Toxicidade do cánnabis

A toxicidade do cánnabis é causada polo uso excesivo ou sobredose do cánnabis, unha substancia con propiedades psicoactivas e alucinóxenas que se obtén das plantas femininas, frutificadas e secas do Cannabis sativa.

Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Estrutura do tetrahidrocannabinol (THC).

Composición química editar

Desde o punto de vista da súa actividade pódese afirmar que os compoñentes máis interesantes son os cannabinoides, contendo ó redor dunhas 60 clases que se localizan maioritariamente na resina da mesma, o haxix, dos cales o tetrahidrocannabinol (THC) vai ser o máximo representante da súa actividade farmacolóxica.

O THC é o principal axente psicoactivo da planta e pódese establecer a seguinte relación entre a porcentaxe de THC con respecto á súa potencia:

Forma %THC Potencia
Cáñamo téxtil ≤ 0,5 Mínima
Marihuana ou grifa 0,5-25% Media/Alta
Haxix 2-20 Alta
Aceite 10-50 Máxima

Preparados editar

Os preparados para o consumo elabóranse de distintas formas, dependendo, entre outras cousas, do país de orixe, e inclúen:

  • Herba: follas e sumidades floridas picadas que se consomen fumadas:
  • Ganja (India): picado de sumidades floridas comprimidas con forma de bóla.
  • Bang, patti (India): macerados acuosos ou alcohólicos de picadura de follas secas.
  • Aceite vermello: obtense por extracción en quente da planta con disolventes orgánicos e posterior evaporación.
  • Resina: é un produto segregado pola propia planta. Coñécese como haxix e a súa presentación no mercado é en forma de barras ou comprimidos, denominados "chocolate". Fúmase asociado con tabaco na meirande parte dos casos.

Toxicocinética editar

O THC é un composto de natureza lipídica, polo que se absorbe con gran rapidez, concentrándose maioritariamente nos tecidos con elevado contido lipídico. Este composto vai sufrir un efecto de primeiro paso moi importante, é dicir, vaise metabolizar no fígado o que implica que non todo o principio activo se incorporará ó sangue (só arredor dun 2-10%).

Mecanismo de acción editar

Existen distintas vías de incorporación das substancias químicas do cánnabis ó noso organismo: a través da vía oral e da pulmonar principalmente. Esta última vai ser a máis destacada xa que ó fumar a marihuana, esta accederá máis rapidamente ó torrente sanguíneo desde onde será transportada ó resto do organismo, incluíndo o cerebro, que é un tecido con alto contido lipídico onde exercerá a maior parte dos seus efectos. Así, a marihuana afecta o cerebro da seguinte forma: unha vez nel, o THC adhírese a lugares específicos nas células nerviosas chamadas receptores de cannabinoides, afectando así á actividade das mesmas. Dependendo da área do cerebro na cal nos situemos imos ter máis ou menos receptores cannabinoides (estes atópanse en gran cantidade naquelas rexións do cerebro que exercen influencia sobre o pracer, a memoria, o pensamento, o movemento coordinado, entre outros).

A seguinte táboa recolle as rexións do cerebro nas que os receptores do cannabinoides son máis abundantes:

Rexión do cerebro Función asociada a esa rexión
Cerebelo Coordinación dos movementos corporais
Hipocampo Aprendizaxe e memoria
Codia cerebral Funcións cognitivas superiores
Núcleo accumbens Gratificación
Ganglios basais, substancia negra, pálido, putame Control dos movementos

Efectos editar

Moitos dos efectos do THC son debidos á similitude que posúe con moléculas químicas que o noso organismo ten denominadas cannabinoides endóxenos producidos naturalmente polo noso corpo. A molécula do THC vai interactuar cos receptores das células nerviosas, cos que interactúan os cannabinoides endóxenos. Hai descritos dous tipos de receptores cannabinoides, dependendo da súa localización:

Os numerosos estudos demostraron que os cannabinoides endóxenos axudan a controlar unha gran variedade de procesos mentais e físicos no cerebro, incluíndo a memoria, a dor, a reprodución e coordinación motora, entre outros. Deste xeito, cando se consome marihuana, o THC en exceso sobreestimula os receptores cannabinoides provocando alteracións do control normal dos cannabinoides endóxenos, producindo unha intoxicación que co paso do tempo pode provocar a alteración das funcións destes receptores.

Efectos tóxicos editar

 
Principais efectos físicos a curto prazo do cánnabis (texto en inglés)

O uso de marihuana pode levar a problemas de adicción a longo prazo. Elevadas doses poden producir psicose tóxica, alucinacións e sentimentos pavorosos con alteración completa da personalidade. Entre as consecuencias para a saúde producidas polo abuso da marihuana figuran:

  • Efectos agudos:
    • Deterioración da memoria a curto prazo.
    • Falta de atención.
    • Falta de coordinación e equilibrio.
    • Aumento do ritmo cardíaco.
  • Efectos persistentes (non permanentes):
    • Deterioración da memoria e das habilidades para a aprendizaxe.
  • Efectos a longo prazo (acumulativos e permanentes):

Tamén cómpre citar o efecto teratoxénico que ten o consumo de marihuana durante o embarazo, podendo incluso provocar alteracións de tipo nervioso no feto, que pode presentar choros agudos e incluso alteracións na visión en comparación cos nenos non expostos á marihuana.

Non obstante, o cánnabis non só presenta efectos adversos: cómpre tamén destacar a actividade farmacolóxica do THC como antiemético fundamentalmente para o tratamento de vómitos provocados pola aplicación de quimioterapia nos tratamentos de cancro, glaucoma e asma; tamén hai numerosos estudos que a asocian como estimulante do apetito, e o seu uso para a espasticidade na esclerose múltiple.

Diagnóstico de consumo editar

Detectouse a presenza de cannabinoides en tecidos graxos, así como tamén en feces e ouriños en consumidores da mesma. A presenza de cánnabis no plasma e ouriños pódese detectar incluso tempo despois de cesaren os seus efectos; nestes casos os métodos utilizados normalmente vannos dar unha información de consumo pero non de canto tempo hai que se consumiu. Na actualidade é de maior interese a identificación de metabolitos en sangue e ouriños; esta realízase con técnicas inmunolóxicas para a detección de cannabinoides, caracterizados pola súa gran sensibilidade e baixa especifidade. Os resultados positivos sempre han de validarse con outra técnica como (neste caso) a cromatografía de gases. O pelo tamén nos pode proporcionar unha importante información con respecto á identificación dun consumo pasado.

Réxime legal editar

Non existe autorización algunha para comercializar marihuana con fins recreativos, a excepción do que ocorre nos Países Baixos. O resto dos países adscritos á ONU teñen que seguir unha serie de trámites burocráticos para utilizar esta planta ou os seus derivados con fins científicos. As leis adoitan contemplar penas por tráfico, cultivo ou posesión para consumo propio. A dureza das penas varían segundo o país. Os Países Baixos son o único país da Unión Europea onde se permite a venda dunha cantidade máxima de 5 gramos por persoa. En España é a droga ilegal de maior consumo entre a poboación igual que no resto de Europa, xa que o seu consumo non xera unha aparente preocupación social. É un delito o seu cultivo, elaboración e tráfico, sendo unha infracción a súa posesión e consumo en lugares públicos, pero non en ámbitos privados, penados con multas e cursos de rehabilitación. E a tendencia con intención de tráfico implica penas de cárcere. O uso terapéutico está regulado con receita médica. Na actualidade existen centros de subministración de cánnabis con plans de drogodependencia como no caso do País Vasco onde dispensan cánnabis con fins terapéuticos.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Toxicología Fundamental de Manuel Repetto. 3ª Edición, Ed. Díaz de Santos Editorial Centífico-Médica, Barcelona, 1988.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar