Traballador, traballadora

persoa que traballa
(Redirección desde «Traballador»)

Un traballador é unha persoa que coa idade legal suficiente, e de forma voluntaria presta os seus servizos retribuídos. Cando non ten a idade suficiente, considérase traballo infantil. Se non presta os servizos de forma voluntaria, considérase escravitude.

Traballadores arranxando un escape de gas.

Estes servizos poden ser prestados dentro do ámbito dunha organización e baixo a dirección doutra persoa física ou persoa moral, denominada empregador ou empresario; ou ben como traballador independente ou autónomo, sendo o seu propio dono.

En España a regulación principal do traballador está contida no Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo (B.O.E. 29-03-1995), polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores. Ademais, o propio traballador, en función do emprego ou sector laboral ó que pertenza, ten o seu propio marco regulatorio, denominado Convenio colectivo.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar