O meu veciño Totoro

filme de 1988 dirixido por Hayao Miyazaki
(Redirección desde «Tonari no Totoro»)

O meu veciño Totoro[1] (となりのトトロ Tonari no Totoro?) é un filme xaponés de animación de 1988 dirixido e escrito por Hayao Miyazaki. Foi animado polo Studio Ghibli para Tokuma Shoten. O filme, que conta coas voces orixinais en xaponés de Noriko Hidaka, Chika Sakamoto e Hitoshi Takagi, conta a historia das fillas pequenas dun profesor (Satsuki e Mei) e as súas interaccións con amigables espíritos do bosque no Xapón rural da posguerra.

O meu veciño Totoro
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalとなりのトトロ
Tonari no Totoro
DirectorHayao Miyazaki
ProdutorYasuyoshi Tokuma
GuiónHayao Miyazaki
IntérpretesChika Sakamoto
Noriko Hidaka
Hitoshi Takagi
MúsicaJoe Hisaishi
FotografíaHisao Shirai
MontaxeTakeshi Seyama
EstudioStudio Ghibli
DistribuidoraToho
Estrea 16 de abril de 1988
Duración86 minutos
Orixe Xapón
XéneroFantasía e animación
Na rede
http://movies.disney.com/my-neighbor-totoro e https://www.ghibli.jp/works/totoro/
IMDB: tt0096283 Filmaffinity: 646631 Allocine: 14790 Rottentomatoes: m/my_neighbor_totoro Allmovie: v131782 TCM: 84374 Metacritic: movie/my-neighbor-totoro TV.com: movies/my-neighbor-totoro Netlix: 60032294Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Nos anos 50, unha familia xaponesa trasládase a vivir no campo. As dúas fillas, Satsuki e Mei, topan cun espírito do bosque: Totoro, co que fan amizade. O pai das nenas é un profesor universitario que aviva a imaxinación das súas fillas con fábulas e historias máxicas sobre trasnos, pantasmas e espíritos protectores dos fogares, mentres a nai se atopa enferma no hospital. Un día, Satsuki recibe un telegrama.

Personaxes editar

Personaxe Actor de dobraxe
Satsuki Kusakabe 草壁 サツキ Noriko Hidaka
Mei Kusakabe 草壁 メイ Chika Sakamoto
Tatsuo Kusakabe 草壁 タツオ (pai) Shigesato Itoi
Yasuko Kusakabe 草壁 靖子 (nai) Sumi Shimamoto
Totoro トトロ Hitoshi Takagi
Gatobus ネコバス Naoko Tatsuka
Avoa Tanie Kitabayashi
Kanta Okagi 大垣 勘太 Toshiyuki Amagasa

Notas editar

  1. numax.org (ed.). "O meu veciño Totoro en NUMAX". Consultado o 5 de maio de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar