Tomé Paleológo (en grego: Θωμάς Παλαιολόγος), nado en 1409 e finado o 12 de maio de 1465, foi déspota de Morea desde 1428 até a conquista otomá en 1460. Trala deserción aos turcos do seu irmán máis vello en 1460, Tomé Paleólogo converteuse no pretendente lexítimo ao trono bizantino.

Tomé Paleólogo
Retrato de Tomé Paleólogo.
Déspota de Morea
14281460
PredecesorConstantino XI

Nacemento1409
Falecemento12 de maio de 1465
ConsorteCaterina Zaccaria de Acaya
DescendenciaHelena Paleóloga, André Paleólogo, Manuel Paleólogo, Zoe Paleóloga (Sofía)
ProxenitoresManuel II Paleólogo
Helena Dragaš

Escudo de Tomé Paleólogo

Déspota de Morea editar

Tomé Paleólogo foi o fillo máis novo que sobreviviu do emperador bizantino[1][2][3] Manuel II Paleólogo[4] e a súa muller Helena Dragaš. O seu avó materno foi Constantino Dragaš. Entre os seus irmáns pódense contar aos emperadores Xoán VIII Paleólogo[5] e Constantino XI Paleólogo, así como Teodoro II Paleólogo e Demetrio Paleólogo, Déspota de Tesalónica. Nunca se esperou que Tomé fóra a reinar, dada a súa condición de fillo máis novo, pero os seus fillos convertéronse nos únicos herdeiros sobreviventes da defunta dinastía Paleólogo.

Do mesmo xeito que outros fillos da realeza, Tomé Paleólogo foi nomeado Déspota (despotēs), e en 1428 uniuse aos seus irmáns Teodoro e Constantino como gobernador de Morea. Tras a renuncia do seu irmán Teodoro en 1443, gobernou xunto ao seu irmán Constantino, quen máis tarde se convertería no Emperador Constantino XI. Tomé permaneceu como gobernador de Morea, pero viuse obrigado a compartir o poder desde 1449 co seu irmán máis vello Demetrio. As posesións bizantinas en Morea agrandáronse considerablemente a costa do Principado Latino de Acaia. Despois da última guerra en 1430 toda a península do Peloponeso permanecía virtualmente en mans bizantinas. Tomé casou con Caterina Zaccaria, a filla do último príncipe de Acaia, herdando en 1432 as posesións do seu sogro.

 
Mapa do Despotado de Morea, 1459.

Despois deste período de éxito, a fortuna da Morea bizantina empezou a decaer, debido ao goberno dos irmáns, cada vez máis enfrontados. A situación chegou ao seu punto crítico coa chegada do ambicioso Demetrio, que adoptou unha postura pro-otomá, contraria á orientación pro-occidental de Tomé. Desde 1447 os déspotas pasaran a ser tributarios do sultán otomán. Ao comezo do asedio de Constantinopla polo sultán otomán Mehmed II, enviouse un exército turco co obxectivo de bloquear Morea.

Tras a conquista de Constantinopla por Mehmed II o 29 de maio de 1453, co obxectivo de manter o statu quo, o sultán ordenou que os dous irmáns seguisen gobernando en Morea. Esta orde fora aceptada os dous primeiros anos debido á revolta da familia Cantacuzenos en 1453 durante a caída de Constantinopla, realizada por Manuel, o neto de Demetrio I Cantacuzeno. Até o ano seguinte non puideron as tropas dos irmáns Paleólogo acabar coas tropas rebeldes.En tales circunstancias, e ante a imposibilidade de Constantino XI de manter a paz na familia, Tomé buscou apoio occidental contra os otománs e o seu competitivo irmán Demetrio, afín aos otománs. Aliouse con Xénova e o Papa e derrotou a Demetrio, que fuxiu en busca de axuda aos otománs en 1460. O exército otomán, como era de esperar, atacou Morea e rapidamente atravesou a parede de Hexamilion a través do istmo de Corinto, que foi moito tempo gornecido e defendido de maneira efectiva polas tropas de Tomé. Este escapou coa súa familia a Italia, onde fora xa recoñecido en Roma como o lexítimo herdeiro ao Imperio Bizantino.

Os comandantes das guarnicións das cidades fortificadas de Morea, abandonados polos seus gobernantes, decidiron de maneira individual se loitar ou renderse, dependendo da súa propia vontade ou das circunstancias. Na batalla final do Imperio Romano na súa parte bizantina, Graitzas Paleólogo, o comandante da cidade de Salmenikos, derrotou a Mehmed II, que tras un mes de asedio volveu a casa sen chegar a conquistar esa “cidade sen importancia”. Ao ano seguinte Graitzas recibiu unha oferta da República de Venecia, pedíndolle que se lles unise como xeral, oferta que este aceptou, deixando así Salmenikos aos otománs.

Tomé e os herdeiros imperiais editar

Trala caída de Morea, Tomé instalouse en Roma, sendo recoñecido como o lexítimo emperador do Leste por toda a Cristiandade. Coa intención de gañar apoio para a súa causa Tomé converteuse ao catolicismo nos últimos anos da súa vida. Logo da súa morte en 1465 a lexitimidade imperial pasou ao seu fillo máis vello André Paleólogo, nacido en Mistra ao redor do ano 1455.

Mehmed II conquistou o imperio de Trebisonda, de facto o último territorio libre do antigo estado romano, en 1461. Non obstante, Mehmed xa se proclamou a si mesmo “Emperador romano” tras conquistar Constantinopla en 1453.

Nunha manobra política habilmente tecida, o Papa Paulo II acordou a unión en matrimonio entre a filla católica de Tomé, Zoe Paleóloga (renomeada Sofía), e o Gran Príncipe Iván III de Rusia, coa esperanza de converter Rusia nun estado católico. Este intento de unir igrexas fracasou. Non obstante, debido a este matrimonio, Moscova comezou a utilizar a política imperial de “a terceira Roma” no século seguinte. Ademais, o bisneto de Tomé foi Iván IV de Rusia, o primeiro tsar de Rusia en ser coroado de tal forma (o título imperial xa fora usado durante os reinados de Iván III e do seu fillo Basilio III de Rusia). O último descendente coñecido de Zoe/Sofía foi María de Staritsa, esposa do rei Magnus de Livonia. Morreu en 1610.

Matrimonio editar

No seu matrimonio con Caterina Zaccaria de Acaia, Tomé Paleólogo tivo polo menos catro fillos:

  1. Helena Paleóloga, que casou co Príncipe Lazar II de Serbia.
  2. André Paleólogo, que sucedeu ao seu pai como aspirante ao trono de Bizancio.
  3. Manuel Paleólogo.
  4. Zoe Paleóloga (renomeada Sofía), que casou co Gran Príncipe Iván III de Rusia.

Notas editar

  1. The Oxford handbook of Byzantine studies, Elizabeth Jeffreys, John F. Haldon, Robin Cormack, Oxford University Press, 2008, p.292
  2. History of the Byzantine Jews: a microcosmos in the thousand year empire, Elli Kohen, University press of America, 2007, p.156
  3. Empire of magic: medieval romance and the politics of cultural fantasy, Geraldine Heng, Columbia University Press, 2003, p.152
  4. [1]
  5. [2]

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • George Sphrantzes, The Fall of the Byzantine Empire, trans. Marios Philippides, Amherst MA: University of Massachusetts Press, 1980. ISBN 0 87023 290 8
  • Jonathan Harris, Greek Émigrés in the West, 1400-1520, Camberley: Porphyrogenitus, 1995. ISBN 1 871328 11 X
  • Jonathan Harris 'A worthless prince? Andreas Palaeologus in Rome, 1465-1502', Orientalia Christiana Periodica 61 (1995), 537-54
  • Donald M. Nicol, The Immortal Emperor, Cambridge University Press, 1992. ISBN 0 521 41456 3.
  • Oxford Dictionary of Byzantium, Oxford University Press, 1991.
  • Steven Runciman, The Fall of Constantinople 1453, Cambridge University Press, 1965. ISBN 0 521 09573 5

Outros artigos editar

Predecesor:
Constantino XI
Déspota de Morea
1428 - 1460
con Demetrio Paleólogo
Sucesor:
Oficialmente abolido
Mandados ao exilio
Predecesor:
Constantino XI
Emperador titular do Imperio Bizantino
14531465
Sucesor:
André Paleólogo