Unha townland, en inglés, ou baile fearainn, en irlandés, é unha división xeográfica territorial menor usada en Irlanda, é de orixe gaélica, anterior á invasión normanda[1][2][3][4] e a maioría dos nomes veñen do irlandés.[2] Así e todo hai algúns que proceden dos señoríos normandos ou son creacións posteriores do Ordnance Survey.[5][6]

Típica distribución das townlands nunha parroquia civil irlandesa
Non é corrente que haxa indicadores nos límites das townlands, agás casos illados como neste caso

Antecedentes editar

En Irlanda, unha townland é polo común a máis pequena división administrativa, non obstante hai uns poucos extensos townlands divididos aínda en hundreds.[7] O concepto de townlands ten a súa orixe no sistema gaélico de división da terra, e existen evidencias deste sistema en rexistros eclesiásticos desde antes do século XII[8] non foi ata principios do século XVII cando a administración inglesa comezou a cartografialo e definilo co propósito de fraccionar e confiscar a terra para investidores ou terratenentes ingleses.[7]

Etimoloxía e evolución editar

O termo inglés townland deriva do inglés antigo tun, que denota un recinto.[9] O termo describe a unidade máis pequena de división territorial irlandesa, baseada en diversas clases de división terriotrial gaélica, moltas das cales teñen os seus propios nomes.

A forma irlandesa baile, adaptada ao inglés como "bally", é o elemento máis usado nos nomes das townland irlandesas,[10] que na lingua actual denota vila ou asentamento urbano, aínda que o seu significado preciso na Irlanda antiga non está claro xa que as cidades non tiñan cabida na antiga organización social gaélica[10] O termo irlandés moderno é baile fearainn (plural: bailte fearainn), e fearainn quere dicir "terra, territori, barri". Deriva da raíz protoindoeuropea *wer-, relacionada coa palabra inglesa ware, un ben valioso.

Os normandos, malia non ter unha influencia importante nos nomes das townlands, adaptaron algúns para o seu propio uso, posiblemente pola semellanza entre o gaélico baile e o normando bailey, "asentamento".[11]

En gran parte do Ulster, as townlands coñecíanse como “ballyboes" (irlandés: baile bó, “terra “da vaca[12]),[13] e representaba unha zona de valor económico pastoral.[12] No condado de Cavan, unidades semellantes chamábanse "polls", e nos condados de Fermangh e Monaghan coñecíanse como "tates" ou ”taths".[10][12][13] Eses nomes parecen ser de orixe inglesa, pero naturalizados ben antes de 1600.[12] Nos nomes das townland modernas, o prefixo pol- está amplamente estendido en todo o oeste de Iranda[12] Mentres que as townlands modernas co prefixo tat- están só presentes na diocese de Clogher (que atangue os condados de Fermanagh, Monaghan, e a baronía de Clogher no condado de Tyrone.[14]

No condado de Tyrone observábase a seguinte xerarquía de división da terra: "ballybetagh" (irlandés: baile biataigh), "ballyboe", "sessiagh" (irlandés: séú cuid, sexta parte dun cuarto) "gort" e "quarter" (irlandés: ceathrú).[10] En Fermanagh era: "ballybetagh", "quarter" e "tate".[10].

No Ulster a ballybetagh era a unidade territorial controlada por un sept, tipicamente contiña arredor de 16 townlands. A fragmentación de ballybetaghs producía unidades constituídas por catro, oito ou doce townlands. Unha desas unidades fragmentadas, "quarter" (un cuarto do ballybetagh), era a denominación universal de terra recollida na enquisa de 1608 para o condado de Donegal.[15] A principios do século XVII, un 20% da superficie total do oeste do Ulster quedaba baixo o control da igrexa. Estas terras “termon" consistían en ballybetaghs e ballyboes, pero dirixíanas erenaghs no lugar de septs.[15]

Extensión editar

A superficie media dunha townland é de 325 acres (132 ha),[16] pero varían amplamente, así na enquisa de 1861, William Reeves constatou que a máis pequena era Old Church Yard, preto de Carrickmore, na parroquia de Termonmagurk, no condado de Tyrone con 0,625 acres (0,253 ha)[17] e a máis grande con 7 012 acres (2 838 ha) era Sheskin, na parroquia de Kilcommon, no condado de Mayo.[18]

O ballyboe (unha unidade de townland unit usada no Ulster) describíase en 1608 como sesenta acres de terra arable, pradarías e pastos; pero isto é equívoco, xa que o tamaño das townlands baixo o sistema gaélico variaba dependendo da súa calidade, situación e potencial económico.[10][13] Este potencial económico flutuaba debido á extensión de terra requirida para pastar o gando e á terra precisa para sustentar varias familias.[13] A meirande densidade de unidades townlands rexistradas no Ulster en 1609 corresponden ás áreas coas valoracións máis altas de terras en 1860.[13]

Parece que moitas zonas ermas non se dividiron en townlands ata hai pouco. Esas áreas compartíanas os habitantes dunha parroquia ou baronía como pastos comúns de verán.[19]

Estandarización editar

A longo do século XIX a sección irlandesa do Ordnance Survey realizou gran número de mapas co propósito de axudar á recadacción de impostos e taxas, documentando e estandarizando os límites de máis de 60 000 townlands en toda a illa de Irlanda. Este proceso con frecuencia incluía a división e unión dos townlands existentes, así como definir os límites das townlands en zonas de montaña ou turbeiras que ata o momento quedaran fóra do sistema de townland .[8] No século XX seguíronse a realizar lixeiros axustes, así en 1901 había 60 462 townlands e en 1911 eran 60 679.[20]

Uso actual editar

 
Un típico letreiro no condado de Tyrone indicando que esa parte da estrada pasa pola townland de Cavanreagh

As Townlands forman a base de unidades administrativas maiores, como as parroquias e as divisións electorais, en Irlanda, e dos wards, en Irlanda do Norte). Antes de 1972, as townlands incluíanse en todos os enderezos postais da illa pero en 1972 o Royal Mail decidiu que incluílas no enderezo era un elemento obsoleto, así en Irlanda do Norte,[8] recoméndabase non incluílas e substituílas por números das casas, nomes de estradas e códigos postais.[8] Como resposta xurdiu a, "Townlands Campaign" como protesta contra os cambios, e en pleno conflito de Irlanda do Norte, a campaña foi un raro exemplo de unidade entre católicos e protestantes, entre nacionalistas irlandeses e unionistas.[8] e aínda que a medida acabou realizándose, agás no condado de Fermanagh, onde se mantivo a tradición de incluías.[8] En 2001 a Asemblea de Irlanda do Norte aprobou unha moción pedíndolles aos departamentos gobernamentais a facer uso das townland en correspondencia e publicacións.

Na República de Irlanda, as townlands continúan a se usar nos enderezos, aínda así en 2005 anunciouse a introdución dun sistema de códigos postais que se está a implantar en 2015 [21] pero aínda as townlands son os enderezos predominantes nas zonas rurais.

Sistemas semellantes editar

Inglaterra editar

Inglaterra tivo un sistema de división da terra de orixe premedieval pero que non chegou ao século XX. O sistema incluía: vills, trefs; towns; townships; baileys, hundreds e shires.[11]

Escocia editar

En Escocia, os límites das townland perdéronse durante as melloras agrícolas do século XIX. As townlands chamábanse tamén fermlands.

Illa de Man editar

Existen similitudes entre a noción das townlands en Irlanda e a división tradición da illa de Man en treens, que se subdividen en quarterlands.[22]

Notas editar

  1. Barry, Terry (2000). "Rural settlement in medieval Ireland". A history of settlement in Ireland. Routledge. p. 114. 
  2. 2,0 2,1 Colfer, Billy (2004). "Prehistoric and early Christian landscapes". The Hook Peninsula. Cork University Press. p. 29. 
  3. Graham, Brian (2003). "Ireland: Economy and Society". A companion to Britain in the later Middle Ages. Wiley-Blackwell. p. 149. 
  4. Clarke, Howard; Prunty, Jacinta; Hennessy, Mark (2004). Surveying Ireland's Past. Geography Publications. p. 113. 
  5. Connolly, S. J., Oxford Companion to Irish History, page 577. Oxford University Press, 2002. ISBN 978-0-19-923483-7
  6. Maxwell, Ian, How to trace your Irish ancestors, páxina 16. howtobooks, 2009. ISBN 978-1-84528-375-9
  7. 7,0 7,1 Fossa Historical Society. "Chapter 23 – Of Gneeves" (PDF). Consultado o 3 January 2012. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 Reid, Bryonie (2005). "Identity, locality and the townland in Northern Ireland". Senses of Place: Senses of Time. Ashgate Publishing. pp. 47–60. 
  9. Ballymun, A History: Volumes 1 & 2, c. 1600–1997 Arquivado 19 de outubro de 2013 en Wayback Machine. by Dr. Robert Somerville-Woodward, BRL 2002.
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 10,5 Mac Mahon, Michael. "Townlands". Old Territorial Divisions & Land Measures. Clare County Library. 
  11. 11,0 11,1 Canavan, Tony; Every Stoney Acre has a Name: a celebration of the townland in Ulster. Federation for Ulster Local Studies, 1991. ISBN 0-9518279-0-1
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 Robinson 2000, p.25
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 13,4 Robinson 2000, pp. 13–14
  14. Robinson, Philip (2000). The Plantation of Ulster. Ulster Historical Foundation. ISBN 978-1-903688-00-7, pax. 25
  15. 15,0 15,1 Robinson 2000, pp.22-23
  16. Adams, G. Brendan (1978). "Prolegomena to the study of Irish place-names". Nomina 2: 49–50. ; cited in Dolan, Terence Patrick (2006). "townland". A dictionary of Hiberno-English : the Irish use of English (2nd ed.). Dublin: Gill & Macmillan. 
  17. Reeves 1861, p.476
  18. Reeves 1861, pp.475–6
  19. Evans, E Estyn (2000). "Bally and Booley". Irish Folk Ways. Courier Dover Publications. pp. 28–29. 
  20. "Digitization of Irish 1901 and 1911 census records". Census of Ireland 1901/1911 and Census fragments and substitutes, 1821-51. National Archives of Ireland. Consultado o 22 May 2014. 
  21. Eircode
  22. Coakley, Frances (2000). "Treens and Quarterlands". A Manx Notebook. isle-of-man.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2013. Consultado o 07 de abril de 2015.