Thomas Baptiste "Tom" Morello, nado en Harlem (Nova York) o 30 de maio de 1964, é un guitarrista estadounidense, coñecido polo seu traballo nas bandas Audioslave e Rage Against the Machine. Actúa tamén en solitario baixo o pseudónimo de The Nightwatchman e recentemente creou un novo proxecto chamado Street Sweeper Social Club. Tom é tamén o cofundador (xunto con Serj Tankian) da organización activista política sen ánimo de lucro Axis of Justice. Destaca polo seu uso de efectos de guitarra, os seus innovadores solos de guitarra, o seu uso do tapping, e os seus pesados riffs. Foi elixido pola Rolling Stone como o 26 mellor guitarrista de todos os tempos[1].

Infotaula de personaTom Morello

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Thomas Baptist Morello Editar o valor em Wikidata
30 de maio de 1964 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Harlem, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesThe Nightwatchman Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard (–1986)
Libertyville High School (en) Traducir (–1982) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónguitarrista , compositor , sindicalista , intérprete de banxo , actor , cantautor , músico , mandolinista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1979 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoMetal alternativo, funk metal, hard rock, heavy metal tradicional (pt) Traducir, rap metal, Nu metal, Hardcore punk, crossover, folk e electronic dance music (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoSony BMG
Epic Records
Interscope Records Editar o valor em Wikidata

Páxina webtommorello.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0603780 Allocine: 148073 Rottentomatoes: celebrity/tom_morello_3 Allmovie: p288013 TV.com: people/tom-morello
Facebook: TomMorello Twitter: tmorello Instagram: tommorello MySpace: bennymasonband Youtube: UCsObT2rCuM4f9ABCmHCEVBw TikTok: tommorello Souncloud: tom-morello Spotify: 74NBPbyyftqJ4SpDZ4c1Ed iTunes: 466357 Last fm: Tom+Morello Musicbrainz: 42a636a0-dbe4-4d0c-abe2-1590fad9531b Songkick: 2345060 Discogs: 6952 Allmusic: mn0000617336 Deezer: 415645 Genius: Tom-morello Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

A súa nai, Mary Morello, é fundadora de Parents For Rock And Rap, un grupo anticensura. Foi tamén mestra na Libertyville High School. O seu pai, Ngethe Njoroge, foi membro da guerrilla Mau Mau. O tío-avó de Morello, Jomo Kenyatta, foi o primeiro presidente electo de Kenya.

Morello medrou en Libertyville, Illinois. Alí ía á Libertyville High School, onde cantaba no coro e estaba no club de debate e de teatro.

Ao redor de 1980, Morello comezou a estudar guitarra en serio. Formou unha banda en 1980 chamada Electric Sheep, co futuro guitarrista de Tool Adam Jones tocando o baixo.

Nese tempo os gustos musicais de Morello dirixíanse cara ao heavy metal, sobre todo cara KISS, Alice Cooper, Led Zeppelin e Black Sabbath. Posteriormente a súa música foi influenciada por bandas de punk rock como The Clash, Sex Pistols e Devo.

Morello graduouse en secundaria en 1982 e comezou a asistir á Universidade Harvard. Alí graduaríase en 1986 en ciencias políticas. Despois da gaduación trasladaríase aos Ánxeles e comezou a buscar xente para formar unha banda.

Lock Up editar

En 1988 Morello uniuse a Lock Up, unha banda de glam rock que editou un álbum a través da Geffen Records antes de separarse. Esta gravación chamouse Something Bitchin' This Way Comes e non tivo demasiado éxito.

Rage Against the Machine editar

Morello visitou un club nos Ánxeles onde Zack de la Rocha estaba cantando. Despois de ver as letras de la Rocha, Tom preguntoulle se quería líderar unha banda. Morello conseguiu a Brad Wilk, un batería que fora ás audicións de Lock Up, e de la Rocha presentou aos dous ao seu amigo Tim Commerford. Os catro formaron unha nova banda, Rage Against the Machine.

A banda tivo un grande éxito, especialmente en Norteamérica e Europa. O seu primeiro álbum, Rage Against the Machine, destaca polas innovadoras guitarras de Morello así como pola súa orixinalidade, ao ser un dos primeiros discos en combinar rock e hip-hop.

Catro anos máis tarde, en 1996, e despois de rumores de ruptura, a banda editou o seu segundo traballo, Evil Empire. O disco escapa das tradicionais guitarras de metal do álbum anterior; é máis experimental e amosa a habilidade de Morello para usar a súa guitarra de formas estrañas.

En 1999 a banda edita The Battle of Los Angeles, o seu traballo máis exitoso comercialmente. A finais do ano 2000 editan un novo traballo, titulado Renegades. Pouco despois do seu lanzamento de la Rocha deixa a banda, e os tres membros restantes deciden que queren seguir facendo música xuntos.

O 29 de abril do 2007, a banda reuniuse para o Coachella Music Festival. Nun principio só pensaban tocar nesa ocasión, pero a banda posteriormente tocou en varios eventos máis. En xaneiro do 2008 Rage reuníse novamente para xirar co Big Day Out Music Festival en Australia e Nova Zelandia. Realizaron tamén tres concertos no Xapón no mes de febreiro, e entre os meses de maio e agosto realizarán 11 actuacións en Europa. Serán cabeza de cartel do Lollapalooza 2008 en Grant Park, Chicago xunto con Radiohead e Nine Inch Nails a principios do mes de agosto.

Audioslave editar

Despois de que de la Rocha deixase Rage Against the Machine, os membros restantes comezaron a tocar co antigo vocalista de Soundgarden Chris Cornell por recomendación do produtor Rick Rubin. O novo grupo chamouse inicialmente The Civilian Project, pero cambiaron o seu nome a Audioslave antes de editar o seu primeiro álbum.

A banda editou o seu promeiro álbum, Audioslave, o 22 de novembro do 2002, sendo un éxito comercial e de crítica.

Audioslave editou o seu segundo álbum, Out of Exile, o 24 de maio do 2005, estreándose no número 1 das listas da Billboard. Ese mesmo ano editaron un DVD documentando a súa viaxe a Cuba como primeira banda de rock que tocaba no país. O terceiro álbum, Revelations, lanzouse en outono do 2006. No mes de febreiro do 2007 a banda separábase como resultado da saída de Chris Cornell debido a conflitos persoais. Os restantes membros reuníronse con Zack de la Rocha para resucitar a Rage Against the Machine.

Street Sweeper Social Club editar

Despois da separación de Audioslave no 2007 Morello reuniuse con Boots Riley de The Coup, e despois de pasarlle unha cinta con varios temas que compuxera formaron o dúo Street Sweeper Social Club. Street Sweeper Social Club actuaron de abreconcertos para Nine Inch Nails e Jane's Addiction en maio do ano 2009.

Outros proxectos e colaboracións editar

Morello forma parte do grupo Prophets of Rage, un supergrupo estadounidense formado en 2016.[2] O grupo componse do baixista e vocalista Tim Commerford, o guitarrista Tom Morello e o batería Brad Wilk da banda Rage Against the Machine, cos integrantes de Public Enemy, Chuck D e DJ Lord e de Cypress Hill B-Real.

  • Morello colaborou coa banda británica Bring Me the Horizon na canción "Let's Get the Party Started".
  • O 15 de outubro de 2021 lanzoiu o seu disco colaborativo The Atlas Underground Fire, que inclúe cancións propias do guitarrista e versións con convidados de luxo.[3]

Notas editar