Tony Parker

baloncestista francés

William Anthony Parker, nado o 17 de maio de 1982, en Bruxas, Bélxica, é un ex xogador profesional francés de baloncesto. Xogou durante dúas tempadas na liga francesa antes de pasar a maior parte da súa carreira profesional na National Basketball Association (NBA). Ademais foi capitán da selección francesa. Parker naceu nunha familia que tiña, e continúa tendo, uns fortes lazos co baloncesto profesional.

Tony Parker
Posición Base
Información persoal
Nacemento 17 de maio de 1982 (41 anos)
Bélxica Bruxas
Nacionalidade Francia
Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,88 m (6 ft 2 in)
Peso oficial 84 kg (185 lb)
Información da carreira
Instituto INSEP (París, Francia)
Pre-draft club Paris Basket Racing
NBA Draft 2001 / Rolda: 1 / Elección: 28
Por San Antonio Spurs
Carreira dende 1999
Historial de equipos
Paris Basket Racing (1999–2001)
San Antonio Spurs (2001–2018)
ASVEL Lyon-Villeurbanne (2011)
Charlotte Hornets (2018–2019)
Premios e galardóns
Campión da NBA (2003, 2005, 2007, 2014)
MVP das Finais (2007)
NBA All-Star (2006-2007, 2009, 2012-2014)

Traxectoria editar

Despois de xogar durante dous anos na liga francesa de baloncesto, Tony entrou no Draft da NBA de 2001 e foi elixido polos San Antonio Spurs. Moi rapidamente converteuse no seu "armador" (base) titular, e até agora foi elixido dúas veces no All-Star Game, e xunto a Tim Duncan e Emanuel Ginobili axudou aos Spurs a gañar Campionatos NBA. Os logros de Parker marcaron tamén a aparición dos xogadores de baloncesto franceses que manexan o seu comercio no NBA. Foi elixido MVP das Finais da NBA 2007, que tamén gañaron os Spurs.

O 10 de xuño de 2019, Parker anunciou a súa retirada do baloncesto profesional.[1]

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  1. Spears, Marc J. (10 de xuño de 2019). "‘I can’t be Tony Parker anymore’". The Undefeated. Consultado o 10 de xuño de 2019.