Tour de Francia 2006

2005 << Tour de Francia 2006 >> 2007
Clasificacións Prólogo + 20 etapas, 3657 km
- Xeral Galicia Óscar Pereiro
- Montaña Dinamarca Michael Rasmussen
- Puntos Australia Robbie McEwen

O Tour de Francia 2006 foi a 93ª edición da carreira ciclista máis importante do mundo. O percorrido de 3657 quilómetros comezou o 1 de xullo na cidade alsaciana de Estrasburgo, e rematou o 23 de xullo nos Campos Elisios de París, pasando por un total de seis estados diferentes: Francia, Países Baixos, Bélxica, Luxemburgo, Alemaña e España.

Participantes editar

Despois de ter gañado 7 edicións seguidas do Tour, en 2006 Lance Armstrong estaba retirado do ciclismo, de xeito que tódolos seus rivais tiñan como obxectivo acadar o seu trono. Non obstante, nas semanas previas á carreira, coñeceuse a existencia dunha operación antidopaxe denominada Operación Puerto na que se viron implicados varios ciclistas. Jan Ullrich e Ivan Basso foron afastados dos seus equipos, mentres que o equipo de Alexander Vinocurov (o Astana) foi afastado das competicións oficiais. Deste xeito, a carreira estivo mais aberta a novos gañadores, e sen favoritos claros. Entre os candidatos á vitoria que participaron no Tour 2006 cabía salientar a Denis Menchov, Cadel Evans, Andreas Kloden, Levi Leipheimer, Damiano Cunego, Floyd Landis, Alejandro Valverde, Gilberto Simoni, Christophe Moreau, George Hincapie, Carlos Sastre, Michael Rasmussen, David Zabriskie, Iban Mayo, Haimar Zubeldia, Bradley Wiggins e Danilo di Luca.

O único representante galego na carreira foi Óscar Pereiro, que viña de rematar entre os 10 primeiros da clasificación xeral nas últimas 2 edicións do Tour.

En total participaron 20 equipos e un total de 176 corredores, é dicir, 9 corredores por equipo, coa escepción do T-Mobile que só levou a 7 ciclistas.

Transcorrer da competición editar

 

Despois dunhas primeiras etapas con chegadas ao sprint, a clasificación xeral estaba dominada por corredores especializados en etapas dun día. Robbie McEwen gañara 3 das 6 primeiras chegadas, e Tom Boonen levaba o maillot amarelo. Na sétima etapa houbo unha contra o reloxo individual de 52 quilómetros da que saíu como líder o ucraíno Serhiy Honchar, cunha vantaxe abondo para chegar de amarelo ás etapas dos Pireneos. Na segunda etapa de alta montaña, que rematou en Pla de Beret, gañou Denis Menchov, pero púxose de líder Floyd Landis. O norteamericano levou o xersei amarelo durante dous días, xa que na etapa 13 houbo unha importante fuxida de corredores que chegaron con 30 minutos de vantaxe, entre os cales estaba Óscar Pereiro, que colleu o liderado da proba. Floyd Landis recuperou o primeiro posto da táboa na etapa 15, con final en Alpe d'Huez, aínda que só con 10 segundos de vantaxe sobre o galego. Landis sufriu moito ó día seguinte nos portos de Galibier e Croix de Fer, perdendo 10 minutos. Malia que Landis parecía estar fora da loita pola vitoria, atacou na seguinte etapa, tamén de montaña, recuperando case toda a diferenza do día anterior, e poñéndose terceiro a só 30 segundos de Pereiro, líder, e tamén por detrás de Carlos Sastre, segundo. Entón chegou a contra o reloxo do penúltimo día, e nela Landis era moi superior ós dous ciclistas españois, como así demostrou. Deste xeito, a París chegaron Floyd Landis como líder, Óscar Pereiro como segundo, Andreas Kloden como terceiro e Carlos Sastre como cuarto.

Positivo de Landis editar

Tres días despois da finalización do Tour, o 26 de xullo, a UCI realizou un comunicado no cal anunciábase que un ciclista puidera ter dado positivo[1] nun control antidopaxe. Ao día seguinte, o equipo ciclista Phonak informou[2] que o estadounidense Floyd Landis, vencedor do Tour, dera positivo por testosterona no control antidopaxe da etapa 17.

O 5 de agosto confirmouse o positivo[3] do ciclista estadounidense trala realización da contraanálise, o que significou a súa expulsión do equipo ciclista Phonak. A falta da confirmación oficial, que tardou varios meses, o galego Óscar Pereiro convertíase no virtual gañador do Tour de Francia. Finalmente, o 15 de outubro os organizadores do Tour de Francia desplazáronse a Madrid e entregáronlle a Pereiro o maillot amarelo e o trofeo de gañador do Tour na sede do Consello Superior de Deportes.

Etapas editar

Na seguinte táboa amósanse os gañadores e líderes da carreira etapa por etapa. Nela aparecen os resultados de Floyd Landis posteriores á 17ª etapa que foron eliminados, dándose a vitoria ós segundos clasificados:

 
Floyd Landis.
Etapa Data Percorrido km Gañador Líder
Prólogo 1 de xullo Estrasburgo  7 (CRI)   Thor Hushovd   Thor Hushovd
2 de xullo Estrasburgo-Estrasburgo 183   Jimmy Casper   George Hincapie
3 de xullo Obernai-  Esch-sur-Alzette 223   Robbie McEwen   Thor Hushovd
4 de xullo   Esch-sur-Alzette-  Valkenburg   216   Matthias Kessler   Tom Boonen
5 de xullo   Huy-San Quintín 215   Robbie McEwen   Tom Boonen
6 de xullo Beauvais-Caen 219   Óscar Freire   Tom Boonen
7 de xullo Lisieux-Vitré 184   Robbie McEwen   Tom Boonen
8 de xullo Saint-Grégoire-Rennes   52 (CRI)   Serhiy Honchar   Serhiy Honchar
9 de xullo Saint Méen le Grand-Lorient 177   Sylvain Calzati   Serhiy Honchar
11 de xullo Bordeos-Dax 170   Óscar Freire   Serhiy Honchar
10ª 12 de xullo Cambo les Bains-Pau   193   Juan Miguel Mercado   Cyril Dessel
11ª 13 de xullo Tarbes-  Pla de Beret   208   Denis Menchov   Floyd Landis
12ª 14 de xullo Luchon-Carcasona 211   Yaroslav Popovych   Floyd Landis
13ª 15 de xullo Béziers-Montélimar 231   Jens Voigt   Óscar Pereiro
14ª 16 de xullo Montélimar-Gap 181   Pierrick Fédrigo   Óscar Pereiro
15ª 18 de xullo Gap-Alpe d'Huez   187   Frank Schleck   Floyd Landis
16ª 19 de xullo Le Bourg d'Oisans-La Toussuire   182   Michael Rasmussen   Óscar Pereiro
17ª 20 de xullo Saint Jean de Maurienne-Morzine   199   F.Landis   Carlos Sastre   Óscar Pereiro
18ª 21 de xullo Morzine-Mâcon 193   Matteo Tosatto   Óscar Pereiro
19ª 22 de xullo Le Creusot-Montceau les Mines  56 (CRI)   Serhiy Honchar   F.Landis   Óscar Pereiro
20ª 23 de xullo Antony-París 152   Thor Hushovd   F.Landis   Óscar Pereiro
  • CRI - Contra o reloxo individual.

Clasificación final editar

Trala descualificación de Floyd Landis por dopaxe, a UCI declarou oficialmente gañador da carreira a Óscar Pereiro en setembro de 2007[4], quedando os 10 primeiros postos da clasificación xeral do Tour de Francia 2006 do seguinte xeito:

 
Óscar Pereiro co maillot amarelo ó comezo da importante 17ª etapa, na que Floyd Landis daría positivo.
Posición Ciclista Equipo Tempo
Desc.   Floyd Landis Phonak 89h 39' 30″
    Óscar Pereiro Caisse d'Epargne 89h 40' 27"
2   Andreas Kloden T-Mobile + 32"
3   Carlos Sastre Team CSC + 2' 16"
4   Cadel Evans Davitamon-Lotto + 4' 11"
5   Denis Menchov Rabobank + 6' 09"
6   Cyril Dessel Ag2r Prévoyance + 7' 44″
7   Christophe Moreau Ag2r Prévoyance + 8' 40″
8   Haimar Zubeldia Euskaltel-Euskadi + 11' 08″
9   Michael Rogers T-Mobile + 14' 10″
10   Frank Schleck Team CSC + 16' 49″

O resultado final do Tour de Francia 2006 supuxo a primeira vitoria dun ciclista galego na historia da carreira mais importante do mundo.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar