Tosta Banda é un grupo de música folk internacional que xurdiu no ano 2016. Está formado por músicos e cantantes de Escocia, Gales, Frisia, Galicia, Irlanda, País Vasco e Cornualla.[1] Mixel Ducau é o director musical de Tosta Banda, e Igor Otxoa o director artístico. O seu primeiro álbum, “Tosta”, foi gravado nos estudios Elkar de Donostia, e mesturado no estudio “Musikart” de Amezketa, no País Vasco, estará dispoñible en outubro de 2017.[2]

Tosta Banda
OrixePaís Vasco País Vasco
Galicia Galicia
Escocia Escocia
Frisia Frisia
Gales Gales
Irlanda Irlanda
Cornualla Cornualla
Período2016 – presente
Xénero(s)Folk
Selo(s) discográfico(s)Txalap.ART Productions
MembrosGwilym Bowen Rhys
Mónica de Nut
Caoimhín Ó Fearghail
Bec Applebee
Rona Wilkie
Marit Talens
Mixel Ducau
Iñigo Egia
Mikel Ugarte
Ixi Jauregi
Na rede
http://www.tostabanda.com/
Musicbrainz: e2508a40-2690-46fe-82d1-13bc2d604235 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

A orixe do nome do grupo, que se refire á bancada dun bote, provén dunha palabra que está presente en varias linguas minoritarias da costa atlántica europea. O seu repertorio está composto por cancións tradicionais das sete culturas de procedencia e novas composicións creadas por tódolos músicos que participan na banda. O proceso de formación do grupo comezou no ano 2016, ano durante o cal o grupo realizou unha xira en diferentes festivais de música folk nos países de orixe dos músicos, como o Atlantikaldia de Errenteria.[3]

Membros editar

  •   Gwilym Bowen Rhys: voz, guitarra acústica e mandolina
  •   Mónica de Nut: voz e pandeireta
  •   Caoimhín Ó Fearghail: voz, bouzouki e frauta
  •   Bec Applebee: voz e percusión
  •   Rona Wilkie: voz e fiddle
  •   Marit Talens: voz e percusión
  •   Mixel Ducau: alboka, ttun ttun, clarinete, saxofón soprano e guitarra acústica
  •   Iñigo Egia: percusión
  •   Mikel Ugarte: txalaparta
  •   Ixi Jauregi: voz, txalaparta e pandeireta

Notas editar

  1. "Siete lenguas en una misma banda". DSS2016.eu. 22 de setembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2017. Consultado o 28 de marzo de 2017. 
  2. Tosta Banda (ed.). "Axenda de Tosta". Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2017. Consultado o 28 de marzo de 2017. 
  3. Korta, R (23 de setembro de 2016). "Tosta Band, integrada por músicos de lenguas minoritarias, llega a Atlantikaldia". Diariovasco. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2017. Consultado o 28 de marzo de 2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar