Tour de Francia 2012

O Tour de Francia 2012 foi a 99ª edición da carreira ciclista mais importante do mundo. O seu percorrido comezou o 30 de xuño na cidade belga de Liexa e rematou o 22 de xullo en París.

Modelo:Competición deportivaTour de Francia 2012
Imaxe
TipoTour de Francia Editar o valor em Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor em Wikidata
Parte deUCI World Tour 2012 Editar o valor em Wikidata
Distancia do evento3.494,4 km Editar o valor em Wikidata
Lugar de saídaLiexa Editar o valor em Wikidata
Liña de metaParís Editar o valor em Wikidata
Número de participantes198, inicio
153, final Editar o valor em Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
PaísFrancia, Bélxica e Suíza Editar o valor em Wikidata
Intervalo de tempo30 de xuño de 2012 – 22 de xullo de 2012 Editar o valor em Wikidata
Número de edición99 Editar o valor em Wikidata
Competición

Gañador da clasificación xeral Bradley Wiggins
Segundo da clasificación xeral Christopher Froome
Terceiro da clasificación xeral Vincenzo Nibali
Gañador da clasificación por puntos Peter Sagan
Gañador da clasificación da montaña Thomas Voeckler
Vencedor da classificação dos jovens Tejay van Garderen
Winner of the most combative rider Chris Anker Sørensen
Vencedora da classificação por equipas RadioShack-Nissan 2012
Editar o valor em Wikidata
Outro
Páxina web oficialletour.fr… Editar o valor em Wikidata

2011 Editar o valor em Wikidata
2013 Editar o valor em Wikidata

Os equipos participantes foron 22, 18 deles de categoría UCI ProTour (primeira división do ciclismo) e os outros 4 de categoría UCI Profesional Continental, convidados pola organización da carreira. O número de ciclistas participantes foi polo tanto de 198 (9 por equipo).

A carreira presentou as ausencias salientables de Alberto Contador (sancionado pola UCI por dopaxe) e Andy Schleck (cunha fractura no óso sacro). Ningún ciclista galego participou nesta edición.

O autraliano Cadel Evans presentábase na carreira coa misión de defender a vitoria acadada na edición 2011, pero non foi quen de conseguilo. O británico Bradley Wiggins acadou o seu primeiro triunfo nun Tour de Francia e nunha das grandes voltas, dominando con autoridade as dúas contra o reloxo longas, e axudado por un potente equipo, o Sky, no que tamén salientou Chris Froome, que rematou a carreira no segundo posto da clasificación xeral. Terceiro foi o italiano Vincenzo Nibali.

Equipos participantes editar

Equipo Cód.UCI Categoría Xefe de filas
  BMC Racing Team BMC UCI ProTour   Cadel Evans
  RadioShack-Nissan RSN UCI ProTour   Frank Schleck
  Team Europcar EUC Prof.Continental   Thomas Voeckler
  Euskaltel-Euskadi EUS UCI ProTour   Samuel Sánchez
  Lampre-ISD LAM UCI ProTour   Michele Scarponi
  Liquigas-Cannondale LIQ UCI ProTour   Vincenzo Nibali e   Ivan Basso
  Garmin-Sharp GRM UCI ProTour   Ryder Hesjedal
  Ag2r-La Mondiale ALM UCI ProTour   Jean-Christophe Péraud e   Nicolas Roche
  Cofidis COF Prof.Continental   Rein Taaramäe e   David Moncoutié
  Saur-Sojasun SAU Prof.Continental   Jérôme Coppel
  Sky SKY UCI ProTour   Bradley Wiggins
  Lotto-Belisol LOT UCI ProTour   Jurgen Van den Broeck
  Vacansoleil-DCM LEO UCI ProTour   Lieuwe Westra
  Team Katusha KAT UCI ProTour   Denis Menchov
  FDJ FDJ UCI ProTour   Sandy Casar
  Rabobank Cycling Team RAB UCI ProTour   Robert Gesink
  Movistar Team MOV UCI ProTour   Alejandro Valverde
  Saxo Bank SAX UCI ProTour   Jonathan Cantwell e   Chris Anker Sørensen
  Astana AST UCI ProTour   Janez Brajkovič e   Alexander Vinocurov
  Omega Pharma-QuickStep OQS UCI ProTour   Levi Leipheimer
  Orica-GreenEDGE OGE UCI ProTour   Simon Gerrans
  Argos-Shimano VCD Prof.Continental   Marcel Kittel

Etapas editar

Etapa Data Percorrido km Gañador Líder
Prólogo 30 de xuño   Liexa   6,1 (CRI)   Fabian Cancellara   Fabian Cancellara
1.ª 1 de xullo   Liexa-  Seraing   180   Peter Sagan   Fabian Cancellara
2.ª 2 de xullo   Visé-  Tournai 188   Mark Cavendish   Fabian Cancellara
3.ª 3 de xullo Orchies-Boulogne-sur-Mer   197   Peter Sagan   Fabian Cancellara
4.ª 4 de xullo Abbeville-Ruán 214   André Greipel   Fabian Cancellara
5.ª 5 de xullo Ruán-Saint-Quentin 197   André Greipel   Fabian Cancellara
6.ª 6 de xullo Épernay-Metz 210   Peter Sagan   Fabian Cancellara
7.ª 7 de xullo Tomblaine-La Planche des Belles Filles   199   Chris Froome   Bradley Wiggins
8.ª 8 de xullo Belfort-  Porrentruy   154   Thibaut Pinot   Bradley Wiggins
9.ª 9 de xullo Arc-et-Senans-Besançon   38 (CRI)   Bradley Wiggins   Bradley Wiggins
10.ª 11 de xullo Mâcon-Bellegarde-sur-Valserine   194   Thomas Voeckler   Bradley Wiggins
11.ª 12 de xullo Albertville-La Toussuire-Les Sybelles   140   Pierre Rolland   Bradley Wiggins
12.ª 13 de xullo Saint-Jean-de-Maurienne-Annonay   220   David Millar   Bradley Wiggins
13.ª 14 de xullo Saint-Paul-Trois-Chateaux-Le Cap d´Agde 215   André Greipel   Bradley Wiggins
14.ª 15 de xullo Limoux-Foix 192   Luis León Sánchez   Bradley Wiggins
15.ª 16 de xullo Samatan-Pau 160   Pierrick Fédrigo   Bradley Wiggins
16.ª 18 de xullo Pau-Bagnères-de-Luchon   197   Thomas Voeckler   Bradley Wiggins
17.ª 19 de xullo Bagnères-de-Luchon-Peyragudes   144   Alejandro Valverde   Bradley Wiggins
18.ª 20 de xullo Blagnac-Brive-la-Gaillarde 215   Mark Cavendish   Bradley Wiggins
19.ª 21 de xullo Bonneval-Chartres   52 (CRI)   Bradley Wiggins   Bradley Wiggins
20.ª 22 de xullo Rambouillet-París 130   Mark Cavendish   Bradley Wiggins
Total 3.496   Bradley Wiggins

Clasificación xeral editar

 
Bradley Wiggins.

A seguinte táboa amosa as dez primeiras posicións da clásificación xeral tralo remate do Tour 2012:

Posición Ciclista Equipo Tempo
    Bradley Wiggins Sky Procycling 87h 34' 47"
2   Chris Froome Sky Procycling + 3' 21"
3   Vincenzo Nibali Liquigas-Cannondale + 6' 19"
4   Jurgen Van den Broeck Lotto-Belisol + 10' 15"
5   Tejay van Garderen BMC Racing Team + 11' 04"
6   Haimar Zubeldia RadioShack-Nissan + 15' 41"
7   Cadel Evans BMC Racing Team + 15' 49"
8   Pierre Rolland Team Europcar + 16' 26"
9   Janez Brajkovic Pro Team Astana + 16' 33"
10   Thibaut Pinot FDJ + 17' 17"

37 corredores non puideron rematar a carreira, a maioría deles por mor das caídas. Entre os malpocados mais salientables estiveron o canadense Ryder Hesjedal, quen viña de vencer no Giro de Italia 2012; o asturiano Samuel Sánchez, candidato ó podio de París; e o triplo campión do mundo Óscar Freire, con 3 costelas rotas e un pulmón perforado. Por outra banda, o luxemburgués Frank Schleck retirouse da carreira despois de coñecerse que dera positivo nun dos controis antidopaxe.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar