A Torre PwC, antes chamada Torre Sacyr Vallehermoso,[1] é o terceiro rañaceos máis alto de Madrid e de España, así como o sexto da Unión Europea, cunha altura de 236 metros e 58 plantas. A súa construción comezou en 2004 e acabou o 12 de abril de 2008.

Torre PwC
A torre PwC en marzo de 2011
Coordenadas40°28′36″N 3°41′16″O / 40.476666666667, -3.6877777777778Coordenadas: 40°28′36″N 3°41′16″O / 40.476666666667, -3.6877777777778
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

 
A torre Sacyr Vallehermoso, de noite, xunto á entón Torre Caja Madrid, agora Torre Bankia.

O edificio está no barrio madrileño de Fuencarral-El Pardo, no complexo de rañaceos Cuatro Torres Business Area, onde se atopa tamén a Torre Bankia, a máis alta de España. Os arquitectos do proxecto, que inicialmente prevían unha altura de 215 metros, son Carlos Rubio Carvajal e Enrique Álvarez-Sala Walter. A súa planta é aproximadamente a dun triángulo equilátero cuxos lados son curvos (aínda que máis ben poderíase definir como tres arcos que envolven a tres cilindros situados en triángulo) e as fiestras teñen unha disposición especial que ofrece unha resistencia mínima ao vento.

Alberga o hotel de cinco estrelas EuroStars Madrid Tower, que ocupa ata a planta 31 (o 60% da torre) e dispón dun comedor de dúas alturas que ofrece unha vista panorámica de toda a cidade. A empresa de servizos profesionais PricewaterhouseCoopers (PwC) trasladou en xullo de 2011 todas as súas oficinas da capital (uns 2.500 profesionais) a este edificio, polo que ocupa dezasete plantas, entre os pisos 34 e 50, que quedaban vacantes ata ese momento na torre. Nesa mesma data, coa montaxe do logotipo de PwC no alto do edificio, instálase o logo máis alto de España, a case 236 metros de altura. Co traslado das oficinas de PwC á torre, o edificio renomeouse Torre PwC en lugar de Torre Sacyr Vallehermoso.[1]

Todas as plantas de oficina teñen a mesma superficie de 1.258,23 m² e divídense en tres sectores. As plantas 51 a 54 están destinadas a instalacións xerais e equipos da torre. As plantas 55 a 58 están destinadas ás cubertas do edificio e outras instalacións xerais e equipos da torre.

É a única torre con fachada de dobre pel e está cuberta completamente de vidro a modo de escamas. Na cuberta superior hai 3 aeroxeradores capaces de producir enerxía eólica para uso do edificio. Estímase unha produción de 25kWh.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Rocío Ruiz (8-6-2011). "De Torre S&V a Torre PwC". Expansión (en castelán). Consultado o 22 de novembro de 2011. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar