O topacio é un mineral silicatado de aluminio e flúor. Emprégase a miúdo como pedra preciosa e algunhas veces foi confundido co diamante: o chamado Diamante de Bragança, incluído como diamante na coroa portuguesa.

Topacio
Fórmula químicaAl2SiO4(F,OH)2
ClaseSilicato
SubclaseNesosilicato
Sistema cristalinoOrtorrómbico
CorAmarela, branca, incolora, azul ,verde, violeta, parda...
BrilloDe vítreo a mate
Dureza8
FracturaConcoidea
ExfoliaciónPerfecta segundo a base
RaiaBranca
Densidade3,5 - 3,6 g/cm³
Topacio incoloro, Minas Gerais, Brasil.
Topacio azul puído.
Sistema cristalino do topacio.

Etimoloxía editar

O nome "topacio" deriva do grego topazos ("buscar"), que era o nome dunha illa no Mar Vermello, segundo Plinio o Vello, difícil de encontrar e da cal se sacaba unha pedra amarela (actualmente sabido que era olivina amarelada). Na Idade Media, o nome topacio era usado para calquera xema amarela, mais actualmente o nome aplícase tecnicamente ao mineral aquí descrito.

Comercialmente inténtanse vender algunhas variedades de cuarzo con denominación de topacio.

Propiedades editar

Cristaliza no sistema ortorrómbico coa fórmula xeral Al2SiO4(OH, F)2, indicando a paréntese arredor de OH e F que a proporción entre fluoruros F e hidróxidos OH pode variar nun amplo rango, aínda que a súa suma sempre será constante.

A súa densidade é de 3,5 - 3,6 g/cm³.

A súa cor é normalmente marela-acastañada; podéndose encontrar tamén exemplares con tons de ocre, azul, violeta, vermello ou, incluso, incoloro. Ademais, pode ser variada facilmente con medios artificiais: aplicando raios gamma ou feixes de electróns conséguense tonalidades pardas ou lixeiramente verdosas e quecéndoo obtéñense tonalidades azuis ou arroibadas.

Aínda que na escala de Mohs lle corresponde dureza de 8, fractura facilmente, sendo difícil de traballar.

Variedades editar

As distintas variedades distínguense pola cor, que varía segundo a presenza máis ou menos importante do flúor, podendo ser de moi diversas cores.

As máis estimadas son, o topacio imperial de cor alaranxada, o topacio oriental ou zafiro amarelo e o incoloro.[1]

Depósitos editar

Atópase habitualmente en forma de cristais prismáticos crecidos en ocos que están unidos coa rocha troncal. Ademais existe unha variante masiva ou granulosa. Normalmente áchase acompañado de berilio, turmalina e apatita en rochas ácidas magmáticas como as permatitas. Tamén se encontra nos gneises.

Algunhas das reservas máis importantes encóntranse no Brasil, República Checa, Saxonia, Noruega, Suecia, o Xapón, México, Sri Lanka, Birmania, Paquistán e os Estados Unidos.

Usos editar

Algunhas variedades empréganse en xoiería e son moi estimadas polos coleccionistas e tamén se empregan na industria cerámica.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar