Todo é silencio (filme)

filme de 2012 dirixido por José Luis Cuerda

Todo é silencio (en castelán: Todo es silencio) é un filme español dirixido por José Luis Cuerda en 2012, baseado na novela Todo é silencio de Manuel Rivas (2010). O propio escritor fixo o guión do filme.

Todo é silencio
Ficha técnica
Título orixinalTodo es silencio
DirectorJosé Luis Cuerda
ProdutorGerardo Herrero
GuiónManuel Rivas, baseado na súa novela homónima
IntérpretesQuim Gutiérrez
Miguel Ángel Silvestre
Celia Freijeiro
Juan Diego
MúsicaSergio Moure de Oteyza
FotografíaHans Burmann
MontaxeNacho Ruíz Capillas
Estrea2012
Duración113 minutos
OrixeEspaña España
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt2006894 Filmaffinity: 675925 Allocine: 190457 Rottentomatoes: m/all_is_silence TCM: 868984 Editar o valor em Wikidata

Estreouse en galego o 15 de setembro de 2017 a través da tvG2.[1] A directora de dobraxe foi Charo Pena.

Sinopse editar

A trama desenvólvese nunha vila costeira galega en 1969. Fins, Brinco e Leda son tres rapaces da vila de Noitía. Mariscal é un contrabandista que comezou a traficar con produtos chegados á costa desde barcos afundidos. Pasouse ao tabaco rubio de batea, e tras contactar cos clans colombianos, ao narcotráfico. A vida na vila aparece marcada pola economía somerxida, e Mariscal foi tecendo unha rede de control social, económico e institucional.

Fins, que sofre epilepsia, quedou orfo ao morrer seu pai pescando con dinamita, e marchou estudar a Cádiz, facéndose policía. Brinco e Leda casan e teñen un fillo, e únense ao clan de Mariscal. En 1989, logo de anos sen dar noticias, Fins regresa á vila, e Brinco, que pilota unha planadora, ofrécelle cartos a cambio da súa colaboración.

Descóbrense axentes corruptos e varios narcos traidores. Un amigo de Brinco, home do clan de Mariscal que está enganchado á heroína, suicídase logo de non ser quen de pagar unha débeda aos colombianos encargados da subministración da droga.

Leda ten celos porque Brinco vai con outra muller, e cita a Fins na vella escola. Alí aparece Brinco, e iníciase un tiroteo, no que este resulta morto a mans de Fins.

Personaxes editar

Rodaxe editar

As paisaxes das Rías Altas galegas son os principais escenarios do filme. Os exteriores rodáronse en Muros, e pódense apreciar espazos como o faro do monte Louro ou a costa da parroquia de Tal.[2] Os interiores rodáronse nos estudios Ciudad de la Luz.[3]

En outubro de 2011 algunhas escenas foron rodadas na abandonada casa Bailly do Graxal, Cambre.[4]

Galardóns e nomeamentos editar

Foi nomeado na categoría de mellor guión adaptado na XXVII edición dos Premios Goya.[5]

Premios Mestre Mateo editar

Ano Categoría Receptor Resultado
2012 Mellor actriz Celia Freijeiro Nomeada
Mellor actor secundario Luis Zahera Gañador
Mellor guión Manuel Rivas Nomeado
Mellor música orixinal Sergio Moure Nomeado
Mellor maquillaxe e peiteado Almudena Fonseca Nomeada

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar