Unha trabada de serpe é unha lesión que adoita dar, como resultado, feridas punzantes causadas polos cairos do animal e, ás veces, o envelenamento. O envelenamento por veleno de serpe chámase envelenamento ofídico. Aínda que a maioría das especies de serpes non son venenosas e xeralmente matan as súas presas por constrición no canto de empregar veleno, pódense atopar serpes velenosas en todos os continentes, agás na Antártida.[1] As serpes adoitan trabar as súas presas como un método de caza, pero tamén poden morder como defensa contra os depredadores. Xa que o aspecto físico das serpes velenosas pode variar, non existe forma práctica de identificar unha especie e avaliar se se debe buscar atención médica profesional.[2][3]

Trabada de serpe
Clasificación e recursos externos
DiseasesDB29733
MedlinePlus000031
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Efectos editar

O resultado das trabadas de serpes depende de diferentes factores; entre eles, a especie de serpe, a zona corporal afectada, a cantidade inxectada de veleno e o estado de saúde previo da vítima. Adoitan presentarse sentimentos de pánico e de terror despois dunha trabada de serpe, e poden producir un conxunto característico de síntomas mediados polo sistema nervioso autónomo, como latexos acelerados do corazón e náuseas.[4][5] As trabadas de serpes non velenosas tamén poden causar lesións, a miúdo por mor das laceracións causadas polos dentes da serpe, ou por unha infección resultante. Unha trabada tamén pode desencadear unha reacción anafiláctica, que pode ser mortal. As recomendacións de primeiros auxilios para as trabadas de serpes dependen das especies que habitan na rexión, xa que os tratamentos eficaces para as trabadas inflixidas por algunhas especies poden ser ineficaces para as doutras especies. O número de mortes atribuídas ás mordeduras de serpes depende da zona xeográfica.

Segundo a zona do mundo editar

Aínda que as mortes son relativamente raras en Australia, Europa e Norteamérica,[1][6][7] a morbilidade e mortalidade asociadas coas trabadas de serpes é un problema grave de saúde pública en moitas rexións do mundo, particularmente nas zonas rurais que carecen de servizos médicos. Ademais, mentres que o sur de Asia, o sueste de Asia e África subsahariana reportan o maior número de trabadas, tamén hai unha alta incidencia nos Neotrópicos e outras rexións ecuatoriais e subtropicais.[1][6][7] Cada ano, decenas de miles de persoas morren por mor de trabadas de serpes, aínda que o risco dunha mordedura pode reducirse con medidas preventivas, como o uso de calzado de protección e evitar as zonas nas que se sabe que habitan serpes perigosas.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "The Global Burden of Snakebite: A Literature Analysis and Modelling Based on Regional Estimates of Envenoming and Deaths" (11). PMC 2577696. PMID 18986210. doi:10.1371/journal.pmed.0050218. Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2009. Consultado o 30 de abril de 2017. 
  2. "Snake Venom Detection Kit: Detection and Identification of Snake Venom" (PDF). CSL Limited. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de setembro de 2009. Consultado o 30 de abril de 2017. A identificación física das serpes de Australia e Papúa Nova Guinea, é moi pouco fiable. A miúdo hai unha marcada variación de cor entre as serpes novas e adultas e o tamaño de ancho, forma e variación de cor entre as serpes da mesma especie. A identificación fiable das serpes require un coñecemento experto da anatomía da serpe, e da manipulación física da serpe 
  3. "Snakebite & Spiderbite: Management Guidelines" (PDF). Department of Health, Government of South Australia. ISBN 0730895513. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de novembro de 2009. Consultado o 30 de abril de 2017. A color das serpes marróns é moi variable e é difícil a súa identificación. Poden ser de cor marrón, vermello, marrón, gris, marrón moi escuro e poden ser de cor lisa, con pintas, raias ou bandas, e ter unha testa escura ou negra 
  4. Gold, Barry S. (1 de abril de 2002). "Bites of venomous snakes". The New England Journal of Medicine 347 (5): 347–56. ISSN 0028-4793. PMID 12151473. doi:10.1056/NEJMra013477. Consultado o 25 de xuño de 2009. 
  5. Kitchens C, Van Mierop L (1987). "Envenomation by the Eastern coral snake (Micrurus fulvius fulvius). A study of 39 victims". JAMA 258 (12): 1615–18. PMID 3625968. doi:10.1001/jama.258.12.1615. 
  6. 6,0 6,1 Chippaux, J.P. (1998). "Snake-bites: appraisal of the global situation" (PDF). Bulletin of the World Health Organization 76 (5): 515–24. PMC 2305789. PMID 9868843. Consultado o 3 de xullo de 2009. 
  7. 7,0 7,1 Gutiérrez, José María (2007). "Trends in Snakebite Envenomation Therapy: Scientific, Technological and Public Health Considerations" (PDF). Current Pharmaceutical Design 13 (28): 2935–50. PMID 17979738. doi:10.2174/138161207782023784. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de abril de 2011. Consultado o 1 de setembro de 2009. 

Véxase tamén editar