Tord Tamerlan Teodor Thorell

Tord Tamerlan Teodor Thorell, nado o 3 de maio de 1830 en Gotemburgo, e finado o 22 de decembro de 1901 en Helsingborg, foi un aracnólogo sueco.

Infotaula de personaTord Tamerlan Teodor Thorell

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de maio de 1830 Editar o valor em Wikidata
Gotemburgo, Suecia Editar o valor em Wikidata
Morte22 de decembro de 1901 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Helsingborg, Suecia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaNya kyrkogården (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuecia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Uppsala Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndocente , profesor universitario , aracnólogo , entomólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Uppsala Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua sueca Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaThorell Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Thorell estudou na Universidade de Uppsala desde 1848 e 1855, graduándose neste último ano coa defensa sa súa tese Recensio crítica Aranearum suecicarum, quas descripserunt Clerckius, Linnæus, De Geerus.

Comezou a súa carreira docente en 1856 impartindo clases de zooloxía nesta Universidade. En 1859 foi profesor adxunto e, en 1864 obtivo a cátedra de zooloxía, sempre na Universidade de Uppsala.

En 1877 problemas de saúde obrigárono a abandonar Suecia e instalarse no sur de Europa.

Permaneceu durante moito tempo na casa do marqués Giacomo Doria, fundador do Museo Cívico de Historia Natural de Xénova. Thorell estudou daquela as coleccións aracnolóxicas deste Museo.

Políglota, a súa gran reputación en aracnoloxía propiciou frutíferos intercambios con especialistas da súa época, como o británico Octavius Pickard-Cambridge (1828-1917) ou o francés Eugène Simon (1848-1924).

Publicou dúas obras importantes: en 1869, On European Spiders, e en 1870-1873, Synonym of European Spiders, así como Studi sui Ragni Malesi e Papuani. I. Ragni di Selebes raccolti nel 1874 dal Dott. Odoardo Beccari en 1874.

Descubriu e describiu numerosas novas especies de arácnidos (unhas 1 000, desde 1850 a 1900), e describiu varias novas clases destes animais.

Abreviatura editar

A abreviatura Thorell emprégase para recoñecer a Tord Tamerlan Teodor Thorell como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Honras editar

Os xéneros Thorellina e Thorelliola foron denominados na súa honra, así como 30 especies de arácnidos: