Tomás de Lemos

frade dominico e teólogo galego

Tomás de Lemos, nado en Ribadavia o 24 de decembro de 1559[1][2][3][4][5] e finado en Roma o 23 de agosto de 1629, foi un importante frade dominico e teólogo galego.

Infotaula de personaTomás de Lemos

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de decembro de 1559 Editar o valor em Wikidata
Ribadavia Editar o valor em Wikidata
Morte23 de agosto de 1629 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Roma Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónteólogo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua latina Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde dos Predicadores Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 341460

Traxectoria editar

De neno comezou a estudar no convento de San Domingos de Ribadavia, e entrou na orde dominicana. En 1590 acabou os estudos de teoloxía e foi nomeado supervisor de estudos do convento de San Paulo, en Valladolid, tamén pertencente á mesma orde. En 1594 consegue a cátedra de teoloxía na Universidade de Valladolid.

Nesa época prodúcese fortes debates e controversias teolóxicas que opoñen a xesuítas e a dominicos, e que se centraban no papel xogado pola graza divina. En 1588 o xesuíta Luis de Molina publicara en Lisboa a súa obra máis importante, a Concordia liberi arbitrii cum gratiae donis, onde defendía o libre albidro e combatía o determinismo. Os dominicos, de pensamento máis conservador, defendían o criterio de autoridade de Agostiño de Hipona e de Tomé de Aquino, e a importancia da graza divina. A controversia afectou diversas universidades da Coroa de Castela, Aragón e Portugal. En 1594 o papa Clemente VIII tenta impoñer o silencio no debate, pero este prosegue, e o pontífice convoca en 1600 distintos frades e teólogos a debateren.

Tomás de Lemos, que xa participara nalgunhas das controversias iniciais en representación da súa provincia dominica, é enviado polo xeneral da súa orde a Roma, para que axude o frade Diego Álvarez a defender postura dos dominicos fronte ao dos xesuítas. Os debates en Roma, denominados Congregatio de auxiliis prolónganse ata 1606, xa no papado de Paulo V sen que se chegue a unha conclusión clara.[6]

 
Placa na casa natal.

Coa disolución da Congregación, o papa e o rei Filipe II lle ofrecen un bispado, pero el decide quedar no convento romano de Santa Maria sopra Minerva, dedicado aos labores literarios. Entre o 16 de febreiro e o 23 de febreiro de 1616 intervén por orde do papa no xuízo contra Galileo Galilei.[7]

En 1626 quedou completamente cego e faleceu tres anos despois.

Obra editar

A pesar de consagrar a maior parte da súa vida á escritura, durante a súa vida non publicou nada. A súa obra máis importante, a Panoplia gratia seu de rationalis creaturae foi publicada en Liexa en 1676, case cincuenta anos despois do seu falecemento. Tamén están recollidos os seus discursos nas actas da Congregatio de auxiliis, que foron publicadas en Louvain en 1702.

Galería de imaxes editar

 
Apuntes históricos sobre la vida, trabajos y escritos del insigne teólogo Fr. Tomás de Lemos, de la Orden de Predicadores, 1906.

Notas editar

  1. Meruéndano Arias 1906, p. 15.
  2. Couceiro Freijomil 1952, p. 279.
  3. "Lemos, Tomé de". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9. 24/12/1559 Nacemento, Lugar: Ribadavia 
  4. "Lemos, Tomé de". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 225. 
  5. "Lemos, Tomás de". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8. Relixioso dominicano nado en Ribadavia (Ourense) o 24 de decembro de 1559 
  6. "Lemos, Tomás de" Enciclopedia Treccani. Istituto della Enciclopedia Italiana fondata da Giovanni Treccani (en italiano)
  7. Romar, Raul (3/2/2009). "Tomás de Lemos, el inquisidor gallego que acusó a Galileo" Arquivado 05/02/2009, en Wayback Machine. La Voz de Galicia (en castelán).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar