Tour de Francia 2007

O Tour de Francia 2007 foi a 94ª edición da carreira ciclista máis importante do mundo. O percorrido de 3550 quilómetros comezou o 7 de xullo na capital británica, Londres, e rematou o 29 de xullo nos Campos Elisios de París.

Modelo:Competición deportivaTour de Francia 2007
Imaxe
TipoTour de Francia Editar o valor em Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor em Wikidata
Parte deUCI ProTour 2007 Editar o valor em Wikidata
Distancia do evento3.570 km Editar o valor em Wikidata
Lugar de saídaLondres Editar o valor em Wikidata
Liña de metaParís Editar o valor em Wikidata
Número de participantes189, inicio
141, final Editar o valor em Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
PaísFrancia, Reino Unido, Bélxica e España Editar o valor em Wikidata
Intervalo de tempo7 de xullo de 2007 – 29 de xullo de 2007 Editar o valor em Wikidata
Número de edición94 Editar o valor em Wikidata
Competición

Gañador da clasificación xeral Alberto Contador
Segundo da clasificación xeral Cadel Evans
Terceiro da clasificación xeral non outorgadodeclarado deserto
Gañador da clasificación por puntos Tom Boonen
Gañador da clasificación da montaña Juan Mauricio Soler Hernández
Vencedor da classificação dos jovens Alberto Contador
Winner of the most combative rider Amets Txurruka
Vencedora da classificação por equipas Discovery Channel
Editar o valor em Wikidata

2006 Editar o valor em Wikidata
2008 Editar o valor em Wikidata

Percorrido editar

O percorrido do Tour de France foi anunciado o 26 de outubro de 2006. O Tour saíu por primeira vez na súa historia do Reino Unido, e fíxoo para conmemorar o centenario da Entente cordiale, un acordo de paz e cooperación asinado polos dous países en 1907. A solicitude de Londres fíxose en 2004.

A ronda gala tamén tivo chegada e saída en Bélxica (Gante e Waregem, respectivamente), e percorreu algúns quilómetros do norte da provincia de Huesca, en España, na 16ª tirada.

O percorrido, de 3.550 quilómetros, 20 tiradas e mais o prólogo, e dúas xornadas de descanso intercaladas, tivo tres chegadas en alto, once tiradas chás e seis de montaña e tres contra o reloxo individuais.

Participantes editar

21 equipos tomaron a saída con 9 corredores por equipo, é dicir, houbo un total de 189 participantes.

Equipo Líder
Agritubel Juan Miguel Mercado  
Ag2r Prévoyance Christophe Moreau  
Astaná Alexander Vinocurov  
Barloworld Robert Hunter  
Bouygues Télécom Thomas Voeckler  
Caisse d´Epargne Alejandro Valverde  
Cofidis Sylvain Chavanel  
Crédit Agricole Thor Hushovd  
Discovery Channel Alberto Contador  
Euskaltel-Euskadi Haimar Zubeldia  
Française des Jeux Sandy Casar  
Equipo Líder
Gerolsteiner Markus Fothen  
Lampre-Fondital Tadej Valjavec  
Liquigas Filippo Pozzato  
Predictor-Lotto Cadel Evans  
Quick Step-Innergetic Tom Boonen  
Rabobank Denis Menchov  
Saunier Duval-Prodir Iban Mayo  
Team CSC Carlos Sastre  
Milram Alessandro Petacchi  
T-Mobile Michael Rogers  
   

Galegos no Tour editar

O último corredor en tomar a saída na tirada prólogo foi Óscar Pereiro, que luciu o número 11. O habitual é que o vencedor da última edición sexa o que leve o número 1, pero neste caso a organización do Tour, dirixido por Christian Prudhomme, entendeu que aínda non se resolvera correctamente a edición pasada, e aínda estaba en litixio se o vencedor era o descualificado Floyd Landis ou o galego.

Ademais, Pereiro tampouco foi o líder do seu equipo, o Caisse d'Epargne, co que tivo que facer labores de apoio ao seu líder, o español Alejandro Valverde. Finalmente rematou na décima posición, co que conseguiu estar entre os dez primeiros nas tres últimas edicións do Tour.

Non houbo máis galegos neste Tour.

Etapas editar

Etapa Data Percorrido km Gañador Líder
Prólogo 7 de xullo   Londres   8 (CRI)   Fabian Cancellara   Fabian Cancellara
1.ª 8 de xullo   Londres-  Canterbury 203   Robbie McEwen   Fabian Cancellara
2.ª 9 de xullo Dunkerque-  Gante 167   Gert Steegmans   Fabian Cancellara
3.ª 10 de xullo   Waregem-Compiègne 236   Fabian Cancellara   Fabian Cancellara
4.ª 11 de xullo Villers Cotterets-Joigny 190   Thor Hushovd   Fabian Cancellara
5.ª 12 de xullo Chablis-Autun   184   Filippo Pozzato   Fabian Cancellara
6.ª 13 de xullo Semur en Auxois-Bourg en Bresse 200   Tom Boonen   Fabian Cancellara
7.ª 14 de xullo Bourg en Bresse-Le Grand Bornand   197   Linus Gerdemann   Linus Gerdemann
8.ª 15 de xullo Le Grand Bornand-Tignes   165   Michael Rasmussen   Michael Rasmussen
9.ª 17 de xullo Val d'Isere-Briançon   161   Mauricio Soler   Michael Rasmussen
10.ª 18 de xullo Tallard-Marsella 229   Cédric Vasseur   Michael Rasmussen
11.ª 19 de xullo Marsella-Montpellier 180   Robert Hunter   Michael Rasmussen
12.ª 20 de xullo Montpellier-Castres 179   Tom Boonen   Michael Rasmussen
13.ª 21 de xullo Albi-Albi     54 (CRI)   A.Vinocurov   Cadel Evans   Michael Rasmussen
14.ª 22 de xullo Mazamet-Plateau de Beille   197   Alberto Contador   Michael Rasmussen
15.ª 23 de xullo Foix-Loudenvielle   196   A.Vinocurov   Kim Kirchen   Michael Rasmussen
16.ª 25 de xullo Orthez-Gourette (Aubisque)   218   Michael Rasmussen   Michael Rasmussen
17.ª 26 de xullo Pau-Castelsarrasin 188   Daniele Bennati   Alberto Contador
18.ª 27 de xullo Cahors-Angoulême 212   Sandy Casar   Alberto Contador
19.ª 28 de xullo Cognac-Angoulême   55 (CRI)   Levi Leipheimer   Alberto Contador
20.ª 29 de xullo Marcoussis-París 130   Daniele Bennati   Alberto Contador
  • CRI - Contra o reloxo individual.

O día 24 de xullo, e como consecuencia dun positivo de dopaxe detectado a Alexander Vinocurov, o seu equipo, o Astaná, foi convidado a abandonar o Tour de Francia. A dirección do equipo aceptouno. O positivo produciuse por unha transfusión de sangue homóloga, realizada o día en que Vinocurov vencía na tirada contra o reloxo de Albi, se ben o ciclista nega os feitos. Ao día seguinte, un positivo por testosterona do ciclista italiano Cristian Moreni fai que o Cofidis abandone tamén o Tour.

En 2012 tamén foi sancionado Levi Leipheimer por ter participado no sistema de dopaxe relacionado con Lance Armstrong ata 2006, séndolle retirados tamén os resultados que colleitou neste Tour 2007.

Clasificación xeral editar

 
Alberto Contador na 19ª etapa.
Posición Corredor Equipo Tempo
    Alberto Contador Discovery Channel 91h 00' 26"
2   Cadel Evans Predictor-Lotto + 23"
Desc.   Levi Leipheimer Discovery Channel + 31"
4  Carlos Sastre CSC + 7' 08"
5   Haimar Zubeldia Euskaltel-Euskadi + 8' 17"
6   Alejandro Valverde Caisse d'Epargne' + 11' 37"
7   Kim Kirchen T-Mobile + 12' 18"
8   Yaroslav Popovych Discovery Channel + 12' 25"
9   Mikel Astarloza Euskaltel-Euskadi + 14' 14"
10   Óscar Pereiro Caisse d'Epargne + 14' 25"
  • Desc. - descalificado da carreira.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Outros artigos editar