Tomás Regalado

político salvadoreño


Tomás Regalado, nado en Santa Ana o 7 de novembro de 1861 e finado en El Entrecijo (Guatemala) o 11 de xuño de 1906, foi un militar e político, presidente do Salvador entre 1898 e 1903.

Infotaula de personaTomás Regalado
Nome orixinal(es) Tomás Regalado Romero Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de novembro de 1861 Editar o valor em Wikidata
Santa Ana
Morte11 de xullo de 1906 Editar o valor em Wikidata (44 anos)
El Entrecijo
Cargos
Presidente do Salvador
Período14 de novembro de 1898 - 1 de marzo de 1903
AntecesorRafael Antonio Gutiérrez
SucesorPedro José Escalón
Datos persoais
País de nacionalidadeO Salvador Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar e político
Partido políticosen valor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeConcepción González[1]
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Regalado foi un dos conspiradores que en 29 de abril de 1894 participou na derrubada do goberno de Carlos Basilio Ezeta, dentro do movemento chamado de "Os 44". En 14 de novembro de 1898, o xeneral Regalado derrubou o presidente Rafael Antonio Gutiérrez, o cal o consideraba seu mellor amigo, e asumiu a presidencia da República. En 1899 foi elixido presidente constitucional para un período de catro anos. Gutiérrez xamais o perdoou.

Ao iniciar seu goberno decretou amnistía para todos os emigrados políticos. Durante súa presidencia estabeleceuse a Escola Politécnica Militar, iniciouse a construción do Teatro Nacional de Santa Ana, impulsouse a construción de ferrocarrís e creouse a Policía Rural Montada, antecedente da Garda Nacional.

Terminado seu mandato, o xeneral Regalado foi nomeado Ministro da Guerra polo seu sucesor Pedro José Escalón. En 1906 ao iniciar a guerra entre O Salvador e Guatemala, foi nomeado comandante das tropas salvadoreñas que invadiran o territorio guatemalteco. Durante un combate no lugar chamado "El Entrecijo"[2], Regalado foi ferido gravemente e morreu a 11 de xuño de 1906.

Notas editar

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2009. Consultado o 02 de abril de 2009. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2006. Consultado o 02 de abril de 2009. 
Presidente do Salvador

Segue a:
Rafael Antonio Gutiérrez
Tomás Regalado
Precede a:
Pedro José Escalón
militar

 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.