou mesmo frecuentemente, actividades sexuais con outros.[25]

Harry Guntrip[26] describe o "affair sexual secreto" introducido por algúns individuos esquizoides casados como unha tentativa de reducir a cantidade de intimidade emocional focada nunha única relación, un sentimento ecoado pola personalidade resignada descrita pola psicanalista alemá Karen Horney que pode excluír o sexo como sendo "moi íntimo para unha relación permanente, e no lugar satisfacer as súas necesidades sexuais cun estraño. Contrariamente, el pode máis ou menos restrinxir unha relación meramente a contactos sexuais e non compartir outras experiencias co compañeiro."[27]

Mais recentemente, Jeffrey Seinfeld, profesor de servizos sociais na New York University, publicou un volume sobre o trastorno de personalidade esquizoide[28] no que detalla exemplos de "fame esquizoide" que se pode manifestar como promiscuidade sexual, dando o exemplo dunha muller esquizoide que ía a varios bares a quedar con outros homes polo propósito de gratificación sexual, mais impersoal, un acto que, segundo Seinfeld, aliviaba os seus sentimentos de desexo e baleiro.

Diagnóstico diferencial editar

O trastorno de personalidade esquizoide ten semellanzas con outras condicións psicolóxicas, mais con importantes características distintivas:

  • Depresión: Aínda que as persoas con trastorno de personalidade esquizoide poden tamén sufrir de depresión, isto non é certamente sempre o caso. Ao contrario das persoas deprimidas, os esquizoides xeralmente non se consideran inferiores a outros, aínda que probablemente recoñecerán que son diferentes.
  • Trastorno de personalidade esquiva: ao contrario destes, os esquizoides non evitan a interacción social debido á ansiedade ou sentimentos de incompetencia, senón porque son xenuinamente indiferentes ás relacións sociais; aínda que, segundo un estudo de 1989[29] detectouse que as personalidades esquizoide e esquiva demostran niveis equivalentes de ansiedade, depresión e tendencias psicóticas en comparación a outros pacientes controlados por psiquiatras. Un paciente con trastorno de personalidade esquizoide observou que o coñecemento previo, as expectativas e suposicións poderían resultar neses niveis elevados. Os pacientes poden mentalmente simular escenarios ameazadores para diluír os efectos negativos.
  • Trastorno de personalidade esquizotípica: O trastorno esquizoide distínguese do Esquizotípico pola ausencia de distorsións cognitivas ou perceptivas, como ilusións ou delirios.
  • Autismo de alta funcionalidade e Síndrome de Asperger: ao contrario destas perturbación do espectro do autismo, o trastorno esquizoide non envolve déficit na comunicación non-verbal ou un patrón de intereses restrictos e comportamentos repetitivos (como a adhesión ríxida a rutinas ou un interese obsesivo por un mesmo tema). Comparado coa SA, o trastorno esquizoide está caracterizado por unha maior tendencia a trastornos de conduta, mellor equilibrio na idade adulta, e a un lixeiramente maior risco de esquizofrenia.[30]

Problemas asociados editar

Mediante estrés, algunhas persoas con personalidade esquizoide poden ocasionalmente experimentar breves instantes de reacción psicótica[31].

Os individuos esquizoides tamén son propensos a desenvolver dependencia patolóxica de actividades fantasiosas concomitante ao seu afastamento do mundo. Vista por esa óptica, a fantasía constitúe un compoñente chave do exilio persoal[32], aínda que nun exame máis próximo, fantasiar nos individuos esquizoides é ben máis complicado que un medio de facilitar a reclusión. A fantasía é tamén unha relación co mundo e con outros por medio dunha "procura". É unha relación substituta, mais é unha relación, caracterizada por mecanismos idealizados, defensivos e compensatorios, libre das ameazas e ansiedades asociadas coa conexión emocional ás persoas e situacións reais.

De acordo con Klein, "é unha expresión de si mesmo nun esforzo de conectarse aos obxectos, aínda que sexan obxectos internos. A fantasía permítelle aos pacientes esquizoides sentirse conectados, e ao mesmo tempo libres do aprisionamento das relacións. En suma, en fantasía, alguén pode ser apegado (aos obxectos internos) e aínda así ser libre."[32]

Ese aspecto da patoloxía esquizoide foi xenerosamente elaborado en traballos de Laing (1960)[33]; Winnicott (1971)[34]; e Klein (1995)[16].

Segundo Seinfeld[35], os individuos esquizoides frecuentemente empregan substancias (drogas), que serven como substituto de relacións humanas. O substituto dun obxecto humano por un non-humano serve como defensa esquizoide. Dando exemplos de como o individuo esquizoide creu unha relación persoal coa droga, Seinfeld explica como "un viciado chamaba a heroína a súa 'mascota branca e tranquilizadora'. Outro referíase ao crack como a súa "nai malvada". Outra como o seu 'namorado'. Non todos os viciados dan nomes ás drogas, mais normalmente obsérvase o trazo dun sentimento persoal con elas."

No sentido de relacionarse con obxectos, o uso de drogas reforzan a fantasía de unión cun obxecto interno, mentres que posibilitan ao viciado ser indiferente ao obxecto do mundo exterior. O vicio é polo tanto visto como unha defensa esquizoide e simbiótica.

S. C. Ekleberry[36] suxire que a marihuana "pode ser a droga simple máis egosintónica para individuos con trastorno de personalidade esquizoide porque permite un estado disociado de fantasía e distancia doutros, provendo unha experiencia interna máis rica do que eses individuos poden normalmente crear, e reduce o sentimento interno de baleiro e fracaso de participar na vida. E tamén o alcol, xa polo facilidade da obtención, a outra escolla obvia como droga para estes individuos. Algúns tamén lle dan a todo, mais a cuestión é que son propensos a consumir en soidade para o efecto nos procesos internos." [36]

De acordo con Ralph Klein, o suicidio tamén pode ser un tema recorrente en individuos esquizoides, aínda que non son propensos a tentalo. Poden ficar amoucados e deprimidos cando todas as conexións posibles foron cortadas, mais mentres haxa algunha relación ou mesmo esperanza dunha, o risco será baixo. A idea de suicidio é unha forza contraria ás defensas da persoa esquizoide. Como Klein afirma: "Para algúns pacientes esquizoides, a idea de suicidio raramente alcanza un nivel que se manifesta na consciencia. Para outros, é unha presenza sinistra, unha espada emocional de Damocles. De calquera maneira, é un temor subxacente que todos experimentan." [37]

Prevalencia editar

As estimativas da prevalencia do trastorno esquizoide son variadas, con valores entre o 0,5% e o 7% da poboación.[38][39]

O trastorno de personalidade esquizoide é raro en contextos clínicos, aínda que isto pode ser debido a que os individuos afectados raramente procuraran auxilio psiquiátrico - Philip Manfield, no libro Split Self, Split Object (1992), comenta sobre a baixa prevalencia de portadores desta desorde: "Eu creo que a condición esquizoide é ben máis común, comprendendo probablemente arredor do 40% de todas as desordes de personalidade. Esta grande discrepancia débese moi probablemente ao feito de que os individuos coa desorde esquizoide son menos propensos a buscar tratamento que os demais con outras desordes do Eixo II."[40]

Manfield dá esta explicación por un estudo de Valliant & Drake (1985)[41] que descubriu que aproximadamente 40% dun grupo particular avaliado de homes da área central dunha cidade eran esquizoides.

Notas editar

  1. Authur S. Reber- Dictionary of Psychology, Penguin p.690 (1995)
  2. Cleveland Clinic. "What is schizoid personality disorder?". Consultado o 28 de marzo de 2012. 
  3. David Bienenfeld, MD. "Personality Disorders". Consultado o 28 de marzo de 2012. 
  4. "Schizoid Personality Disorder". Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2012. Consultado o 28 de marzo de 2012. 
  5. Kretschmer, Ernst (1925). Kegan, Paul, Trench & Trubner, ed. Physique and Character. London. ISBN 978-1-4067-4497-2. 
  6. Bleuler, Eugen (1924). Macmillon, ed. Textbook of Psychiatry. New York. 
  7. Fairbairn, William R.D. (1940,1952). "Schizoid Factors in the Personality". Psychoanalytic studies of the personality: 3–27. ISBN 0-415-05174-6. 
  8. 8,0 8,1 Nannarello, Joseph J. (1953). "Schizoid". Journal of Nervous and Mental Disease 118 (3): 237–249. 
  9. Laing, R.D. (1960). Tavistock Publications, ed. The Divided Self. ISBN 978-0-415-19818-9. 
  10. Winnicott, D. W. (1965). International Universities Press, ed. Maturational Process and the Facilitating Environment. ISBN 978-0-946439-84-3. 
  11. 11,0 11,1 Guntrip, Harry (1966). International Universities Press, ed. Schizoid Phenomena, Object-Relations, and The Self. New York. ISBN 978-1-85575-032-6. 
  12. Khan, Masud R. (1974). Karnac Publications, ed. The Privacy of the Self. ISBN 978-0-8236-4310-3. 
  13. 13,0 13,1 13,2 Akhtar, Salman (1987). "Schizoid Personality Disorder: A Synthesis of Developmental, Dynamic, and Descriptive Features". American Journal of Psychotherapy: pp. 499–518. 
  14. Seinfeld, Jeffrey (1991). Jason Aronson, ed. The Empty Core: An Object Relations Approach to Psychotherapy of the Schizoid Personality. ISBN 978-0-87668-611-9. 
  15. Manfield, Philip (1992). Jason Aronson, ed. Split self/split object: understanding and treating borderline, narcissistic, and schizoid disorders. ISBN 978-0-87668-460-3. 
  16. 16,0 16,1 Klein, Ralph (1995). Brunner/Mazel, ed. Disorders of the Self: New Therapeutic Horizons. ISBN 978-0-87630-786-1. 
  17. "Personalidade Esquizóide, Transtorno de". PsiqWeb - Portal de Psiquiatria. Consultado o 1 de abril de 2012. [Ligazón morta]
  18. "Trastorno esquizoide de la personalidad". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 29 de xuño de 2012. 
  19. "2301.20 Schizoid Personality Disorder". Proposed Revision / APA DSM-5 (en inglés). Consultado o 28 de marzo de 2012. 
  20. Organización Mundial da Saúde (1993). The ICD-10 Classification of Mental and Behavioural Disorders (PDF). Diagnostic criteria for research. p. 151. Consultado o 1 de abril de 2012. 
  21. Kelley, David. "Schizoid Personality Disorder - A Comprehensive Phenomenological Profile" (en inglés). Consultado o 28 de marzo de 2012. 
  22. Manfield, Philip (1992), p. 207
  23. Winnicott, D. W. (1965). The Family and Individual Development. p. 73. ISBN 0-415-04325-5. 
  24. R. D. Laing (1965), chapter-5 'The Inner Self of the Schizoid Condition' p.82-100
  25. Nannarello, J. (1953), p.240-242
  26. Guntrip, Harry (1966), p.303
  27. Karen Horney. "Resignation: The appeal of freedom". Neurosis and Human Growth. pp. 264–265. ISBN 0-415-21095-X. 
  28. Seinfeld, J (1991), p. 104
  29. Overholser, JC (1989). "Differentiation between schizoid and avoidant personalities: an empirical test". Canadian Journal of Psychiatry 34 (8): 785–90. 
  30. Woodbury-Smith MR, Volkmar FR (2008). "Asperger syndrome". Eur Child Adolesc Psychiatry 18: 2. doi:10.1007/s00787-008-0701-0. 
  31. American Psychiatric Association (2000). American Psychiatric Pub, ed. Diagnostic and statistical manual of mental disorders: DSM-IV-TR. p. 695. Consultado o 28 de marzo de 2012. 
  32. 32,0 32,1 Klein, R. (1995), p. 64
  33. Laing, R. D. (1960), pp. 82-100
  34. W. D. Winnicott- pp.26-38 in Playing and Reality, Routledge (1971)
  35. Seinfeld, J. (1991), p. 101
  36. 36,0 36,1 Sharon S. Ekleberry- Dual Diagnosis and the Schizoid Personality Disorder - 2000
  37. James F. Masterson & Ralph Klein- pp. 54-55 in Disorders of the Self: New Therapeutic Horizonds, The Masterson Approach, Brunner/Mazel (1995).
  38. Kalus, Oren; Bernstein, David P.; Siever, Larry J. (1995). Livesley, W. John, ed. "Chapter 4 - Schizoid Personality Disorder". The DSM-IV personality disorders (Guilford Press): 61. ISBN 978-0-89862-257-7. Consultado o 28 de marzo de 2012. 
  39. Grant, Bridget F., Ph.D.; Hasin, Deborah S., Ph.D.; Stinson,Frederick S., Ph.D.; Dawson, Deborah A., Ph.D.;Chou, S. Patricia, Ph.D.; Ruan, W. June, M.A.; e Pickering, Roger P., M.S. (2004). "Prevalence, Correlates, and Disability of Personality Disorders in the United States: Results From the National Epidemiologic Survey on Alcohol and Related Conditions". The Journal of Clinical Psychiatry 65 (7): pp. 948–958. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 1 de abril de 2012. 
  40. Manfield, P. (1992), p. 204
  41. Drake, RE; Vaillant. GE (1985). American Psychiatric Association, ed. "A validity study of axis II of DSM-III". The American journal of psychiatry 142 (5): 553–558. Consultado o 1 de abril de 2012. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • López-Ibor Aliño, Juan J. & Valdés Miyar, Manuel (dir.) (2002). Barcelona: Editorial Masson, ed. DSM-IV-TR. Manual diagnóstico y estadístico de los trastornos mentales. Texto revisado. ISBN 978-84-458-1087-3. 
  • Millon, Theodore & Davis, Roger D. Primera edición 1998. Reimpresiones 1999 (2), 2000, 2003, 2004. Barcelona: Editorial Masson, ed. Trastornos de la personalidad. Más allá del DSM-IV. ISBN 978-84-458-0518-3. 
  • – & Grossman, Seth & Millon, Carrie & Meagher, Sarah & Ramnath, Rowena. Primera edición 2001, segunda edición 2006. Barcelona: Editorial Masson & Elsevier, ed. Trastornos de la personalidad en la vida moderna. ISBN 978-84-458-1538-0. 

Ligazóns externas editar