Os toxótidos (Toxotidae, Cuvier 1816) ou peixes arqueiros, son unha familia de peixes mariños, de augas salobres e de augas doces, propios do sueste asiático e Australia, pertencente á orde dos Perciformes, suborde Percoideos.

Toxotes jaculatrix
Toxotes cazando un insecto

Morfoloxía editar

Son de corpo alto e comprimido, coa boca terminal, grande e protráctil, e a mandíbula inferior prominente. A aleta dorsal, única, presenta 4-6 fortes espiñas seguidas de 11-14 radios brandos. A aleta anal ten 3 espiñas e 15-18 radios brandos (a parte branda da aleta anal é maior que a da aleta dorsal). As pélvicas nacen por detrás das pectorais e cerca do nacemento da anal. Caudal algo fendida ou truncada.

Adoitan ter tamaños pequenos, de entre 5 e 10 cm, pero algunhas especies (T. chatareus) poden alcanzar os 40 centímetros.

Hábitat e bioloxía editar

Os toxótidos distribúense por augas da India, Filipinas, Australia e Polinesia, en augas salgadas de mar aberto, salobres e doces, especialmente nos estuarios e mangleirais.

O trazo máis característicos deste grupo, e ó que lle deben o nome común, é a forma de alimentarse, disparando chorros de auga que cuspen coa súa boca especializada (posúe unha angosta rañura no teito da boca) contra os insectos que sobrevoan a tona da auga. Os seus disparos son moi efectivos e poden alcanzar presas pousadas a 3 metros da superficie.

Taxonomía editar

A familia só contén un xénero, con sete especies:

  • Toxotes blythii, Boulenger 1892
  • Toxotes chatareus, Hamilton 1822)
  • Toxotes jaculatrix, Pallas, 1767)
  • Toxotes kimberleyensis, Allen 2004
  • Toxotes lorentzi, Weber 1910
  • Toxotes microlepis, Günther 1860
  • Toxotes oligolepis, Bleeker 1876

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar