Torneo das Seis Nacións 2011

A edición 2011 do Torneo das Seis Nacións comezou o 4 de febreiro do 2011, e rematou o 19 de marzo. Esta foi a primeira vez na historia que o torneo comezaba nun venres á noite. Francia era o defensor do título obtido na edición 2010. Irlanda xogou este ano por primeira vez os seus encontros como local no Aviva Stadium de nova construción, situado onde antes estaba o estadio de Lansdowne Road.

Ó remate da derradeira xornada, o XV da Rosa acadou a vitoria no torneo.

Véxase tamén editar

Ligazón externa editar