Torremolinos 73 é un filme de coprodución hispano-danesa escrito e dirixida por Pablo Berger no 2002. Estreouse no cine en abril de 2003.

Torremolinos 73
Ficha técnica
Título orixinalTorremolinos 73
DirectorPablo Berger
ProdutorTomás Cimadevilla
GuiónPablo Berger
IntérpretesJavier Cámara
Candela Peña
Juan Diego
Fernando Tejero
MúsicaMastretta
FotografíaKiko de la Rica
MontaxeRori Sáinz de Rozas
Estrea2003
Duración91 minutos
OrixeEspaña, Dinamarca
XéneroComedia
Na rede
IMDB: tt0339806 Filmaffinity: 143046 Allocine: 54439 Rottentomatoes: m/torremolinos_73_2005 Mojo: torremolinos73 Allmovie: v287228 TCM: 533967 Metacritic: movie/torremolinos-73 TV.com: movies/torremolinos-73 Netlix: 70027143Editar o valor em Wikidata

Argumento editar

Alfredo é un vendedor de enciclopedias que ve como o seu traballo non ten futuro por culpa da irrupción dos coleccionables. Don Carlos (Juan Diego), director de Producciones Montoya e xefe de Alfredo, proponlles a el e a súa muller, Carmen (Candela Peña) gravar películas erótico-educativas en súper 8 para a súa comercialización en Escandinavia. Con isto, Alfredo recibe clases de dirección de cine por parte dun suposto axudante de Ingmar Bergman.

Mentres Alfredo se afecciona ao cine de Bergman, Carmen quere ter un fillo, mais convértese nunha estrela do cine porno en Escandinavia. Tras coñecer a fama das súas películas no Norte, Alfredo decide escribir e rodar a súa propia película, Torremolinos 73, para o que se desprazan á cidade malagueña de Torremolinos, protagonizando así o filme Máximo Valverde e a propia Carmen.

Elenco completo editar

Galardóns editar

Premios Goya editar

Tivo catro candidaturas na XVIII edición dos Premios Goya, mais non gañou ningún.

Festival de Málaga editar

No Festival de Cine de Málaga conseguiu catro premios:

  • Mellor película
  • Mellor director: Pablo Berger
  • Mellor actor: Javier Cámara
  • Mellor actriz: Candela Peña.

Festival de Tolosa editar

No Festival de Tolosa gañou cinco premios:

  • Mellor película
  • Mellor actor: Javier Cámara
  • Mellor actriz: Candela Peña
  • Mellor fotografía: Kiko de la Rica
  • Mellor guión: Pablo Berger