Tranvías del Ferrol

Coordenadas: 43°32′16″N 8°12′07″O / 43.53768, -8.20197

Tranvías del Ferrol foi unha empresa ferrolá de viaxeiros que operou na cidade de Ferrol, en Narón e en Neda.

Tranvías del Ferrol S.A.

Sede de Tranvías del Ferrol en Río do Pozo, Narón.
TipoSociedade Anónima
Fundación1 de novembro de 1922
LocalizaciónAvda. dos Arrieiros, Polígono de Río do Pozo PARC. F6 F7 15578 Narón, A Coruña Galicia Galiza
Persoas claveUbaldo Barcón Sandino
IndustriaTransporte de viaxeiros
Na rede
http://www.tranviasdelferrol.com
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

As orixes da compañía están na solicitude de José Fernández Solórzano y Freire para explotar en 1904 un tranvía con motor eléctrico entre Ferrol e Santa María de Neda. Nos seus inicios a liña tiña 7 km dende a Estrada de Castela, na Porta Nova (Praza de España), e terminaba no Portazgo de Xuvia (Xuvia). En 1961 os autobuses pasaron a substituír os tranvías. As cores identificativas das súas unidades eran a branca e a azul mariña (inspirándose nas cores da bandeira de Ferrol), e co inicio do século XXI foron trocadas pola laranxa.

As súas cocheiras estaban en Freixeiro (Narón); pero nos inicios do século XXI foron vendidos os terreos nos que se situaban (para a construción de vivendas), sendo trasladadas a unha nave do polígono industrial Río do Pozo.

Cesou os seus servizos a noite do 31 de decembro de 2019.

Servizos editar

As liñas de Tranvías del Ferrol deron servizo (primeiro con tranvías e logo con autobuses) a Ferrol, Narón e Neda.

Liña Ruta
1-B Residencia - Porto
1-2 Neda - Porto
3 Porto - Caranza - Residencia
4 Canido - A Graña
7 A Faísca - Correos
9 Caranza - Correos

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar