Coordenadas: 55°49′11″N 37°36′42″L / 55.81972, -37.61167

A Torre Ostankino (en ruso: Останкинская телебашня), situada en Moscova, capital da Federación Rusa, é con 537 metros de altura a torre de telecomunicacións máis alta de Europa e a segunda do mundo, sendo só superada pola Torre CN de Toronto, no Canadá. Entre as construcións en xeral, é a terceira máis alta, sendo a primeira o rañaceos Burj Dubai.

Torre Ostankino.

A torre foi construída entre 1963 e 1967. Durante oito anos foi a estrutura máis alta do mundo. O enxeñeiro que a proxectou foi Nicolai Nikitin, responsable por exemplo da estrutura da estatua ¡A Nai Patria chama! de 85 metros de altura.

Historia editar

Incendio editar

 
Incendio da Torre Ostankino no ano 2000.

O 27 de agosto de 2000 ocorreu un grande incendio na torre que se iniciou a unha altura de 460 metros e no que arderon tres pisos completamente. Durante a extinción do lume finaron tres persoas. Decenas de cables que sosteñen o edificio rompéronse pola calor, pero a pesar disto a torre resistiu en pé. Máis tarde estes cables foron repostos. Actualmente a súa reconstrución está paralizada, e por razóns técnicas non se instalou un elevador adicional. O 25 de maio de 2007 a torre incendiouse outra vez, porén este incendio non tivo consecuencias tan serias como o do ano 2000. Todas as persoas que estaban no interior da torre foron evacuadas e o lume foi extinguido sen problemas.

Restaurante editar

O restaurante O sétimo ceo atópase a unha altura de 328 metros e ocupa uns tres pisos. Ten forma circular e xira sobre o seu eixo cunha velocidade de entre unha e tres voltas por hora.[1] En toda a súa historia, o restaurante e a plataforma de observación recibiron máis de 10 millóns de visitas.[2] Na actualidade a plataforma de observación está reparada e desde o 7 de abril do ano 2009 realízanse excursións para grupos organizados. Porén o restaurante permanece pechado.

Bandeira editar

Ata o ano 1991 a bandeira da Unión Soviética estaba situada na parte superior da torre. O 12 de xuño de 2009, coincidindo co Día de Rusia izouse unha bandeira de Rusia de 2,5 metros de ancho e 5 de largo.[3]

Servizos de Telecomunicacións editar

Televisión editar

Programa Canal Frequencia ERP
Perviy Kanal 1 52 MHz 40 kW
TV Center 3 80 MHz
Sport 6 178 MHz 100 W
NTV 8 194 MHz
RTR 11 218 MHz 60 kW
TV Daryal 23 490 MHz 10 kW
Euronews 25 506 MHz
STS-Moscow 27 522 MHz
7 TV 29 538 MHz 10 kW
Domashny 31 554 MHz 20 kW
ORT, RTR, Eurosport, Euronews 32 562 MHz 1,3 kW
Culture 33 570 MHz 20 kW
TNT 35 586 MHz 2 kW
MTV 38 610 MHz
TV-3 Russia 46 674 MHz
REN-TV 49 698 MHz 1 kW
Muz-TV 51 714 MHz
ZVEZDA 57 762 MHz
2 X 2 60 786 MHz 5 kW

Radio editar

Estación Frequencia ERP
"Radio Russia", "Radio Podmoskovie", "Radiocompany Moscow" 66,44 MHz 15,0 kW
"Unost" 68,84 MHz 15,0 kW
"Mayak" 67,22 MHz 15,0 kW
"Europa Plus" 69,80 MHz 15,0 kW
"Russian Radio" 71,30 MHz 10,0 kW
"Orpheus" 72,14 MHz 15,0 kW
"Radio Retro" 72,92 MHz 15,0 kW
"Echo of Moscow" 73,82 MHz 10,0 kW
"Radio Retro" 88,30 MHz 1,0 kW
"Radio Jazz" 89,10 MHz 1,0 kW
"Classic Radio" 100,90 MHz 5,0 kW
"Dinamit FM" 101,2 MHz 10,0 kW
"Radio Maximum" 103,7 MHz 10,0 kW
"Russian Radio" 105,70 MHz 10,0 kW
"Europa Plus" 106,2 MHz 10,0 kW

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar