Torre Montparnasse

rañaceos de París

A torre Montparnasse, tamén coñecida coma torre Maine-Montparnasse é un rañaceos parisién, situado na Avenida de Maine Nº 33 e construído polo arquitecto Roger Saubot. É o segundo rañaceos máis alto de Francia con 210 metros de altura.

Torre Montparnasse
Edificio
EnderezoAvenida de Maine Nº 33
LocalizaciónParís, Bandeira de Francia Francia
Coordenadas48°50′32″N 2°19′19″L / 48.84211, 2.32198Coordenadas: 48°50′32″N 2°19′19″L / 48.84211, 2.32198
Uso(s)Oficinas
Construción
Inicio1969
Construción1972
Dimensións
Altura da última planta210 m
Plantas59
Superficie por planta90 000 m²
Equipo
Arquitecto(s)Saubot, Beaudouin, Cassan e de Marien
editar datos en Wikidata ]

A renovación da torre AXA en La Défense quitoulle o primeiro posto, ao culminaren os traballos de comezos de 2011, cunha altura de 220 metros.[1]

Historia e descrición editar

Construíuse entre 1969 e 1972, sobre a localización da antiga estación Montparnasse e foi inaugurada en 1973; a estación Montparnasse actual atópase fronte a torre, un pouco máis ao sur. A tour Montparnasse mide 210 metros de altura e conta con 59 andares (incluída a terraza). Un restaurante ocupa o andar 56º. As varandas da terraza pódense desmontar en 120 segundos para transformala nunha plataforma de aterraxe de helicópteros. As oficinas ocupan 52 andares e unha superficie total de 90.000 m2. 5.000 persoas traballan alí por termo medio.

O panorama que se pode ollar dende o andar 56º e dende a terraza (ambos os dous abertos ao público) fan dela unha atracción turística que recibe aproximadamente a 600.000 visitantes ao ano.

A torre Montparnasse atópase no seo dun conxunto inmobiliario que comprende un centro comercial, unha tenda das Galerías Lafayette, así coma outras torres máis pequenas.

A presenza de amianto nalgúns lugares da torre, especialmente nos andares 15, 42, 57 e 58, foi revelada en marzo de 2005. Esta polución cómpre dunha limpeza coidadosa, por mor do grave risco para a saúde dos seus ocupantes.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. http://www.ladefense.fr/projets_projets.php Arquivado 14 de novembro de 2008 en Wayback Machine. EPAD La Défense (en francés)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar