Toni Cuervo

futbolista e adestrador asturiano

Antonio Cuervo Fernández nado en Pumarín (Oviedo) o 10 de maio de 1932 e finado o 14 de outubro de 2017,[1] foi un futbolista e adestrador de fútbol asturiano, máis coñecido como Toni Cuervo. Xogaba na demarcación de defensa.

Toni Cuervo
Información persoal
Nome Antonio Cuervo Fernández
Nacemento 10 de maio de 1932
Lugar de nacemento Pumarín
Falecemento 14 de outubro de 2017
Altura 172 centímetros
Posición defensa
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

A Guerra Civil Española fixo que tivese que a súa familia escapase a Francia e volvendo máis tarde a casa da familia coa súa avoa, xa que o pai estaba no cárcere. Cando este saíu do cárcere púxose a traballar con el de mecánico. Aos 15 anos fichou pola Unión Deportiva Ovetense e aos 17 polo Vetusta e finalmente polo Real Oviedo en 1950. Foi titular na defensa do club ovetense durante dezasete anos.

Sempre estivo vinculado ao fútbol asturiano, primeiro como xogador e despois como adestrador nos anos sesenta e setenta, salvo breves experiencias dirixindo equipos, como o Celta de Vigo, polo que fichou en 1977 co obxectivo de ascender a Primeira División. Porén, non acabou a tempada, xa que deixou o club na décima xornada por problemas co vestiario. Nun primeiro momento foi substituído polo segundo adestrador, Pepe Villar, para que finalmente se fixese cargo do equipo José María Maguregui.

Notas editar

  1. Iván Álvarez (14 de outubro de 2017). "Fallece a los 85 años el exdefensa oviedista Toni Cuervo". El Comercio (en castelán). 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar